Fontes e licenzas
Todas as capas proceden de fontes abertas cunha licenza comprobada. Cada capa nomea o operador orixinal, a licenza e a atribución que pide.
Publicamos dúas coleccións. A base de datos derivada vai baixo ODbL 1.0. As capas da Xunta con dúas declaracións de licenza contraditorias van á parte, baixo CC BY-SA 4.0, a máis restritiva das dúas, ata que a Xunta confirme outra cousa.
Informe completo de verificación das fontes · docs/licences.md
Aeroportos, aeródromos e heliportos
Mobilidade Base ODbL
- Operador
- OurAirports (comunidade); pasaxeiros de Eurostat
- Fonte orixinal
- https://davidmegginson.github.io/ourairports-data/airports.csv
- Licenza
- https://ourairports.com/data/
«All data is released to the Public Domain»
Localizacións e características: OurAirports, dominio público. Pasaxeiros mensuais: Eurostat, conxunto avia_paoa, reutilización autorizada recoñecendo a fonte (https://ec.europa.eu/eurostat/help/copyright-notice, «authorised provided the source is acknowledged»). Datos de OurAirports editados pola comunidade, sen garantía de exactitude.
Licenza verificada o 2026-10-24 - Atribución
- OurAirports (dominio público); pasaxeiros: Eurostat (avia_paoa)
- Frecuencia declarada
- P1D
- Privacidade e notas
- Sen datos persoais: instalacións aeronáuticas (inclúe heliportos de hospitais e bases contra incendios, que son instalacións públicas) e totais mensuais de pasaxeiros por aeroporto. Exclúense os rexistros marcados como pechados.
Calidade do aire das últimas 24 horas, hora a hora
Tempo e aire Colección CC BY-SA 4.0
- Operador
- Rede de Calidade do Aire de Galicia (MeteoGalicia, Consellería de Medio Ambiente)
- Fonte orixinal
- https://servizos.meteogalicia.gal/mgrss/caire/jsonEvolucionIcaEstacion.action
- Licenza
- https://abertos.xunta.gal/condicions-de-uso
«utilizada libremente… co único compromiso de mencionar expresamente a MeteoGalicia»
Mesma fonte e licenzas ca calidade-aire (abertos.xunta.gal conxunto 0055, CC BY-SA 4.0, e aviso legal de MeteoGalicia): colección CC BY-SA 4.0 (ADR 0005). Servizo documentado na IT/052 de MeteoGalicia (jsonEvolucionIcaEstacion): índice de calidade do aire (ICA) e valor de cada contaminante nas últimas ~34 horas por estación (comprobado o 1/11/2026, 46 estacións con índice). Unha petición por estación, con pausa. Datos en tempo real sen validar (marca T).
Licenza verificada o 2026-10-18 - Atribución
- Fonte: Rede de Calidade do Aire de Galicia (MeteoGalicia, Xunta de Galicia). Datos en tempo real sen validar.
- Frecuencia declarada
- PT1H
- Privacidade e notas
- Medidas de estacións de calidade do aire; ningún dato persoal.
Aldeas baleiras (entidades sen habitantes desde 2000)
Territorio Colección CC BY-SA 4.0
- Operador
- Instituto Nacional de Estadística (INE)
- Fonte orixinal
- https://www.ine.es/nomen_files/nacional/es/Nacional_2025.zip
- Licenza
- CC-BY-SA-4.0
«La licencia de uso general a aplicar a la información estadística de este sitio web, salvo que se indique lo contrario, es la Creative Commons Reconocimiento 4.0 (CC BY 4.0)»
Poboación de cada entidade singular no Nomenclátor do INE (Padrón continuo por unidade poboacional a 1 de xaneiro; desde 2024, a partir do Censo anual), CC BY 4.0, un ZIP nacional por ano desde 2000 con texto de ancho fixo. Posicións das entidades: puntos do IET (entidades-poboacion, CC BY-SA 4.0) polo mesmo código de 11 cifras ou, se non o hai, polo mesmo nome no mesmo concello; por iso a capa vai na colección CC BY-SA 4.0. Cálculo propio da Fundación Galicia Sustentable: os anos en que cada entidade estivo a 0, o ano en que quedou baleira por última vez, se volveu ter xente e a continuidade das entidades de Oza-Cesuras e Cerdedo-Cotobade (polo nome nos concellos de antes da fusión). Só as entidades do último Nomenclátor: as que desapareceron del non contan nas series. Cita esixida: «Elaboración propia con datos extraídos del sitio web del INE: www.ine.es».
Licenza verificada o 2026-11-03 - Atribución
- Elaboración propia con datos extraídos del sitio web del INE: www.ine.es (Nomenclátor: población del Padrón Continuo por unidad poblacional, 2000–2025). Posicións: © Instituto de Estudos do Territorio. Xunta de Galicia (PBA). Cálculos: Fundación Galicia Sustentable.
- Frecuencia declarada
- P365D
- Privacidade e notas
- Poboación agregada por entidade de poboación, como a publica o INE; ningún dato persoal. Unha entidade con 1 ou 2 habitantes identifica de feito unha casa: a páxina non mostra cifras por debaixo de 5 nin nomes de persoas, só se a entidade ten xente ou non.
Aloxamentos turísticos rexistrados
Territorio Colección CC BY-SA 4.0
- Operador
- Turismo de Galicia (Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas, REAT)
- Fonte orixinal
- https://descargascdn.xunta.gal/interno/smarxa/reat_directorio-alojamientos_esp.csv
- Licenza
- CC-BY-SA-4.0
«<dct:license rdf:resource="https://creativecommons.org/licenses/by-sa/4.0/deed.gl">»
Licenza declarada no RDF do conxunto 0022 de abertos.xunta.gal (Rexistro de empresas e actividades turísticas, dct:license CC BY-SA 4.0). Compatibilidade con ODbL en dúbida: colección CC BY-SA 4.0 (ADR 0005). O CSV descárgase da ligazón directa (<a href>) da páxina do Área de Estudos e Investigación de Turismo de Galicia; a ruta é fixa e non cambia co mes (comprobado o 24/10/2026), por iso vai escrita no código.
Licenza verificada o 2026-10-24 - Atribución
- Fonte: Turismo de Galicia, Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas (REAT), directorio de aloxamentos. CC BY-SA 4.0.
- Frecuencia declarada
- P30D
- Privacidade e notas
- Só establecementos inscritos como empresa turística (hoteis, pensións, apartamentos, turismo rural, albergues, cámpings e vivendas turísticas). As vivendas de uso turístico (VUT) son domicilios particulares e non se publican nunca como puntos: a capa vut-concello só dá o seu número por concello. Retíranse teléfono, correo electrónico e enderezo. O nome é a denominación comercial inscrita no rexistro público.
Atención en Wikipedia por concello, día a día
Territorio Base ODbL
- Operador
- Wikimedia Foundation (Wikimedia Analytics API)
- Fonte orixinal
- https://wikimedia.org/api/rest_v1/metrics/pageviews/per-article
- Licenza
- CC0-1.0
«Data provided by the API is available under the CC0 1.0 license»
Vistas diarias do artigo de cada concello na Wikipedia en galego e en castelán, axente `user` (Wikimedia retira os bots coñecidos e o tráfico automatizado que detecta), todos os accesos (web e app). Correspondencia concello ↔ artigo lida unha vez de Wikidata (P772, código INE) e gardada en artigos.json; só o título canónico, sen sumar redireccións. A política de acceso pide User-Agent identificable e esperar cada resposta antes da seguinte: unha petición tras outra (~630 ao día). Poboación: INE, censo de 2021 (poboacion-seculo, CC BY 4.0). O índice de picos e as vistas por 1.000 habitantes son cálculo propio. Non di onde está quen le nin quen é: é cantas veces se abriu a páxina.
Licenza verificada o 2026-11-01 - Atribución
- Fonte: Wikimedia Foundation, vistas de páxina (Wikimedia Analytics API, CC0), artigos da Wikipedia en galego e en castelán; correspondencia por Wikidata (CC0). Poboación: INE, censo de 2021. Índice de picos: cálculo propio da Fundación Galicia Sustentable.
- Frecuencia declarada
- P1D
- Privacidade e notas
- Contas diarias agregadas por Wikimedia para cada artigo; ningún dato de lectores (nin lugar, nin dispositivo, nin conta).
Avisos meteorolóxicos da AEMET
Tempo e aire Base ODbL
- Operador
- Agencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET)
- Fonte orixinal
- https://www.aemet.es/documentos_d/eltiempo/prediccion/avisos/rss/CAP_AFAC71_ATOM.xml
- Licenza
- https://www.aemet.es/es/nota_legal
«Autorizado el uso de la información y su reproducción citando a AEMET»
Nota legal da AEMET: reutilización citando a AEMET e a data de actualización; prohibido desnaturalizar a información. Os textos dos avisos publícanse tal como os dá a AEMET.
Licenza verificada o 2026-10-24 - Atribución
- © AEMET. Información elaborada pola Axencia Estatal de Meteoroloxía
- Frecuencia declarada
- PT10M
- Privacidade e notas
- Sen datos persoais: avisos oficiais por zona Meteoalerta (polígonos do propio CAP). Só avisos amarelos, laranxas e vermellos en vigor ou futuros; quítanse os verdes, os cancelados e os caducados. Ata 40 avisos CAP por execución. / Sin datos personales: avisos oficiales por zona Meteoalerta; solo amarillos, naranjas y rojos vigentes o futuros.
Avisos de MeteoGalicia por concello
Tempo e aire Colección CC BY-SA 4.0
- Operador
- MeteoGalicia (Consellería de Medio Ambiente, Xunta de Galicia)
- Fonte orixinal
- https://servizos.meteogalicia.gal/mgrss/predicion/adversos/jsonConcellosNivelMax.action
- Licenza
- CC-BY-SA-4.0
«utilizada libremente… co único compromiso de mencionar expresamente a MeteoGalicia»
Dobre licenza: aviso legal de MeteoGalicia (atribución) e posible CC BY-SA en abertos.xunta.gal. Aplícase a máis restritiva (ADR 0005) ata confirmación por escrito.
Licenza verificada o 2026-10-24 - Atribución
- Datos: MeteoGalicia (Xunta de Galicia)
- Frecuencia declarada
- PT10M
- Privacidade e notas
- Sen datos persoais: nivel máximo de aviso de hoxe en cada un dos 313 concellos. O código de concello de MeteoGalicia é o código INE de 5 cifras (comprobado cos 313 do IGE). O detalle (fenómenos e horas) pídese só cando algún concello ten aviso; ata dúas peticións por execución. Non inclúe os avisos costeiros da AEMET. / Sin datos personales: nivel máximo de aviso de hoy por concello; no incluye los avisos costeros de AEMET.
Bibliotecas
Servizos Colección CC BY-SA 4.0
- Operador
- Xunta de Galicia — Consellería de Cultura (Rede de Bibliotecas de Galicia)
- Fonte orixinal
- https://abertos.xunta.gal/catalogo/cultura-ocio-deporte/-/dataset/0230/rede-bibliotecas-galicia
- Licenza
- CC-BY-SA-4.0
«Creative Commons BY SA 4.0»
Licenza indicada na ficha do conxunto 0230 en abertos.xunta.gal (CC BY-SA 4.0). Compatibilidade coa ODbL en dúbida: colección CC BY-SA (ADR 0005). Descarga https://directorio-rbgalicia.xunta.gal/download?file=/csv/DirectorioBibliotecasPublicasGalicia.csv (486 bibliotecas, UTF-8, xerado en cada petición, sen Last-Modified: hora de publicación non indicada). 303 públicas, 182 especializadas e a Biblioteca de Galicia; 91 de acceso restrinxido. Quedan fóra 15 sen as dúas coordenadas (bibliotecas móbiles e filas só coa latitude). Sen horarios.
Licenza verificada o 2026-11-01 - Atribución
- Xunta de Galicia. Consellería de Cultura, directorio da Rede de Bibliotecas de Galicia (abertos.xunta.gal, conxunto 0230)
- Frecuencia declarada
- P1D
- Privacidade e notas
- Non se publican o teléfono nin o correo. As titulares son todas institucións (concellos, universidades, colexios profesionais, fundacións, dioceses).
Bicicleta pública de Arteixo (biciArteixo)
Mobilidade Base ODbL
- Operador
- Concello de Arteixo (servizo operado por nextbike)
- Fonte orixinal
- https://gbfs.nextbike.net/maps/gbfs/v2/nextbike_aa/gbfs.json
- Licenza
- CC0-1.0
«license_id CC0-1.0»
Licenza declarada no propio feed GBFS (system_information.license_id).
Licenza verificada o 2026-10-24 - Atribución
- Datos: biciArteixo / nextbike (CC0)
- Frecuencia declarada
- PT1M
- Privacidade e notas
- Só agregados por estación (bicis dispoñibles e ancoraxes libres). Non se le free_bike_status nin se publica ningún identificador de bici, para non permitir seguir percorridos.
Paradas de autobús da Xunta
Mobilidade Colección CC BY-SA 4.0
- Operador
- Xunta de Galicia (publicado no Punto de Acceso Nacional do MITRAMS)
- Fonte orixinal
- https://nap.transportes.gob.es/api/Fichero/download/1584
- Licenza
- https://nap.transportes.gob.es/licencia-datos
«para fines comerciales y no comerciales»
Licenza de datos abertos do MITRAMS. Os datos derivados poden publicarse con outra licenza, pero os datos brutos deben manter a mesma; a web debe amosar «Powered by MITRAMS» e manter a información actualizada. Por iso vai na colección CC BY-SA 4.0, fóra da base ODbL, ata aclaralo.
Licenza verificada o 2026-10-18 - Atribución
- Fonte: Xunta de Galicia, vía Punto de Acceso Nacional (MITRAMS). Powered by MITRAMS
- Frecuencia declarada
- P1D
- Privacidade e notas
- Sen datos persoais: paradas da rede pública de autobuses. Só se publican as paradas con polo menos unha viaxe no GTFS; unha liña é un nome longo de ruta, sen distinguir sentido nin concesión. Recórtase ao bbox de Galicia con 0,1° de marxe. Os percorridos das liñas (shapes.txt) quedan para máis adiante.
Calidade do aire
Tempo e aire Colección CC BY-SA 4.0
- Operador
- MeteoGalicia / Consellería de Medio Ambiente (Xunta de Galicia)
- Fonte orixinal
- https://servizos.meteogalicia.gal/mgrss/caire/jsonICAActual.action
- Licenza
- CC-BY-SA-4.0
Dobre licenza: abertos.xunta.gal, conxunto 0055 (CC BY-SA 4.0), e aviso legal de MeteoGalicia (atribución, https://www.meteogalicia.gal/web/aviso-legal). Aplícase a máis restritiva (ADR 0005) ata confirmación por escrito.
Licenza verificada o 2026-10-18 - Atribución
- Datos: Rede de Calidade do Aire de Galicia, MeteoGalicia (Xunta de Galicia). Datos provisionais, non validados.
- Frecuencia declarada
- PT1H · PT1H
- Privacidade e notas
- Sen datos persoais: índice de calidade do aire (ICA) por estación de medida. Datos provisionais en tempo real, sen validar polo operador (flag «T»); poden cambiar despois. Estacións sen dato publícanse con ica nulo e categoría «Sen datos».
Caudais e niveis dos ríos
Auga e mar Colección CC BY-SA 4.0
- Operador
- Augas de Galicia e MeteoGalicia (Xunta de Galicia)
- Fonte orixinal
- https://servizos.meteogalicia.gal/mgafos/json/estadoActual.action
- Licenza
- https://www.meteogalicia.gal/web/aviso-legal
«utilizada libremente… co único compromiso de mencionar expresamente a MeteoGalicia»
Licenza específica non verificada para o servizo de aforos (mgafos). Presumiblemente aplícase o aviso legal de MeteoGalicia (atribución); como no resto de MeteoGalicia, pode haber unha segunda declaración CC BY-SA 4.0 en abertos.xunta.gal. Aplícase a máis restritiva (ADR 0005) ata confirmación por escrito. A documentación do servizo (JSON_Aforos_Estado_Actual) di que os servizos JSON de aforos son públicos e gratuítos.
Licenza verificada o 2026-10-18 - Atribución
- Datos: Augas de Galicia e MeteoGalicia (Xunta de Galicia). Datos non validados.
- Frecuencia declarada
- PT10M
- Privacidade e notas
- Sen datos persoais: lecturas de estacións de aforo públicas. Datos en tempo real non validados. Descártase o valor -9999 (sen dato), as estacións sen caudal nin nivel e as estacións cunha lectura máis de 3 h anterior á máis recente da resposta.
Centros educativos
Servizos Colección CC BY-SA 4.0
- Operador
- Xunta de Galicia — Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP
- Fonte orixinal
- https://abertos.xunta.gal/catalogo/ensino-formacion/-/dataset/0257/centros-educativos-galicia
- Licenza
- CC-BY-SA-4.0
«Creative Commons BY SA 4.0»
Licenza indicada na ficha do conxunto 0257 en abertos.xunta.gal (CC BY-SA 4.0, ligazón a creativecommons.org/licenses/by-sa/4.0). Compatibilidade coa ODbL en dúbida: colección CC BY-SA (ADR 0005). Catro CSV, un por provincia (001, 003, 005, 007); cada URL redirixe (302) a unha exportación do buscador de edu.xunta.gal. A exportación non trae Last-Modified nin data propia: hora de publicación baleira. Frecuencia declarada «diario» na ficha; frecuencia medida: non verificado. Orde das coordenadas inconsistente: o adaptador proba (lat, lon) e (lon, lat) contra a caixa de Galicia e descarta as filas que non caen en Galicia (11 de 1.624 o 24/10/2026: 0/0 e -13,49/0). A etapa derívase só do tipo de centro cando o tipo a fixa (EEI infantil; CEIP e CRA infantil_primaria; CEP primaria; CPI primaria_secundaria; IES secundaria; CIFP formacion_profesional; CEE e CEEPR educacion_especial; EPAPU adultos; música, danza, artes, arte dramática, idiomas e deportes outros). CPR, CPREX, «Cen. Pub.», EFAG, EFOG, CFEA, ESCO, IGAFA e INSTITUTO quedan sen etapa (null): poden impartir varias ou non se comprobou. A fonte non dá niveis educativos por centro.
Licenza verificada o 2026-10-24 - Atribución
- Xunta de Galicia. Consellería de Educación, centros educativos de Galicia (abertos.xunta.gal, conxunto 0257)
- Frecuencia declarada
- P1D
- Privacidade e notas
- Sen datos persoais: centros educativos (públicos e privados) e os seus enderezos. Retírase o teléfono do centro (non se precisa no mapa) e os campos Provincia e DEPENDENTE.
Escolas infantís e centros de infancia
Servizos Colección CC BY-SA 4.0
- Operador
- Xunta de Galicia — Consellería de Política Social (RUEPSS)
- Fonte orixinal
- https://abertos.xunta.gal/catalogo/saude-servicios-sociais/-/dataset/0298/centros-para-infancia
- Licenza
- CC-BY-SA-4.0
«Creative Commons BY SA 4.0»
Licenza indicada na ficha do conxunto 0298 en abertos.xunta.gal (CC BY-SA 4.0). Compatibilidade coa ODbL en dúbida: colección CC BY-SA (ADR 0005). Ficheiro único https://ficheiros-web.xunta.gal/abertos/servizos_sociais/centros_infancia.kml (575 centros: 507 escolas infantís, 59 PAI, 8 ludotecas e 1 espazo infantil; ~1,7 MB) con Last-Modified e ETag; a hora de publicación é o Last-Modified (05/10/2026 na descarga do 01/11/2026). Mesmo formato ca centros-maiores. A fonte non dá prazas nin idades.
Licenza verificada o 2026-11-01 - Atribución
- Xunta de Galicia. Consellería de Política Social, centros de infancia (RUEPSS; abertos.xunta.gal, conxunto 0298)
- Frecuencia declarada
- P30D
- Privacidade e notas
- Retíranse os correos (Mail, Correo; moitos son contas persoais de Gmail), o teléfono, o horario e as instalacións. A entidade titular publícase só cando é unha organización (mesma regra ca centros-maiores); cando é unha persoa física ou non se recoñece (84 centros en novembro de 2026, sobre todo escolas infantís privadas pequenas), queda baleira. O nome do centro é o rexistrado no RUEPSS.
Centros para persoas maiores
Servizos Colección CC BY-SA 4.0
- Operador
- Xunta de Galicia — Consellería de Política Social (RUEPSS)
- Fonte orixinal
- https://abertos.xunta.gal/catalogo/saude-servicios-sociais/-/dataset/0299/centros-para-persoas-maiores
- Licenza
- CC-BY-SA-4.0
«Creative Commons BY SA 4.0»
Licenza indicada na ficha do conxunto 0299 en abertos.xunta.gal (CC BY-SA 4.0). Compatibilidade coa ODbL en dúbida: colección CC BY-SA (ADR 0005). Ficheiro único https://ficheiros-web.xunta.gal/abertos/servizos_sociais/centros_maiores.kml (703 centros, ~2,3 MB) con Last-Modified e ETag; a hora de publicación é o Last-Modified (05/10/2026 na última descarga). Frecuencia declarada «mensual» na ficha. A fonte non dá prazas nin capacidade. Que a ligazón RUEPSS (chaves codificadas como %7B %7D) abra a ficha do centro: non verificado.
Licenza verificada o 2026-10-24 - Atribución
- Xunta de Galicia. Consellería de Política Social, centros para persoas maiores (RUEPSS; abertos.xunta.gal, conxunto 0299)
- Frecuencia declarada
- P30D
- Privacidade e notas
- Retíranse o correo electrónico (Mail, Correo), o teléfono, o horario e as instalacións. A entidade titular publícase só cando é unha organización (forma xurídica como SL, SA, SC ou cooperativa, ou palabras como fundación, asociación, concello, congregación); cando é unha persoa física (unhas 40 vivendas comunitarias e centros de día pequenos en outubro de 2026) ou o nome leva un NIF, queda baleira. O nome do centro é o rexistrado no RUEPSS.
Centros de saúde e PAC
Servizos Colección CC BY-SA 4.0
- Operador
- Consellería de Sanidade — Servizo Galego de Saúde (SERGAS)
- Fonte orixinal
- https://extranet.sergas.es/sixsanweb/SIXSAN_WEB/proxyKml.ashx?SIXSAN_WEB_KML/MapServer/KmlServer?Composite=false&BBOX=-9.35,41.8,-6.7,43.8
- Licenza
- CC-BY-SA-4.0
«Creative Commons BY SA 4.0»
Conxunto 0253 «Mapa dos servizos sanitarios de Galicia» en abertos.xunta.gal (CC BY-SA 4.0, actualización declarada diaria). O KMZ sae dun KmlServer de ArcGIS sen documentar tras un proxy ASP.NET do SERGAS, ligado desde a ficha; o servizo e a súa estabilidade: non verificado. Límites de uso: non verificado.
Licenza verificada o 2026-10-24 - Atribución
- Xunta de Galicia. Consellería de Sanidade — Servizo Galego de Saúde (SERGAS)
- Frecuencia declarada
- P1D
- Privacidade e notas
- Sen datos persoais: centros públicos de atención primaria. Non se publican os teléfonos. A fonte non dá código dos centros: o id fórmase con tipo + nome + concello e cambia se o SERGAS renomea o centro. 92 dos 100 PAC funcionan no mesmo centro de saúde e coinciden no mapa con el. O KMZ non trae hora de publicación (published_at baleiro). O código INE sae do nome do concello comparado coa táboa de concellos-parroquias; «Carballeda» (Avia ou Valdeorras) queda sen código.
Cobertura de banda larga por concello
Territorio Base ODbL
- Operador
- Ministerio para a Transformación Dixital e da Función Pública
- Fonte orixinal
- https://digital.gob.es/telecomunicaciones-infraestructuras-digitales/areas-interes/banda-ancha/informacion-cobertura
- Licenza
- https://digital.gob.es/nota-legal
«Debe citarse la fuente de los documentos»
Nota legal do Ministerio (Lei 37/2007: reutilización citando a fonte). Ficheiro XLSX anual «Cobertura Banda Ancha España» (folla «Municipio_%hogar»: cobertura en % de fogares a 30 de xuño), enlazado desde a páxina de información de cobertura.
Licenza verificada o 2026-10-24 - Atribución
- Fonte: Ministerio para a Transformación Dixital e da Función Pública, cobertura de banda larga
- Frecuencia declarada
- P365D
- Privacidade e notas
- Porcentaxes de fogares con cobertura por concello, agregadas polo Ministerio a partir das declaracións dos operadores; ningún dato persoal.
Comercio e servizos (OpenStreetMap)
Territorio Base ODbL
- Operador
- Colaboradores de OpenStreetMap (extracto de Geofabrik)
- Fonte orixinal
- https://download.geofabrik.de/europe/spain/galicia-latest.osm.pbf
- Licenza
- ODbL-1.0
«as long as you credit OpenStreetMap and its contributors»
Open Database License 1.0. O extracto diario de Geofabrik redistribúe os datos de OpenStreetMap sen cambiar a licenza. Os polígonos de concellos-parroquias (CC BY-SA 4.0) só se usan para descartar puntos fóra de Galicia; ningún dato deles pasa a esta capa.
Licenza verificada o 2026-10-24 - Atribución
- © Colaboradores de OpenStreetMap
- Frecuencia declarada
- P1D · P1D
- Privacidade e notas
- Só establecementos abertos ao público (comercios, hostalaría e servizos) e só estes campos: nome, categoría, etiqueta OSM, marca, horario e web. Descártanse teléfonos, correos, enderezos e o resto de etiquetas, aínda que estean en OSM. O nome pode coincidir co dun titular (farmacias, pequenos comercios): é o rótulo do negocio tal como figura en OSM. Hora de publicación = marca de tempo de replicación da cabeceira do PBF (estado dos datos OSM), ou Last-Modified do ficheiro se falta.
Concellos e parroquias
Territorio Colección CC BY-SA 4.0
- Operador
- Instituto de Estudos do Territorio (Xunta de Galicia)
- Fonte orixinal
- https://ideg.xunta.gal/servizos/rest/services/LimitesAdministrativos/LimitesAdministrativos/MapServer
- Licenza
- CC-BY-SA-4.0
«licenza de uso compatible con CC- BY 4.0 INT.»
Dobre licenza (ADR 0005): o IET declara «compatible con CC BY 4.0» e o mesmo conxunto figura en abertos.xunta.gal baixo CC BY-SA 4.0; aplícase a máis restritiva ata confirmación escrita do IET/Amtega. Xeometría xeneralizada no servidor con maxAllowableOffset = 0,0005° (≈ 50 m) e coordenadas a 5 decimais: válida para visualización, non para usos catastrais nin legais. Concellos: subcapa 12; parroquias: subcapa 18 (3.785). A data de publicación é o mes de edición que o IET indica no nome da capa («Parroquias (Febreiro 2026)»), día 1.
Licenza verificada o 2026-10-18 - Atribución
- © Instituto de Estudos do Territorio. Xunta de Galicia
- Frecuencia declarada
- static · static
- Privacidade e notas
- Límites administrativos e toponimia oficial; ningún dato persoal.
Como se construíu Galicia (edificios por ano de construción)
Territorio Colección CC BY-SA 4.0
- Operador
- Dirección General del Catastro (Ministerio de Hacienda)
- Fonte orixinal
- https://www.catastro.hacienda.gob.es/INSPIRE/buildings/ES.SDGC.BU.atom.xml
- Licenza
- https://www.catastro.hacienda.gob.es/webinspire/documentos/Licencia.pdf
«Se autoriza el uso público, incluido el comercial, de la información catastral que haya sido sometida a cualquier proceso previo de transformación»
Licenza propia do Catastro para os conxuntos INSPIRE (v1.0, xullo de 2016), non CC. Só autoriza difundir información transformada; non a orixinal. A transformación non pode alterar o contido nin desnaturalizar o seu sentido, e o resultado non se pode presentar como «cartografía catastral» nin «información catastral». Os feeds piden mencionar a Dirección General del Catastro como autora e titular. Esta capa só publica contas por cela de 250 m, ano e uso; ningún edificio, xeometría nin referencia catastral. Vai na colección separada, fóra da base ODbL, ata consultar se a obra transformada pode ir en ODbL. Verificación en datos/fontes/catastro-edificios.
Licenza verificada o 2026-11-01 - Atribución
- Fonte: Dirección General del Catastro (Ministerio de Hacienda), Edificios INSPIRE. Elaboración propia da Fundación Galicia Sustentable: contas por cela de 250 m; non é cartografía catastral.
- Frecuencia declarada
- P180D
- Privacidade e notas
- Contas de edificios por cela de 250 m, ano e uso. Non se le nin se garda a referencia catastral, o enderezo nin as ligazóns á Sede; o Catastro non publica titulares nesta fonte.
Crecidas dos ríos, episodio a episodio
Auga e mar Colección CC BY-SA 4.0
- Operador
- Augas de Galicia e MeteoGalicia (Xunta de Galicia)
- Fonte orixinal
- https://servizos.meteogalicia.gal/mgafos/json/datos10min.action
- Licenza
- https://www.meteogalicia.gal/web/aviso-legal
«poida ser utilizada libremente por eles, co único compromiso de mencionar expresamente a MeteoGalicia e á Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático»
Colección CC BY-SA 4.0 (ADR 0005), como caudais-rios, estado-masas-auga e as capas de MeteoGalicia. Caudais: datos de 10 minutos de datos10min.action (chave METEOGALICIA_AFOROS_KEY, só os últimos 30 días), gardados por episodio na rama data con aforos-episodio.yml; datos non validados. Rede fluvial: masas de auga de río de estado-masas-auga (Augas de Galicia, demarcación Galicia-Costa). Choiva: datos diarios das estacións de MeteoGalicia. Cálculo propio: medias horarias, razón ao caudal antes do temporal (mediana das primeiras 24 h) e asignación de cada tramo á estación do mesmo río máis próxima (ata 40 km). As estacións de Padrón (Ulla e Sar) móvense coa marea: márcanse e non acenden ríos.
Licenza verificada o 2026-11-04 - Atribución
- Datos: Augas de Galicia e MeteoGalicia (Xunta de Galicia), caudais de 10 minutos non validados e choiva diaria das estacións. Rede fluvial: masas de auga de Augas de Galicia. Cálculos: Fundación Galicia Sustentable.
- Frecuencia declarada
- static
- Privacidade e notas
- Medidas de estacións e xeometría de ríos; ningún dato persoal.
Desfibriladores (DESA)
Servizos Colección CC BY-SA 4.0
- Operador
- Xunta de Galicia — Consellería de Sanidade (061)
- Fonte orixinal
- https://abertos.xunta.gal/catalogo/saude-servicios-sociais/-/dataset/0604/desfibriladores-semiautomaticos-externos-situados
- Licenza
- CC-BY-SA-4.0
«Creative Commons BY SA 4.0»
Licenza indicada na ficha do conxunto 0604 en abertos.xunta.gal (CC BY-SA 4.0). Compatibilidade coa ODbL en dúbida: colección CC BY-SA (ADR 0005). Ficheiro único https://ficheiros-web.xunta.gal/abertos/desfibriladores/equipos-DESA-061.csv (2.366 equipos, ~300 KB, Latin-1) con Last-Modified e ETag; a hora de publicación é o Last-Modified (10/07/2026 na descarga do 01/11/2026, aínda que a ficha di «mensual»). Son os equipos rexistrados no 061: non di se están accesibles a calquera hora nin se funcionan. Coordenadas a 4 decimais (~10 m).
Licenza verificada o 2026-11-01 - Atribución
- Xunta de Galicia. 061, rexistro de desfibriladores (abertos.xunta.gal, conxunto 0604)
- Frecuencia declarada
- P30D
- Privacidade e notas
- Non se publica o campo solicitante (quen rexistrou o equipo): ás veces é unha persoa física. Quítanse os equipos en domicilios particulares (tipo «En Domicilio particular» ou texto con domicilio, vivenda, piso ou particular; 8 en novembro de 2026). O texto da localización publícase sen teléfonos e queda baleiro cando o solicitante é unha persoa e o texto repite o seu nome (18 casos, sobre todo farmacias e clínicas co nome do titular).
Distancia en liña recta aos servizos desde cada lugar
Servizos Colección CC BY-SA 4.0
- Operador
- Fundación Galicia Sustentable (cálculo propio con datos da Xunta de Galicia)
- Fonte orixinal
- https://mapas.galiciasustentable.org
- Licenza
- CC-BY-SA-4.0
«Creative Commons BY SA 4.0»
Capa derivada: cálculo propio da Fundación Galicia Sustentable sen descarga externa, a partir das capas publicadas entidades-poboacion (IET, CC BY-SA 4.0 por dobre licenza), centros-saude, hospitais e farmacias (SERGAS, conxunto 0253, CC BY-SA 4.0), centros-educativos (conxunto 0257, CC BY-SA 4.0) e centros-maiores (conxunto 0299, CC BY-SA 4.0). Ao ser obra derivada de datos CC BY-SA, publícase baixo CC BY-SA 4.0 (ADR 0005). Distancia en LIÑA RECTA (círculo máximo, fórmula do haversine, en km cun decimal) desde o punto de cada entidade ao servizo máis próximo de cada tipo: NON é distancia por estrada nin tempo de viaxe; por estrada a distancia é maior, ás veces moito (rías, montañas). Servizos: centro de saúde e PAC (SERGAS; 92 dos 100 PAC están nun centro de saúde), hospital (todos os do SERGAS, públicos e privados: a fonte non indica a titularidade), farmacia, escola (centros públicos de etapa infantil e primaria, primaria ou integrados CPI), instituto (centros públicos de secundaria, IES, e CPI) e centro de día para maiores (tipo «Centro de día» do RUEPSS, de calquera iniciativa; non inclúe os de alzhéimer). Os centros educativos sen etapa deducible (CPR, «Cen. Pub.»…) non contan. Calcúlase contra o centro máis próximo, aínda que estea noutro concello ou noutra área sanitaria ou escolar: non indica a que centro corresponde cada lugar. Hora de publicación: para cada capa de entrada, a súa hora de publicación ou, se a fonte non a dá, a da última descarga boa; tómase a máis recente. Se falta unha capa de entrada ou está caducada, a capa non se recalcula e consérvase a última versión boa.
Licenza verificada o 2026-10-24 - Atribución
- Cálculo propio da Fundación Galicia Sustentable con datos de: © Instituto de Estudos do Territorio. Xunta de Galicia (PBA); Xunta de Galicia. Consellería de Sanidade — Servizo Galego de Saúde (SERGAS); Consellería de Educación (abertos.xunta.gal, conxunto 0257); Consellería de Política Social (RUEPSS; abertos.xunta.gal, conxunto 0299).
- Frecuencia declarada
- P7D
- Privacidade e notas
- Sen datos persoais: lugares da toponimia oficial coa súa poboación agregada (padrón 2024) e distancias a centros públicos. Lugares e núcleos do planeamento sen poboación na fonte publícanse con poboación nula.
Entidades de poboación
Territorio Colección CC BY-SA 4.0
- Operador
- Instituto de Estudos do Territorio (Xunta de Galicia)
- Fonte orixinal
- https://ideg.xunta.gal/servizos/rest/services/PBA/EntidadesPoboacion_PBA/MapServer/0/query
- Licenza
- CC-BY-SA-4.0
Dobre licenza (ADR 0005): o IET declara «compatible con CC BY 4.0» e abertos.xunta.gal publica os seus conxuntos baixo CC BY-SA 4.0; aplícase a máis restritiva ata confirmación escrita do IET/Amtega. 36.190 puntos; COD_IGRP non é único (os lugares LU e os núcleos PU levan un código de parroquia rematado en 0099 / 0098). As etiquetas de TIPO_ENTID dedúcense dos datos (o servizo non publica a lista de códigos) e non están verificadas. A data de publicación é o mes de edición que o servizo indica no texto («Decembro 2025»), día 1.
Licenza verificada o 2026-10-18 - Atribución
- © Instituto de Estudos do Territorio. Xunta de Galicia (PBA)
- Frecuencia declarada
- static · static
- Privacidade e notas
- Toponimia oficial e poboación agregada por entidade (padrón 2024); ningún dato persoal. Para lugares (LU) e núcleos do planeamento (PU) a fonte dá 0 habitantes porque non son entidades do INE: publícase sen dato (null). Aviso: a poboación da fonte está incompleta. A suma das entidades é de só 1.260.895 habitantes (menos da metade de Galicia) e os núcleos urbanos principais (Lugo, Ourense, Pontevedra, boa parte de Vigo) non teñen entidade con poboación. Non sumar por concello. Causa non verificada.
Centros de ensino por concello desde 2005
Servizos Colección CC BY-SA 4.0
- Operador
- Instituto Galego de Estatística (IGE)
- Fonte orixinal
- https://www.ige.gal/igebdt/igeapi/csv/datos/1653
- Licenza
- https://www.ige.gal/web/avisolegal.jsp
«Está prohibido desnaturalizar o sentido da información. Debe citarse a fonte»
Aviso legal do IGE (reutilización citando «Fonte: IGE: https://www.ige.gal» e sen desnaturalizar), como as outras táboas do IGE do proxecto. Táboa 1653, centros de réxime xeral por concello, só a fila Total (os tipos de ensinanza cambian de contido sen nota). 2005 ata o último ano publicado; non hai serie por concello antes de 2005 nin datas de apertura ou peche de cada escola. Un CRA conta como un centro. Públicos e privados xuntos; fóra conservatorios, idiomas e artes. Harmonizado aos 313 concellos de hoxe sumando os fusionados. Valor do mapa: centros de diferenza co primeiro ano (cálculo propio). Verificación en datos/fontes/centros-educativos-historico.
Licenza verificada o 2026-11-01 - Atribución
- Fonte: IGE: https://www.ige.gal, Ensinanza non universitaria (táboa 1653). Diferenza con 2005: cálculo propio da Fundación Galicia Sustentable. Este produto emprega a API de datos do Instituto Galego de Estatística (IGE), pero non está certificado ou aprobado polo IGE.
- Frecuencia declarada
- P365D
- Privacidade e notas
- Número de centros por concello e ano; ningún dato persoal.
Espazos naturais protexidos de Galicia
Territorio Colección CC BY-SA 4.0
- Operador
- Xunta de Galicia (Instituto de Estudos do Territorio / IDEG)
- Fonte orixinal
- https://ideg.xunta.gal/servizos/rest/services/LugaresProtexidos/EN_EspazosProtexidos/MapServer
- Licenza
- CC-BY-SA-4.0
Dobre licenza (ADR 0005): IET «compatible con CC BY 4.0» / abertos.xunta.gal CC BY-SA 4.0; aplícase a máis restritiva ata confirmación escrita. Figuras da Rede Galega de Espazos Protexidos fóra de Rede Natura (subcapas 1–6 de EN_EspazosProtexidos): parque nacional, parques naturais, humidais protexidos, ZEPVN, monumentos naturais e paisaxes protexidas. Moitas sobrepóñense a espazos Natura 2000 (capa rede-natura). Xeometría xeneralizada no servidor con maxAllowableOffset = 0,0001° (≈ 10 m) e coordenadas a 5 decimais. Nomes tal como os publica o IET.
Licenza verificada o 2026-10-18 - Atribución
- © Instituto de Estudos do Territorio. Xunta de Galicia
- Frecuencia declarada
- static · static
- Privacidade e notas
- Límites de espazos protexidos; ningún dato persoal.
Estacións meteorolóxicas
Tempo e aire Colección CC BY-SA 4.0
- Operador
- MeteoGalicia (Consellería de Medio Ambiente, Xunta de Galicia)
- Fonte orixinal
- https://servizos.meteogalicia.gal/mgrss/observacion/ultimos10minEstacionsMeteo.action
- Licenza
- CC-BY-SA-4.0
«utilizada libremente… co único compromiso de mencionar expresamente a MeteoGalicia»
Dobre licenza: aviso legal de MeteoGalicia (atribución) e abertos.xunta.gal, conxunto 0114 (CC BY-SA 4.0). Aplícase a máis restritiva (ADR 0005) ata confirmación por escrito.
Licenza verificada o 2026-10-18 - Atribución
- Datos: MeteoGalicia (Xunta de Galicia)
- Frecuencia declarada
- PT10M · PT10M
- Privacidade e notas
- Sen datos persoais: lecturas de estacións meteorolóxicas públicas. Só valores con código de validación 1; os demais códigos (non documentados) consérvanse marcados en <campo>_cod e os baleiros (-9999, código 9) descártanse. Descártanse as estacións cunha lectura máis de 60 min anterior á máis recente da resposta.
Estacións de tren
Mobilidade Base ODbL
- Operador
- Renfe Operadora
- Fonte orixinal
- https://ssl.renfe.com/gtransit/Fichero_AV_LD/google_transit.zip
- Licenza
- CC-BY-4.0
«para fines comerciales y no comerciales»
GTFS estático de AV/LD/MD (google_transit.zip) e de Cercanías e ancho métrico (fomento_transit.zip, conxunto «horarios-cercanias» de data.renfe.com, CC BY 4.0 comprobado o 24/10/2026; trae a liña Ferrol–Ortigueira). A provincia de cada estación sae do listado «estaciones-listado-completo» (estaciones.csv, CC BY 4.0), opcional.
Licenza verificada o 2026-10-18 - Atribución
- Origen de los datos: Renfe Operadora
- Frecuencia declarada
- P1D
- Privacidade e notas
- Estacións e horarios do servizo público; ningún dato persoal. Só se publican as estacións con polo menos unha viaxe no GTFS, dentro do bbox de Galicia con 0,05° de marxe e sen as estacións que o listado de Renfe sitúa noutra provincia. servizos_dia conta as viaxes distintas que paran na estación o primeiro mércores desde a data de descarga (dia_referencia); un festivo nese mércores baixa a cifra. Valença (Portugal) consta en Renfe como Pontevedra e queda dentro.
Estado das masas de auga
Auga e mar Colección CC BY-SA 4.0
- Operador
- Xunta de Galicia — Augas de Galicia (Plan hidrolóxico Galicia-Costa 2021–2027), servizo no IDEG
- Fonte orixinal
- https://ideg.xunta.gal/servizos/rest/services/IDE_DHGC/PHGC2021_2027_Estado/MapServer
- Licenza
- CC-BY-SA-4.0
Aviso legal de Augas de Galicia (reutilización con cita e sen desnaturalizar) e do IET para o IDEG («compatible con CC- BY 4.0 INT»); sen confirmación escrita, aplícase a máis restritiva (ADR 0005): colección CC BY-SA. Estado das masas de auga superficiais do plan 2021–2027 na demarcación Galicia-Costa: 412 ríos, 24 lagos e encoros, 22 de transición, 29 costeiras e 7 portos. O Miño-Sil (CHMS) non está. Sen as 18 masas subterráneas (cubrirían todo o territorio). Os ríos chegan en centos de anacos de dous puntos por masa: encadéanse e simplifícanse (Douglas–Peucker, 0,0003°, ≈ 30 m); polígonos xeneralizados no servidor (0,0002–0,0003°). Valores do plan traducidos ao galego; é a avaliación do plan, non medicións recentes.
Licenza verificada o 2026-11-01 - Atribución
- Augas de Galicia. Plan hidrolóxico Galicia-Costa 2021–2027. Xunta de Galicia
- Frecuencia declarada
- static · static
- Privacidade e notas
- Estado ambiental de ríos, lagos e augas costeiras; ningún dato persoal.
Farmacias
Servizos Colección CC BY-SA 4.0
- Operador
- Consellería de Sanidade — Servizo Galego de Saúde (SERGAS)
- Fonte orixinal
- https://extranet.sergas.es/sixsanweb/SIXSAN_WEB/proxyKml.ashx?SIXSAN_WEB_KML/MapServer/KmlServer?Composite=false&BBOX=-9.35,41.8,-6.7,43.8
- Licenza
- CC-BY-SA-4.0
«Creative Commons BY SA 4.0»
Conxunto 0253 «Mapa dos servizos sanitarios de Galicia» en abertos.xunta.gal (CC BY-SA 4.0, actualización declarada diaria). O KMZ sae dun KmlServer de ArcGIS sen documentar tras un proxy ASP.NET do SERGAS, ligado desde a ficha; o servizo e a súa estabilidade: non verificado. Límites de uso: non verificado. Sen horarios nin gardas.
Licenza verificada o 2026-10-24 - Atribución
- Xunta de Galicia. Consellería de Sanidade — Servizo Galego de Saúde (SERGAS)
- Frecuencia declarada
- P1D
- Privacidade e notas
- A fonte identifica cada farmacia polos nomes das persoas titulares (TITULAR1–3) e dá un teléfono: non se publica ningún dos dous. Cada farmacia leva o seu código oficial (SIGLAS, por exemplo C-224-F) como id e como nome. Sen horarios nin servizo de garda. O KMZ non trae hora de publicación (published_at baleiro).
Focos de calor detectados por satélite
Lume e monte Base ODbL
- Operador
- NASA LANCE FIRMS (NASA/GSFC/ESDIS)
- Fonte orixinal
- https://firms.modaps.eosdis.nasa.gov/api/area/
- Licenza
- CC0-1.0
«data provided from a NASA-led mission are licensed as Creative Commons Zero»
CC0 para misións da NASA; cita moi recomendada. NOAA-20 e NOAA-21 son misións NOAA: licenza específica non verificada.
Licenza verificada o 2026-10-18 - Atribución
- NASA LANCE FIRMS (NASA/GSFC/ESDIS)
- Frecuencia declarada
- PT3H
- Privacidade e notas
- Sen datos persoais. Unha detección de calor non é un incendio forestal confirmado: pode ser unha industria, unha queima agrícola ou outra fonte de calor. / Sin datos personales. Una detección de calor no es un incendio forestal confirmado: puede ser una industria, una quema agrícola u otra fuente de calor.
Focos de calor da tempada de 2025 (satélite, pasada a pasada)
Lume e monte Colección CC BY-SA 4.0
- Operador
- NASA LANCE FIRMS (NASA/GSFC/ESDIS)
- Fonte orixinal
- https://firms.modaps.eosdis.nasa.gov/data/country/
- Licenza
- CC-BY-SA-4.0
«Creative Commons BY SA 4.0»
Detección de FIRMS: CC0 (misións NASA). Capa derivada: o concello de cada detección sae dos polígonos de concellos-parroquias (IET, CC BY-SA 4.0), así que vai na colección CC BY-SA 4.0 (ADR 0005), como perfil-concellos. Arquivos anuais por país de 2025 (VIIRS S-NPP, 375 m, e MODIS, 1 km), sen chave; NOAA-20 e NOAA-21 non teñen arquivo por país e quedan fóra. Só a tempada de 2025 (do 1 de xuño ao 31 de outubro), só tipo 0 (lume de vexetación presunto) e só dentro dun concello galego. Unha detección é un píxel quente nunha pasada do satélite, non un lume nin unha superficie. Horas en UTC. Verificación en datos/fontes/nasa-firms/README.md.
Licenza verificada o 2026-11-01 - Atribución
- NASA FIRMS (LANCE, NASA/GSFC/ESDIS), VIIRS S-NPP e MODIS, xuño–outubro de 2025; concello: IET, Xunta de Galicia. Cálculo propio da Fundación Galicia Sustentable.
- Frecuencia declarada
- static
- Privacidade e notas
- Detección de calor por satélite; ningún dato persoal.
Galicia deformada (cartogramas dos concellos)
Territorio Colección CC BY-SA 4.0
- Operador
- Fundación Galicia Sustentable (cálculo propio con datos do IGE, o INE e o IET)
- Fonte orixinal
- https://www.ige.gal/igebdt/igeapi/csv/datos/9958/T%5B1:a%5D,1:1
- Licenza
- CC-BY-SA-4.0
«Creative Commons BY SA 4.0»
Capa derivada (ADR 0005, colección CC BY-SA 4.0 polos límites do IET). Lé as capas publicadas concellos-parroquias (IET, CC BY-SA 4.0), nacementos-mortes (IGE/INE) e poboacion-seculo (INE, CC BY 4.0), e pide tres táboas do IGE (aviso legal do IGE, Lei 37/2007, citando «Fonte: IGE» e sen desnaturalizar): 1558 (padrón, último ano), 723 (porcentaxes de 20–64 e de 65 e máis anos) e 9958 (PIB municipal en miles de euros, último ano). Valores orixinais: poboación, PIB, nacementos e defuncións (último ano definitivo) e poboación dos censos de 1950 e 2021. Cálculo propio: menores de 20 e maiores de 65 anos (padrón × porcentaxe do IGE, redondeado), a xeometría simplificada (Douglas–Peucker a 120 m, mantendo as fronteiras compartidas; illotes de menos de 0,05 km² fóra) e os cartogramas (método de difusión de Gastner e Newman, 2004, en grella de 256 × 256; as áreas quedan a menos do 1,5 % do seu valor). Os concellos segregados despois de 1950 (Cariño, Burela, A Illa de Arousa) non teñen poboación propia nese censo: está no concello do que saíron.
Licenza verificada o 2026-11-03 - Atribución
- Cartogramas e cálculos: Fundación Galicia Sustentable. Fonte: IGE: https://www.ige.gal (padrón, indicadores de poboación, PIB municipal, movemento natural da poboación). Este produto emprega a API de datos do Instituto Galego de Estatística (IGE), pero non está certificado ou aprobado polo IGE. Censos de 1950 e 2021: elaboración propia con datos extraídos del sitio web del INE: www.ine.es. Límites: © Instituto de Estudos do Territorio. Xunta de Galicia.
- Frecuencia declarada
- P30D
- Privacidade e notas
- Contas agregadas por concello; ningún dato persoal.
Galicia en liñas (perfís para carteis)
Territorio Colección CC BY-SA 4.0
- Operador
- Fundación Galicia Sustentable (cálculo propio con datos do IGN, o IGE, o INE, MeteoGalicia e Copernicus EFFIS)
- Fonte orixinal
- https://servicios.idee.es/wcs-inspire/mdt?SERVICE=WCS&VERSION=2.0.1&REQUEST=GetCoverage&COVERAGEID=Elevacion4258_200&SUBSET=Lat(41.78,43.82)&SUBSET=Long(-9.45,-6.65)&FORMAT=ArcGrid
- Licenza
- CC-BY-SA-4.0
«Creative Commons BY SA 4.0»
Capa derivada publicada baixo CC BY-SA 4.0 porque usa capas desa colección (galicia-deformada, entidades-poboacion, raios-ano). Relevo: Modelo Dixital do Terreno de 200 m do IGN (PNOA-LiDAR) polo WCS INSPIRE, licenza «CC BY 4.0 scne.es» declarada nas AccessConstraints do servizo (comprobado o 03/11/2026), recortado co contorno de Galicia do IGN (CC BY 4.0). Lumes: Copernicus EFFIS (historial-queimados, CC BY 4.0). Cálculo propio: os valores de cada concello repártense entre os seus lugares segundo a poboación do Nomenclátor (só os lugares con cifra; sen ningún, no centroide), suavízanse cunha gaussiana de 2,2 km (3 km nos raios, 2 km nos lumes) e móstranse en raíz cadrada; o relevo, lineal, media 5 × 5 celas, e fóra de Galicia cae a cero en 7 km. Repartir o PIB e a poboación de 1950 segundo a poboación de hoxe dos lugares é unha aproximación para un cartel, non un dato.
Licenza verificada o 2026-11-03 - Atribución
- Carteis e cálculos: Fundación Galicia Sustentable. Relevo e contorno: © Instituto Geográfico Nacional (MDT200, PNOA-LiDAR; CC BY 4.0 scne.es). Poboación, idades e PIB: Fonte: IGE: https://www.ige.gal; censos: elaboración propia con datos extraídos del sitio web del INE: www.ine.es. Lugares: © Instituto de Estudos do Territorio. Xunta de Galicia. Raios: MeteoGalicia (Xunta de Galicia). Lumes: © Unión Europea, Copernicus EFFIS (JRC).
- Frecuencia declarada
- P30D
- Privacidade e notas
- Perfís suavizados de agregados; ningún dato persoal.
Galicia en liñas, animada (perfís no tempo)
Territorio Colección CC BY-SA 4.0
- Operador
- Fundación Galicia Sustentable (cálculo propio con datos do INE, o IET, MeteoGalicia e Copernicus EFFIS)
- Fonte orixinal
- https://mapas.galiciasustentable.org/linas/
- Licenza
- CC-BY-SA-4.0
«Creative Commons BY SA 4.0»
Capa derivada sen descarga externa, baixo CC BY-SA 4.0 porque usa capas desa colección (galicia-deformada, entidades-poboacion, raios-ano). Tres secuencias de perfís como os de galicia-linas, a media resolución (80 × 280): poboación en cada censo de 1900 a 2021 (poboacion-seculo, INE, CC BY 4.0) repartida entre os lugares de cada concello segundo a súa poboación de hoxe (aproximación: mostra o cambio dos concellos, non o de dentro de cada un); raios mes a mes dentro de Galicia (raios-ano, MeteoGalicia); superficie queimada ano a ano (historial-queimados, Copernicus EFFIS, CC BY 4.0). Unha escala por secuencia, raíz cadrada. Contorno de Galicia: IGN, CC BY 4.0.
Licenza verificada o 2026-11-03 - Atribución
- Cálculos: Fundación Galicia Sustentable. Censos: elaboración propia con datos extraídos del sitio web del INE: www.ine.es. Lugares: © Instituto de Estudos do Territorio. Xunta de Galicia. Raios: MeteoGalicia (Xunta de Galicia). Lumes: © Unión Europea, Copernicus EFFIS (JRC). Contorno: © Instituto Geográfico Nacional (CC BY 4.0).
- Frecuencia declarada
- P30D
- Privacidade e notas
- Perfís suavizados de agregados; ningún dato persoal.
Concellos nas noticias, día a día (GDELT)
Territorio Colección CC BY-SA 4.0
- Operador
- The GDELT Project
- Fonte orixinal
- https://api.gdeltproject.org/api/v2/doc/doc
- Licenza
- https://www.gdeltproject.org/about.html#termsofuse
«any use or redistribution of the data must include a citation to the GDELT Project and a link to this website»
Termos de GDELT (https://www.gdeltproject.org/about.html): uso «unlimited and unrestricted» con cita e ligazón a gdeltproject.org. Só atribución, pero sen texto de licenza estándar: colección CC BY-SA por prudencia. API DOC 2.0, modos timelinevolraw (artigos por día e total vixiado polo GDELT, `norm`) e timelinetone (ton medio), cunha consulta revisada á man por concello (consultas.json) e `sourcecountry:spain`. A documentación fala de 3 meses de xanela; con timespan=12m devolveu 335 días o 1/11/2026, así que a capa garda o seu propio histórico. GDELT pide unha petición cada 5 s e bloquea a IP un tempo se non (comprobado: 429 durante máis de 20 min): 10 s entre peticións (o dobre do pedido), 9 concellos por execución horaria (uns 216 ao día, case os 217 con consulta) e parar ao primeiro erro. Non se publica ningún titular, URL nin medio. Ton só con 5 artigos ou máis no día.
Licenza verificada o 2026-11-01 - Atribución
- Fonte: The GDELT Project (https://www.gdeltproject.org/), API DOC 2.0: artigos de medios con sede en España que nomean cada concello e o seu ton medio. Consultas e suma de 7 días: cálculo propio da Fundación Galicia Sustentable.
- Frecuencia declarada
- P1D
- Privacidade e notas
- Contas de artigos de medios por concello e día e ton medio; ningún titular, URL, medio nin nome de persoa.
Gasolineiras e prezos dos carburantes
Mobilidade Base ODbL
- Operador
- Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico (MITERD)
- Fonte orixinal
- https://sedeaplicaciones.minetur.gob.es/ServiciosRESTCarburantes/PreciosCarburantes/EstacionesTerrestres/FiltroCCAA/12
- Licenza
- https://www.miteco.gob.es/es/atencion-al-ciudadano/aviso-legal.html
«sin necesidad de autorización expresa»
Aviso legal do MITECO (Lei 37/2007 de reutilización da información do sector público): reutilización permitida citando a fonte.
Licenza verificada o 2026-10-24 - Atribución
- Fonte: Ministerio para a Transición Ecolóxica (MITERD), xeoportal de gasolineiras
- Frecuencia declarada
- PT30M
- Privacidade e notas
- Sen datos persoais: estacións de servizo e os prezos que comunican ao Ministerio. A resposta non trae hora de publicación propia: o campo «Fecha» é a hora da consulta (os prezos en vigor nese momento), polo que a hora de publicación queda baleira e prezo_actualizado indica esa hora de consulta.
Áreas queimadas por ano (desde 2016)
Lume e monte Base ODbL
- Operador
- Copernicus EFFIS (Comisión Europea, JRC)
- Fonte orixinal
- https://maps.effis.emergency.copernicus.eu/effis?service=WFS&request=GetFeature&version=2.0.0&typeNames=ms:modis.ba.poly.YYYY&outputFormat=geojson&bbox=41.8,-9.35,43.8,-6.7,urn:ogc:def:crs:EPSG::4326
- Licenza
- CC-BY-4.0
CC BY 4.0, © Unión Europea. Logos excluídos. O servizo WFS está etiquetado como «Test Service». As cifras de contexto da Xunta veñen dos ficheiros anuais de Medio Rural (aviso legal: reutilización con cita).
Licenza verificada o 2026-10-18 - Atribución
- © Unión Europea, Copernicus EFFIS (JRC)
- Frecuencia declarada
- P365D
- Privacidade e notas
- Sen datos persoais. Perímetros de áreas queimadas cartografadas por satélite (MODIS); non identifican persoas nin propiedades. / Sin datos personales. Perímetros de áreas quemadas cartografiadas por satélite (MODIS); no identifican personas ni propiedades.
Hospitais e centros de especialidades
Servizos Colección CC BY-SA 4.0
- Operador
- Consellería de Sanidade — Servizo Galego de Saúde (SERGAS)
- Fonte orixinal
- https://extranet.sergas.es/sixsanweb/SIXSAN_WEB/proxyKml.ashx?SIXSAN_WEB_KML/MapServer/KmlServer?Composite=false&BBOX=-9.35,41.8,-6.7,43.8
- Licenza
- CC-BY-SA-4.0
«Creative Commons BY SA 4.0»
Conxunto 0253 «Mapa dos servizos sanitarios de Galicia» en abertos.xunta.gal (CC BY-SA 4.0, actualización declarada diaria). O KMZ sae dun KmlServer de ArcGIS sen documentar tras un proxy ASP.NET do SERGAS, ligado desde a ficha; o servizo e a súa estabilidade: non verificado. Límites de uso: non verificado.
Licenza verificada o 2026-10-24 - Atribución
- Xunta de Galicia. Consellería de Sanidade — Servizo Galego de Saúde (SERGAS)
- Frecuencia declarada
- P1D
- Privacidade e notas
- Sen datos persoais: hospitais públicos e privados e os seus centros de especialidades. Non se publican os teléfonos. Titularidade pública ou privada: non verificado, a fonte non a indica (só o nome do complexo). Dous cartafoles da fonte solápanse: o dos edificios (83) e o dos complexos (31, todos no mesmo punto ca un edificio o 24/10/2026); un complexo só se engade se non hai no mesmo concello un edificio co mesmo nome ou a menos de 150 m. O id fórmase con nome + concello. O KMZ non trae hora de publicación (published_at baleiro).
Inventario de zonas húmidas
Auga e mar Colección CC BY-SA 4.0
- Operador
- Xunta de Galicia (Instituto de Estudos do Territorio / IDEG; Consellería de Medio Ambiente)
- Fonte orixinal
- https://ideg.xunta.gal/servizos/rest/services/LugaresProtexidos/ENC_InventarioZonasHumidas/MapServer/0
- Licenza
- CC-BY-SA-4.0
Dobre licenza (ADR 0005): IET «compatible con CC BY 4.0» / abertos.xunta.gal CC BY-SA 4.0; aplícase a máis restritiva ata confirmación escrita. Inventario de Zonas Húmidas de Galicia: 1.170 elementos (dúas páxinas), con data de publicación no DOG de 2023 ou 2024; 111 humidais teñen varios elementos (lagoas L1, L2…). Inclúe humidais sen protección legal: estar no inventario non é unha figura de protección (os 5 humidais protexidos están na capa espazos-naturais-galicia). A tipoloxía (TIP_IZHG) vai como código porque o servizo non publica a lenda. Polígonos xeneralizados no servidor (0,0002°, ≈ 20 m); os elementos moi pequenos quedan como polígonos de poucos vértices.
Licenza verificada o 2026-11-01 - Atribución
- © Instituto de Estudos do Territorio. Xunta de Galicia
- Frecuencia declarada
- static · static
- Privacidade e notas
- Límites de humidais; ningún dato persoal.
Tráfico nas estradas autonómicas (IMD 2025)
Mobilidade Colección CC BY-SA 4.0
- Operador
- Xunta de Galicia — Axencia Galega de Infraestruturas (AXI), servizo no IDEG
- Fonte orixinal
- https://ideg.xunta.gal/servizos/rest/services/AXI/MapaTrafico/MapServer/7
- Licenza
- CC-BY-SA-4.0
Servizo da AXI aloxado no IDEG (copyright «Instituto de Estudos do Territorio, AXI, Xunta de Galiza»). Aviso legal do IET: «licenza de uso compatible con CC- BY 4.0 INT»; o aviso xeral da Xunta (https://www.xunta.gal/aviso-legal-do-portal-da-xunta) pide citar a fonte e prohibe desnaturalizar a información. Sen confirmación escrita, aplícase a máis restritiva (ADR 0005): colección CC BY-SA. 1.138 treitos da Rede Autonómica de Estradas (RAEG), unha páxina. Liñas xeneralizadas no servidor con maxAllowableOffset = 0,0002° (≈ 20 m). Coidado: a IMD de 2025 é a estimación da AXI para cada treito, non sempre un aforo de 2025. Cada treito leva o ano do último aforo (380 de 2025; 42 sen aforo; algúns de 2009) e o tipo (PER, COM, NEUM, CONCESIÓN: códigos da AXI sen lenda publicada no servizo). As capas 4 e 6 dan 2023 e 2024 (serie para un pulso futuro). Sen estradas estatais nin provinciais. Non se inclúen as 1.695 estacións de aforo.
Licenza verificada o 2026-11-01 - Atribución
- Axencia Galega de Infraestruturas e Instituto de Estudos do Territorio. Xunta de Galicia
- Frecuencia declarada
- P365D · static
- Privacidade e notas
- Medias anuais de tráfico por treito de estrada; ningún dato persoal.
Indicadores dos concellos comparados con Galicia
Territorio Colección CC BY-SA 4.0
- Operador
- Instituto Galego de Estatística (IGE)
- Fonte orixinal
- https://www.ige.gal/igebdt/igeapi/csv/datos/723/T%5B1:a%5D,1:0:3:9:10,2:2
- Licenza
- https://www.ige.gal/web/avisolegal.jsp
«Está prohibido desnaturalizar o sentido da información»
Aviso legal do IGE (Lei 37/2007: reutilización citando «Fonte: IGE»). Compatibilidade con ODbL en dúbida: colección CC BY-SA 4.0 (ADR 0005). Condicións da API: non modificar os datos presentados; por iso cada indicador publica o valor orixinal do IGE xunto ao valor de Galicia e á comparación, que é cálculo propio. Aviso obrigatorio: «Este produto emprega a API de datos do Instituto Galego de Estatística (IGE), pero non está certificado ou aprobado polo IGE.» Pendente: consulta escrita ao IGE sobre os índices derivados. O indicador de vivendas baleiras usa datos do INE (Censo de Población y Viviendas 2021, táboa 59531, API Tempus), licenza CC BY 4.0 segundo o aviso legal do INE (https://www.ine.es/dyngs/AYU/index.htm?cid=125, verificado 2026-10-24): «La licencia de uso general a aplicar a la información estadística de este sitio web, salvo que se indique lo contrario, es la Creative Commons Reconocimiento 4.0 (CC BY 4.0)». Condicións: citar «Elaboración propia con datos extraídos del sitio web del INE: www.ine.es» cando hai tratamento, indicar a data da última actualización (táboa 59531: 22/11/2024) e non suxerir que o INE participa ou apoia a reutilización.
Licenza verificada o 2026-10-24 - Atribución
- Fonte: IGE: https://www.ige.gal. Comparacións con Galicia e indicadores derivados: cálculo propio da Fundación Galicia Sustentable. Este produto emprega a API de datos do Instituto Galego de Estatística (IGE), pero non está certificado ou aprobado polo IGE. Vivendas baleiras: elaboración propia con datos extraídos do sitio web do INE: www.ine.es (Censo de Población y Viviendas 2021, última actualización da táboa 22/11/2024; CC BY 4.0).
- Frecuencia declarada
- P30D
- Privacidade e notas
- Só datos estatísticos agregados por concello; ningún dato persoal. O IGE non difunde valores con poucos sucesos (segredo estatístico): eses casos publícanse sen dato.
Zonas inundables na costa (100 e 500 anos)
Auga e mar Colección CC BY-SA 4.0
- Operador
- Xunta de Galicia — Augas de Galicia (Directiva 2007/60/CE), servizo no IDEG
- Fonte orixinal
- https://ideg.xunta.gal/servizos/rest/services/IDE_DHGC/D2007_60_MapasInundablesCosteiros/MapServer
- Licenza
- CC-BY-SA-4.0
Aviso legal de Augas de Galicia (reutilización con cita e sen desnaturalizar) e do IET para o IDEG («compatible con CC- BY 4.0 INT»); sen confirmación escrita, aplícase a máis restritiva (ADR 0005): colección CC BY-SA. O estudo é do SNCZI (Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente, 2014) para a demarcación Galicia-Costa; MITECO publica o mesmo tema en ráster con CC BY 4.0 (fonte zonas-inundables), pero aquí úsase o vector do servizo de Augas. Subcapas 3 (T100, 28 polígonos) e 4 (T500, 28), unha por ARPSI costeira (áreas de risco potencial significativo), ciclo 2015–2021: só cobre eses tramos de costa, non toda a costa. Xeneralización no servidor con maxAllowableOffset = 0,0001° (≈ 10 m). Sen o risco para a poboación (subcapas 5–12).
Licenza verificada o 2026-11-01 - Atribución
- Augas de Galicia (Xunta de Galicia); mapas de perigosidade do SNCZI, Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente
- Frecuencia declarada
- static · static
- Privacidade e notas
- Láminas de inundación por zonas; ningún dato persoal.
Perigo de inundación fluvial (T = 10 anos)
Auga e mar Base ODbL
- Operador
- Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico (SNCZI)
- Fonte orixinal
- https://wmts-snczi.idee.es/wmts/riesgos-naturales/inundaciones
- Licenza
- CC-BY-4.0
«<ows:AccessConstraints>CC BY 4.0</ows:AccessConstraints>»
Licenza declarada no GetCapabilities do WMTS do SNCZI (AccessConstraints CC BY 4.0, Fees «No se aplican condiciones»). Capa NZ.Flood.FluvialT10, teselas PNG GoogleMapsCompatible. Mapas Galicia Sustentable garda as teselas do recadro de Galicia (z6–z13) nun PMTiles propio para non cargar nada doutro orixe no navegador; desde z14 o mapa amplía as teselas de z13. As teselas baleiras chegan como PNG transparente (200) e descártanse.
Licenza verificada o 2026-10-24 - Atribución
- © Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico (SNCZI)
- Frecuencia declarada
- static · static
- Privacidade e notas
- Imaxe raster de perigo de inundación; ningún dato persoal.
Perigo de inundación fluvial (T = 100 anos)
Auga e mar Base ODbL
- Operador
- Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico (SNCZI)
- Fonte orixinal
- https://wmts-snczi.idee.es/wmts/riesgos-naturales/inundaciones
- Licenza
- CC-BY-4.0
«<ows:AccessConstraints>CC BY 4.0</ows:AccessConstraints>»
Licenza declarada no GetCapabilities do WMTS do SNCZI (AccessConstraints CC BY 4.0, Fees «No se aplican condiciones»). Capa NZ.Flood.FluvialT100, teselas PNG GoogleMapsCompatible. Mapas Galicia Sustentable garda as teselas do recadro de Galicia (z6–z13) nun PMTiles propio para non cargar nada doutro orixe no navegador; desde z14 o mapa amplía as teselas de z13. As teselas baleiras chegan como PNG transparente (200) e descártanse.
Licenza verificada o 2026-10-24 - Atribución
- © Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico (SNCZI)
- Frecuencia declarada
- static · static
- Privacidade e notas
- Imaxe raster de perigo de inundación; ningún dato persoal.
Perigo de inundación fluvial (T = 500 anos)
Auga e mar Base ODbL
- Operador
- Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico (SNCZI)
- Fonte orixinal
- https://wmts-snczi.idee.es/wmts/riesgos-naturales/inundaciones
- Licenza
- CC-BY-4.0
«<ows:AccessConstraints>CC BY 4.0</ows:AccessConstraints>»
Licenza declarada no GetCapabilities do WMTS do SNCZI (AccessConstraints CC BY 4.0, Fees «No se aplican condiciones»). Capa NZ.Flood.FluvialT500, teselas PNG GoogleMapsCompatible. Mapas Galicia Sustentable garda as teselas do recadro de Galicia (z6–z13) nun PMTiles propio para non cargar nada doutro orixe no navegador; desde z14 o mapa amplía as teselas de z13. As teselas baleiras chegan como PNG transparente (200) e descártanse.
Licenza verificada o 2026-10-24 - Atribución
- © Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico (SNCZI)
- Frecuencia declarada
- static · static
- Privacidade e notas
- Imaxe raster de perigo de inundación; ningún dato persoal.
Primeira venda nas lonxas, día a día (2025)
Auga e mar Colección CC BY-SA 4.0
- Operador
- Consellería do Mar (Xunta de Galicia)
- Fonte orixinal
- https://www.pescadegalicia.gal/descargas/pescafresca/pescafresca2025.csv
- Licenza
- CC-BY-SA-4.0
«Creative Commons BY SA 4.0»
abertos.xunta.gal declara CC BY-SA 4.0 (fonte «Consellería do Mar») e o aviso legal de pescadegalicia.gal permite reutilizar citando a fonte: aplícase a máis restritiva e vai na colección CC BY-SA (ADR 0005). Ficheiro anual de pesca fresca de 2025, unha fila por día, lonxa e especie. A posición de cada lonxa sae do Nomenclátor Geográfico Básico do IGN (CC BY 4.0, compatible): o porto cando o NGBE o nomea, se non o núcleo que dá nome á lonxa (lonxas.json, con identificador NGBE e nota de cada caso). Baldaio e a Coop. Ría de Arosa non teñen punto verificable e van sen xeometría. Só pesca fresca: sen acuicultura nin conxelado. Verificación en datos/fontes/lonxas-primeira-venda/README.md.
Licenza verificada o 2026-11-01 - Atribución
- Consellería do Mar, Xunta de Galicia: notas de primeira venda (pescadegalicia.gal), 2025. Posicións: Nomenclátor Geográfico Básico de España, © Instituto Geográfico Nacional. Cálculo propio da Fundación Galicia Sustentable.
- Frecuencia declarada
- static
- Privacidade e notas
- Vendas agregadas por día, lonxa e especie, sen buque nin comprador. A capa só publica euros por grupo de especies e kg totais por lonxa e día, e as tres especies de máis importe no ano; non publica prezos de especies soltas por lonxa, porque nunha lonxa pequena unha fila pode ser un só barco.
O tempo das últimas 24 horas, hora a hora
Tempo e aire Colección CC BY-SA 4.0
- Operador
- MeteoGalicia (Consellería de Medio Ambiente, Xunta de Galicia)
- Fonte orixinal
- https://servizos.meteogalicia.gal/mgrss/observacion/ultimosHorariosEstacions.action
- Licenza
- https://www.meteogalicia.gal/web/aviso-legal
«utilizada libremente… co único compromiso de mencionar expresamente a MeteoGalicia»
Mesma fonte e licenzas ca estacions-meteo e meteo-dia (colección CC BY-SA 4.0, ADR 0005). Unha chamada por hora a ultimosHorariosEstacions con numHoras=24 trae as últimas 24 lecturas horarias das 155 estacións (comprobado o 1/11/2026, ~5 MB). Xanela: as 24 horas que rematan na lectura máis recente de calquera estación. Só lecturas validadas (código 1); o resto, nulo. Horas en UTC no ficheiro; a páxina amósaas en hora de Galicia.
Licenza verificada o 2026-10-18 - Atribución
- Fonte: MeteoGalicia (Xunta de Galicia), observación horaria.
- Frecuencia declarada
- PT1H
- Privacidade e notas
- Observacións de estacións meteorolóxicas; ningún dato persoal.
O tempo dun día hora a hora (21 de maio de 2025)
Tempo e aire Colección CC BY-SA 4.0
- Operador
- MeteoGalicia (Consellería de Medio Ambiente, Xunta de Galicia)
- Fonte orixinal
- https://servizos.meteogalicia.gal/mgrss/observacion/datosHorariosEstacions.action
- Licenza
- https://www.meteogalicia.gal/web/aviso-legal
«utilizada libremente… co único compromiso de mencionar expresamente a MeteoGalicia»
Mesma fonte e mesmas dúas declaracións ca estacions-meteo (aviso legal de atribución e CC BY-SA 4.0 en abertos.xunta.gal, conxunto 0114): vai na colección CC BY-SA 4.0 (ADR 0005). Datos horarios históricos (JSON_EstacionHorariosHistoricos) do mércores 21 de maio de 2025, día de referencia dos mapas animados: un dos catro mércores da media de mobilidade de MITMA, o máis común deles (suave e case seco; ver datos/fontes/meteogalicia-horario). Horas locais (Europe/Madrid): o servizo dá UTC e pídense as xanelas 22:00–09:00 e 10:00–21:00 UTC. Só lecturas validadas (código 1); o resto, nulo. Vento a 10 m ou, se a estación non o ten, a 2 m.
Licenza verificada o 2026-10-18 - Atribución
- Fonte: MeteoGalicia (Xunta de Galicia), observación horaria do 21 de maio de 2025.
- Frecuencia declarada
- static
- Privacidade e notas
- Observacións de estacións meteorolóxicas; ningún dato persoal.
Entradas e saídas das sete cidades (viaxes por hora)
Mobilidade Base ODbL
- Operador
- Ministerio de Transportes y Movilidad Sostenible (MITMA)
- Fonte orixinal
- https://movilidad-opendata.mitma.es/estudios_basicos/por-municipios/viajes/ficheros-diarios/
- Licenza
- https://movilidad-opendata.mitma.es/LICENCIA%20de%20datos%20abiertos%20del%20MITMA%2020201203.pdf
«las obras derivadas añadiendo valor pueden ofrecerse bajo licencias diferentes»
Licenza de datos abertos do MITMA (3/12/2020): uso comercial e non comercial e obras derivadas con outra licenza. Esixe a mención «Basado en datos abiertos MITMA» con ligazón á orixe, conservar a data de actualización e non suxerir que o ministerio apoia a peza. Cálculo propio da Fundación Galicia Sustentable: media de catro mércores (7, 14, 21 e 28 de maio de 2025) e catro domingos (11, 18 e 25 de maio e 1 de xuño de 2025; o 4 de maio, volta da ponte, queda fóra) dos estudos básicos por municipios. Entradas = viaxes con orixe fóra do anel e destino dentro; saídas, ao revés; internas, as dúas dentro. Anel 0: o concello. Anel 1: o concello e a súa área urbana (aneis.json, a partir das GAU de MITMA coa de Vigo–Pontevedra partida). Conta viaxes, non persoas; só residentes en España. Residentes: base de poboación da propia zonificación MITMA, non o Padrón. Período do bloque metodolóxico xaneiro 2022–xuño 2025; desde xullo de 2025 MITMA só publica semanas soltas e cambiou o método, así que a capa é dun período de referencia fixo. Verificación completa en datos/fontes/mitma-mobilidade/README.md.
Licenza verificada o 2026-11-01 - Atribución
- Basado en datos abiertos MITMA (estudios de movilidad con big data, mayo de 2025). Cálculo propio da Fundación Galicia Sustentable.
- Frecuencia declarada
- static
- Privacidade e notas
- Agregados de MITMA, anonimizados na orixe e con chan mínimo nos fluxos pequenos; aquí sumados por cidade e hora. Ningún dato persoal. O punto é o centroide da zona MITMA do concello, non a súa capital.
Galicia en movemento (viaxes entre concellos por hora)
Mobilidade Base ODbL
- Operador
- Ministerio de Transportes y Movilidad Sostenible (MITMA)
- Fonte orixinal
- https://movilidad-opendata.mitma.es/estudios_basicos/por-municipios/viajes/ficheros-diarios/
- Licenza
- https://movilidad-opendata.mitma.es/LICENCIA%20de%20datos%20abiertos%20del%20MITMA%2020201203.pdf
«las obras derivadas añadiendo valor pueden ofrecerse bajo licencias diferentes»
Licenza de datos abertos do MITMA (3/12/2020): uso comercial e non comercial e obras derivadas con outra licenza. Esixe a mención «Basado en datos abiertos MITMA» con ligazón á orixe, conservar a data de actualización e non suxerir que o ministerio apoia a peza. Cálculo propio da Fundación Galicia Sustentable: media de catro mércores (7, 14, 21 e 28 de maio de 2025) e catro domingos (11, 18 e 25 de maio e 1 de xuño de 2025) dos estudos básicos por municipios. Unha liña por par orixe–destino de zonas MITMA de Galicia, do centroide de MITMA dunha ao da outra, con polo menos 50 viaxes no mércores ou no domingo medios (uns 4.200 pares, o 97 % das viaxes entre zonas). Quedan fóra as viaxes dentro dunha zona e as que entran ou saen de Galicia (1 %). Os concellos rurais van en zonas agrupadas de MITMA (_AM): a liña sae do centroide do grupo. Conta viaxes, non persoas; só residentes en España. Período do bloque metodolóxico xaneiro 2022–xuño 2025. Verificación completa en datos/fontes/mitma-mobilidade/README.md.
Licenza verificada o 2026-11-01 - Atribución
- Basado en datos abiertos MITMA (estudios de movilidad con big data, mayo de 2025). Cálculo propio da Fundación Galicia Sustentable.
- Frecuencia declarada
- static
- Privacidade e notas
- Agregados de MITMA, anonimizados na orixe e con chan mínimo nos fluxos pequenos; aquí medias por par de zonas e hora; quedan fóra os pares con menos de 50 viaxes ao día. Ningún dato persoal. Os extremos das liñas son centroides de zonas MITMA, non capitais.
Nacementos e mortes por concello desde 1975
Territorio Colección CC BY-SA 4.0
- Operador
- Instituto Galego de Estatística (IGE), a partir do INE
- Fonte orixinal
- https://www.ige.gal/igebdt/igeapi/csv/datos/57
- Licenza
- https://www.ige.gal/web/avisolegal.jsp
«Está prohibido desnaturalizar o sentido da información. Debe citarse a fonte»
Aviso legal do IGE (reutilización citando «Fonte: IGE: https://www.ige.gal» e sen desnaturalizar), como as outras táboas do IGE do proxecto; dato primario do INE (CC BY 4.0). Táboas 57 (nacementos, concello de residencia da nai) e 30 (defuncións, concello de residencia), 1975 ata o último ano publicado (o último é provisional). Harmonizado aos 313 concellos de hoxe: Oza dos Ríos e Cesuras suman en Oza-Cesuras e Cerdedo e Cotobade en Cerdedo-Cotobade antes da fusión; Cariño (1988), Burela (1995) e A Illa de Arousa (1997) sen dato antes de existir. Laxe 1981–1982 dubidoso na fonte. Valor do mapa: nacementos por cada 100 defuncións (cálculo propio). Verificación en datos/fontes/ige-nacementos-mortes.
Licenza verificada o 2026-11-01 - Atribución
- Fonte: IGE: https://www.ige.gal, a partir do Movemento natural da poboación (IGE, INE). Nacementos por 100 defuncións: cálculo propio da Fundación Galicia Sustentable. Este produto emprega a API de datos do Instituto Galego de Estatística (IGE), pero non está certificado ou aprobado polo IGE.
- Frecuencia declarada
- P365D
- Privacidade e notas
- Contas anuais por concello de residencia; ningún dato persoal.
Vexetación desde o satélite (NDVI), mes a mes
Territorio Base ODbL
- Operador
- Comisión Europea e ESA (Copernicus Sentinel-2)
- Fonte orixinal
- https://earth-search.aws.element84.com/v1/collections/sentinel-2-l2a
- Licenza
- https://ewds.climate.copernicus.eu/licences/ec-sentinel
«users shall have a free, full and open access to Copernicus Sentinel Data»
Aviso legal dos datos Copernicus Sentinel (rev. 1). Se se modifican, a nota é «Contains modified Copernicus Sentinel data [Year]», que a interface dá en galego co ano do mes que se mostra. A colección do catálogo de Earth Search (Element84) enlaza o mesmo aviso legal da ESA. Escenas Sentinel-2 L2A en COG públicos de AWS Open Data (sentinel-cogs), sen conta. Mapas Galicia Sustentable fai a composición mensual (mediana sen nubes) e serve as teselas desde o seu propio servidor. A imaxe recórtase co contorno de Galicia do IGN (WFS INSPIRE de unidades administrativas, «CC BY 4.0 ign.es», en pipeline/satelite/galicia-ign.geojson), non cos polígonos do IET, para que a capa siga na colección ODbL.
Licenza verificada o 2026-11-01 - Atribución
- Contén datos Copernicus Sentinel modificados 2026 · Contorno de Galicia © IGN (CC BY 4.0)
- Frecuencia declarada
- P5D · P30D
- Privacidade e notas
- Imaxe de satélite a 20 m por píxel; non se distinguen persoas nin vehículos.
Ortofoto (PNOA)
Territorio Base ODbL
- Operador
- Instituto Geográfico Nacional (IGN) e Centro Nacional de Información Geográfica (CNIG)
- Fonte orixinal
- https://www.ign.es/wmts/pnoa-ma?request=GetCapabilities&service=WMTS
- Licenza
- CC-BY-4.0
«<ows:AccessConstraints>CC BY 4.0 scne.es</ows:AccessConstraints>; licenza do IGN: «conlleva la aceptación por el usuario de una licencia CC-BY 4.0»»
Licenza declarada no GetCapabilities do WMTS pnoa-ma (AccessConstraints «CC BY 4.0 scne.es», Fees «No se aplican condiciones») e na licenza de uso do IGN, ligada desde o aviso legal (https://www.ign.es/web/ign/portal/info-aviso-legal). Como as teselas se recodifican a WebP, a cita segue o punto 4 da licenza («Obra derivada de …»). Capa OI.OrthoimageCoverage, teselas JPEG GoogleMapsCompatible. Mapas Galicia Sustentable garda só as teselas que tocan Galicia (z6–z16) en PMTiles propios, subidos directamente ao servidor polo fluxo .github/workflows/ortofoto.yml; non pasan pola rama de datos. Desde z17 o mapa non amplía máis.
Licenza verificada o 2026-11-01 - Atribución
- Obra derivada de PNOA máxima actualidade CC BY 4.0 scne.es · PNOA cedido por © Instituto Geográfico Nacional
- Frecuencia declarada
- static · static
- Privacidade e notas
- Ortofoto aérea de 15–25 cm por píxel: no nivel máximo que publicamos (z16, uns 1,7 m por píxel en Galicia) non se distinguen persoas nin matrículas.
Bens de interese cultural (BIC)
Territorio Colección CC BY-SA 4.0
- Operador
- Xunta de Galicia — Plan Básico Autonómico (PBA)
- Fonte orixinal
- https://ideg.xunta.gal/servizos/rest/services/PBA/Afeccions_PatrimonioCultural/MapServer/2
- Licenza
- CC-BY-SA-4.0
Dobre declaración da Xunta: CC BY-SA 4.0 en abertos.xunta.gal e «compatible con CC BY 4.0» no IET/IDEG. Aplícase a máis restritiva (ADR 0005). É a capa urbanística de afeccións do PBA (BIC. Elementos, xuño 2026), non o rexistro legal de bens da Consellería de Cultura.
Licenza verificada o 2026-10-18 - Atribución
- Xunta de Galicia. Plan Básico Autonómico (PBA), afeccións do patrimonio cultural
- Frecuencia declarada
- static · static
- Privacidade e notas
- Sen datos persoais. Regra de sensibilidade: os xacementos arqueolóxicos non se sitúan con precisión, para non facilitar o expolio. Se INTERESE é «ARQ», se CATEGORIA contén «arqueolóxico/a» ou se XENERICO é «Arte rupestre» ou «Castro», as coordenadas redondéanse a 2 decimais (~1 km) e a entidade leva localizacion_xeneralizada: true. O resto de BIC conserva 5 decimais.
Perfil dos concellos (distancia mediana aos servizos)
Servizos Colección CC BY-SA 4.0
- Operador
- Fundación Galicia Sustentable (cálculo propio con datos da Xunta de Galicia)
- Fonte orixinal
- https://mapas.galiciasustentable.org
- Licenza
- CC-BY-SA-4.0
«Creative Commons BY SA 4.0»
Capa derivada: cálculo propio da Fundación Galicia Sustentable sen descarga externa, a partir das capas publicadas concellos-parroquias (IET, CC BY-SA 4.0) e distancia-servizos (cálculo propio, CC BY-SA 4.0). Ao ser obra derivada de datos CC BY-SA, publícase baixo CC BY-SA 4.0 (ADR 0005). Non mestura datos da base ODbL. Para cada concello: un punto representativo (centroide do polígono maior ou, se cae fóra, o punto interior máis próximo; serve para debuxar o concello como un punto, non é a capital), a superficie calculada sobre os límites do IET e a MEDIANA da distancia en liña recta desde os seus lugares ao servizo máis próximo de cada tipo. Mediana sen ponderar por poboación: a poboación de entidades-poboacion está incompleta. O valor de Galicia é a mediana de todos os lugares. NON é distancia por estrada nin tempo de viaxe. Rábade e Beade non teñen lugares en entidades-poboacion (comprobado o 25/10/2026): as súas medianas publícanse nulas, sen dato. Hora de publicación: a máis recente das capas de entrada.
Licenza verificada o 2026-10-25 - Atribución
- Cálculo propio da Fundación Galicia Sustentable con datos de: © Instituto de Estudos do Territorio. Xunta de Galicia (PBA); Xunta de Galicia. Consellería de Sanidade — Servizo Galego de Saúde (SERGAS); Consellería de Educación (abertos.xunta.gal, conxunto 0257).
- Frecuencia declarada
- P7D
- Privacidade e notas
- Sen datos persoais: agregados por concello (medianas de distancias entre lugares da toponimia oficial e centros públicos) e un punto xeométrico por concello.
Áreas queimadas (tempada actual)
Lume e monte Base ODbL
- Operador
- Copernicus EFFIS (Comisión Europea, JRC)
- Fonte orixinal
- https://maps.effis.emergency.copernicus.eu/effis?service=WFS&request=GetFeature&version=2.0.0&typeNames=ms:modis.ba.poly.season&outputFormat=geojson&bbox=41.8,-9.35,43.8,-6.7,urn:ogc:def:crs:EPSG::4326
- Licenza
- CC-BY-4.0
CC BY 4.0, © Unión Europea. Logos excluídos. O servizo WFS está etiquetado como «Test Service». As cifras de contexto da Xunta veñen do aviso legal de Medio Rural (reutilización con cita).
Licenza verificada o 2026-10-18 - Atribución
- © Unión Europea, Copernicus EFFIS (JRC)
- Frecuencia declarada
- P1D
- Privacidade e notas
- Sen datos persoais. Perímetros de áreas queimadas cartografadas por satélite (MODIS); non identifican persoas nin propiedades. / Sin datos personales. Perímetros de áreas quemadas cartografiadas por satélite (MODIS); no identifican personas ni propiedades.
Poboación estacional dos concellos (carga de poboación por trimestre)
Territorio Colección CC BY-SA 4.0
- Operador
- Instituto Galego de Estatística (IGE)
- Fonte orixinal
- https://www.ige.gal/igebdt/igeapi/csv/datos/9043/0:202413:202414:202415:202416:202513:202514
- Licenza
- https://www.ige.gal/web/avisolegal.jsp
«Está prohibido desnaturalizar o sentido da información»
Como indicadores-concellos: aviso legal do IGE (reutilización citando «Fonte: IGE»), colección CC BY-SA 4.0 (ADR 0005), condicións da API (non modificar os datos; o valor orixinal vai xunto á comparación propia). Táboas 9043 (carga, residentes, entrada, saída e taxa) e 9046 (compoñentes: turismo, segundas vivendas, estudos, traballo e saúde) da actividade «Carga de poboación estacional dos concellos de Galicia». Ano de referencia da serie: 2025, provisional (decidido o 1/11/2026); hoxe só hai os trimestres I e II, e o IGE publica o ano a en a+2. Vai tamén 2024, último ano definitivo, identificado. É unha estimación con modelos, non un reconto (metodoloxía en datos/fontes/ige-poboacion-estacional).
Licenza verificada o 2026-11-01 - Atribución
- Fonte: IGE, Carga de poboación estacional dos concellos de Galicia (táboas 9043 e 9046; 2025 provisional). Comparación con Galicia: cálculo propio da Fundación Galicia Sustentable. Este produto emprega a API de datos do Instituto Galego de Estatística (IGE), pero non está certificado ou aprobado polo IGE.
- Frecuencia declarada
- P30D
- Privacidade e notas
- Estimacións estatísticas agregadas por concello; ningún dato persoal.
Un século de poboación nos concellos (censos 1900–2021)
Territorio Base ODbL
- Operador
- Instituto Nacional de Estadística (INE)
- Fonte orixinal
- https://www.ine.es/intercensal/
- Licenza
- CC-BY-4.0
«La licencia de uso general a aplicar a la información estadística de este sitio web, salvo que se indique lo contrario, es la Creative Commons Reconocimiento 4.0 (CC BY 4.0)»
INE, «Alteraciones de los municipios en los Censos de Población desde 1842»: poboación de dereito de cada municipio nos censos de 1900 a 1991 e residente de 2001 a 2021. Sen descarga masiva: unha consulta por código (~470, con pausa). Cálculo propio da Fundación Galicia Sustentable para levar a serie aos 313 concellos de hoxe a partir das notas do INE: os municipios absorbidos, fusionados (Oza-Cesuras 2013, Cerdedo-Cotobade 2016) ou renomeados con código novo (Neira de Xusá → Baralla) súmanse ao concello actual; os concellos segregados despois de 1900 (Rábade, Negueira de Muñiz, Ribeira de Piquín, Mondariz-Balneario, Pontecesures, Cariño, Burela, A Illa de Arousa) forman unha unidade comparable co concello do que saíron, porque antes da segregación a súa xente está no censo do matriz. Os cambios parciais de termo entre concellos que seguen existindo non se poden corrixir. A poboación de dereito dos primeiros censos conta como residentes moitos emigrantes ausentes. Verificación en datos/fontes/ine-censos-historicos. Cita esixida: «Elaboración propia con datos extraídos del sitio web del INE: www.ine.es».
Licenza verificada o 2026-10-24 - Atribución
- Elaboración propia con datos extraídos del sitio web del INE: www.ine.es (Alteraciones de los municipios en los Censos de Población desde 1842). Harmonización aos concellos actuais: cálculo propio da Fundación Galicia Sustentable.
- Frecuencia declarada
- static
- Privacidade e notas
- Cifras de poboación agregadas por municipio e censo; ningún dato persoal.
Praias
Auga e mar Colección CC BY-SA 4.0
- Operador
- Xunta de Galicia (Instituto de Estudos do Territorio / IDEG)
- Fonte orixinal
- https://ideg.xunta.gal/servizos/rest/services/CubertaTerrestre/Clasificacion_PRAIAS/MapServer/0
- Licenza
- CC-BY-SA-4.0
Dobre licenza (ADR 0005): IET «compatible con CC BY 4.0» / abertos.xunta.gal CC BY-SA 4.0; aplícase a máis restritiva ata confirmación escrita. 987 praias costeiras (A Coruña, Lugo e Pontevedra) nunha soa páxina (maxRecordCount 1000). Sen bandeira azul: o campo B_AZUL do servizo non di de que ano é, e a lista de 2026 de abertos.xunta.gal (PraiasBandeiraAzul_2026.csv, 126 filas, 8 baleiras) non casa ben por posición co servizo (29 de 118 casaban con outra praia; as praias fluviais non están nesta capa). A clasificación natural/urbana é a da fonte; 42 urbanas levan «URBANA *» sen explicación. Praias partidas en tramos aparecen unha vez por tramo.
Licenza verificada o 2026-11-01 - Atribución
- © Instituto de Estudos do Territorio. Xunta de Galicia
- Frecuencia declarada
- static · static
- Privacidade e notas
- Situación e nome das praias; ningún dato persoal.
Pulso do bus (todos os autobuses da Xunta dun día)
Mobilidade Colección CC BY-SA 4.0
- Operador
- Xunta de Galicia (publicado no Punto de Acceso Nacional do MITRAMS)
- Fonte orixinal
- https://nap.transportes.gob.es/api/Fichero/download/1584
- Licenza
- https://nap.transportes.gob.es/licencia-datos
«para fines comerciales y no comerciales»
O mesmo GTFS e a mesma licenza ca buses-xunta (licenza de datos abertos do MITRAMS; a web debe amosar «Powered by MITRAMS»): colección CC BY-SA 4.0, fóra da base ODbL e nun ficheiro separado do tren (Renfe, base ODbL). Cálculo propio da Fundación Galicia Sustentable: cada viaxe que circula o día laborable de referencia (primeiro mércores desde a descarga) e o domingo seguinte, como a liña recta entre as súas paradas coa hora programada en cada unha. Non é a posición real dos autobuses nin o percorrido exacto.
Licenza verificada o 2026-10-25 - Atribución
- Fonte: Xunta de Galicia, vía Punto de Acceso Nacional (MITRAMS). Powered by MITRAMS. Traxectorias: cálculo propio da Fundación Galicia Sustentable.
- Frecuencia declarada
- P1D
- Privacidade e notas
- Horarios da rede pública de autobuses; ningún dato persoal. Liñas rectas entre paradas e horas programadas, non reais. Recórtase ao bbox de Galicia con 0,1° de marxe.
Pulso do tren (todos os trens dun día)
Mobilidade Base ODbL
- Operador
- Renfe Operadora
- Fonte orixinal
- https://ssl.renfe.com/gtransit/Fichero_AV_LD/google_transit.zip
- Licenza
- CC-BY-4.0
«para fines comerciales y no comerciales»
O mesmo GTFS estático ca estacions-tren: AV/LD/MD (google_transit.zip) e Cercanías e ancho métrico (fomento_transit.zip, conxunto «horarios-cercanias» de data.renfe.com, CC BY 4.0). Cálculo propio da Fundación Galicia Sustentable: cada viaxe que circula o día laborable de referencia (primeiro mércores desde a descarga) e o domingo seguinte, como a liña recta entre as súas paradas coa hora en cada unha. Non é a posición real dos trens nin o trazado da vía. Só a parte da viaxe dentro de Galicia (bbox con 0,05° de marxe).
Licenza verificada o 2026-10-25 - Atribución
- Origen de los datos: Renfe Operadora. Traxectorias: cálculo propio da Fundación Galicia Sustentable.
- Frecuencia declarada
- P1D
- Privacidade e notas
- Horarios do servizo público; ningún dato persoal. As liñas son rectas entre paradas e as horas son as programadas, non as reais.
Puntos limpos
Servizos Colección CC BY-SA 4.0
- Operador
- Xunta de Galicia — Consellería de Medio Ambiente
- Fonte orixinal
- https://abertos.xunta.gal/catalogo/administracion-publica/-/dataset/0303/puntos-limpos
- Licenza
- CC-BY-SA-4.0
«Creative Commons BY SA 4.0»
Licenza indicada na ficha do conxunto 0303 en abertos.xunta.gal (CC BY-SA 4.0). Compatibilidade coa ODbL en dúbida: colección CC BY-SA (ADR 0005). Ficheiro único https://ficheiros-web.xunta.gal/abertos/puntos_limpos/Puntos_limpos.csv (151 puntos, Windows-1252, «lat,lon» nunha columna) con Last-Modified (19/03/2025): os horarios poden estar desfasados. Todos figuran como construídos; non di se están abertos. Algúns concellos da fonte son anteriores ás fusións (Cerdedo, Oza dos Ríos) e lévanse ao concello actual.
Licenza verificada o 2026-11-01 - Atribución
- Xunta de Galicia. Consellería de Medio Ambiente, puntos limpos (abertos.xunta.gal, conxunto 0303)
- Frecuencia declarada
- static · static
- Privacidade e notas
- Non se publican os teléfonos (algúns son móbiles), a empresa xestora nin o custo da obra. Si o horario de apertura, que é información pública do servizo.
Puntos de recarga de vehículos eléctricos
Mobilidade Base ODbL
- Operador
- MITERD, publicado no Punto de Acceso Nacional de Tráfico (DGT)
- Fonte orixinal
- https://nap.dgt.es/datex2/v3/miterd/EnergyInfrastructureTablePublication/electrolineras.xml
- Licenza
- https://nap.dgt.es/es/dataset/puntos-de-recarga-electrica-para-vehiculos
«Licencia: Creative Commons Attribution»
A ficha do conxunto no NAP declara «Creative Commons Attribution» sen indicar a versión.
Licenza verificada o 2026-10-24 - Atribución
- Fonte: MITERD vía Punto de Acceso Nacional de Tráfico (DGT)
- Frecuencia declarada
- P1D
- Privacidade e notas
- Sen datos persoais: localizacións de recarga, operador e características técnicas. A fonte non publica ocupación nin prezos. Algúns operadores son pequenas empresas (concesionarios, hoteis); publícase só o nome comercial que figura no rexistro público.
Raios (últimas 24 horas)
Tempo e aire Colección CC BY-SA 4.0
- Operador
- MeteoGalicia (Consellería de Medio Ambiente, Xunta de Galicia)
- Fonte orixinal
- https://servizos.meteogalicia.gal/mgrss/observacion/jsonRaios.action
- Licenza
- CC-BY-SA-4.0
«utilizada libremente… co único compromiso de mencionar expresamente a MeteoGalicia»
Dobre licenza: aviso legal de MeteoGalicia (atribución) e posible CC BY-SA en abertos.xunta.gal. Aplícase a máis restritiva (ADR 0005) ata confirmación por escrito.
Licenza verificada o 2026-10-24 - Atribución
- Datos: MeteoGalicia (Xunta de Galicia)
- Frecuencia declarada
- PT10M
- Privacidade e notas
- Sen datos persoais: descargas eléctricas detectadas pola rede de MeteoGalicia. Só os raios das últimas 24 horas dentro de Galicia (marxe de 0,1°). Unha soa petición por execución. / Sin datos personales: descargas detectadas por la red de MeteoGalicia en las últimas 24 horas dentro de Galicia.
Raios dos últimos doce meses
Tempo e aire Colección CC BY-SA 4.0
- Operador
- MeteoGalicia (Consellería de Medio Ambiente, Xunta de Galicia)
- Fonte orixinal
- https://servizos.meteogalicia.gal/mgrss/observacion/jsonRaios.action
- Licenza
- CC-BY-SA-4.0
«utilizada libremente… co único compromiso de mencionar expresamente a MeteoGalicia»
O mesmo servizo e a mesma licenza ca a capa raios (dobre declaración, aplícase a máis restritiva, ADR 0005). Histórico aberto sen chave desde 2010 en xanelas de ata 7 días (datos/fontes/raios-historico). Doce meses enteiros anteriores ao mes en curso, en hora oficial de Galicia, dentro da caixa de Galicia con 0,1° de marxe (inclúe mar e bordos de Asturias, León, Zamora e Portugal). A documentación non di se a rede conta descargas entre nubes.
Licenza verificada o 2026-10-24 - Atribución
- Datos: MeteoGalicia (Xunta de Galicia)
- Frecuencia declarada
- P30D
- Privacidade e notas
- Descargas eléctricas detectadas pola rede de MeteoGalicia; ningún dato persoal.
Rede Natura 2000
Territorio Base ODbL
- Operador
- Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico (Banco de Datos de la Naturaleza)
- Fonte orixinal
- https://geoserver.iepnb.es/geoserver/RN2000/ows
- Licenza
- https://www.miteco.gob.es/es/atencion-al-ciudadano/aviso-legal.html
«puede ser utilizada… siempre que se cite la fuente»
Aviso legal do MITECO: reutilización citando a fonte. WFS do IEPNB, última edición con ano no nome da capa (hoxe RN2000:rn2000_2024; a descarga oficial n2000_2025 aínda non está no WFS). Filtro no servidor ids_ccaa_filtro LIKE '%11%' (76 espazos, comprobado o 18/10/2026) e revisión no adaptador. Inclúe espazos mariños compartidos coa AGE (11,90) e con Asturias (11,12), algúns lonxe da costa (Banco de Galicia). Sen listas de especies nin hábitats; coordenadas redondeadas a 5 decimais (≈ 21 MB en GeoJSON, convén PMTiles). O respaldo oficial do geoserver do IEPNB para reutilización non está verificado.
Licenza verificada o 2026-10-18 - Atribución
- Fuente: MITECO, Banco de Datos de la Naturaleza
- Frecuencia declarada
- P365D · static
- Privacidade e notas
- Límites de espazos protexidos; ningún dato persoal.
Galicia desde o satélite, mes a mes
Territorio Base ODbL
- Operador
- Comisión Europea e ESA (Copernicus Sentinel-2)
- Fonte orixinal
- https://earth-search.aws.element84.com/v1/collections/sentinel-2-l2a
- Licenza
- https://ewds.climate.copernicus.eu/licences/ec-sentinel
«users shall have a free, full and open access to Copernicus Sentinel Data»
Aviso legal dos datos Copernicus Sentinel (rev. 1). Se se modifican, a nota é «Contains modified Copernicus Sentinel data [Year]», que a interface dá en galego co ano do mes que se mostra. A colección do catálogo de Earth Search (Element84) enlaza o mesmo aviso legal da ESA. Escenas Sentinel-2 L2A en COG públicos de AWS Open Data (sentinel-cogs), sen conta. Mapas Galicia Sustentable fai a composición mensual (mediana sen nubes) e serve as teselas desde o seu propio servidor. A imaxe recórtase co contorno de Galicia do IGN (WFS INSPIRE de unidades administrativas, «CC BY 4.0 ign.es», en pipeline/satelite/galicia-ign.geojson), non cos polígonos do IET, para que a capa siga na colección ODbL.
Licenza verificada o 2026-11-01 - Atribución
- Contén datos Copernicus Sentinel modificados 2026 · Contorno de Galicia © IGN (CC BY 4.0)
- Frecuencia declarada
- P5D · P30D
- Privacidade e notas
- Imaxe de satélite a 20 m por píxel; non se distinguen persoas nin vehículos.
Un século en movemento (poboación por censo e lugares habitados)
Territorio Colección CC BY-SA 4.0
- Operador
- Fundación Galicia Sustentable (cálculo propio con datos do INE e o IET)
- Fonte orixinal
- https://www.ine.es/intercensal/
- Licenza
- CC-BY-SA-4.0
«Creative Commons BY SA 4.0»
Capa derivada sen descarga externa: poboación de cada censo de 1900 a 2021 (poboacion-seculo, INE, CC BY 4.0, harmonizada aos 313 concellos), un punto por concello (centroide do seu polígono maior, galicia-deformada) e ata 24 lugares onde vive a xente hoxe (entidades-poboacion, IET, CC BY-SA 4.0; os de máis poboación), que serven de ancoraxe para os puntos da páxina. Os lugares son os de hoxe: en 1900 a xente dun concello repartíase doutra maneira dentro del.
Licenza verificada o 2026-11-04 - Atribución
- Elaboración propia con datos extraídos del sitio web del INE: www.ine.es (censos 1900–2021). Lugares: © Instituto de Estudos do Territorio. Xunta de Galicia (PBA). Cálculos: Fundación Galicia Sustentable.
- Frecuencia declarada
- static
- Privacidade e notas
- Poboación agregada por concello e censo; ningún dato persoal.
Sendas e itinerarios da paisaxe
Territorio Colección CC BY-SA 4.0
- Operador
- Xunta de Galicia (Instituto de Estudos do Territorio / IDEG)
- Fonte orixinal
- https://ideg.xunta.gal/servizos/rest/services/sendas
- Licenza
- CC-BY-SA-4.0
Dobre licenza (ADR 0005): IET «compatible con CC BY 4.0» / abertos.xunta.gal CC BY-SA 4.0; aplícase a máis restritiva ata confirmación escrita. Dous servizos ArcGIS REST: sendas/sendas/MapServer/0 (266 itinerarios de interese paisaxístico: 25 panorámicos, 38 patrimoniais, 38 patrimoniais BIC, 109 naturais e 56 da Senda Litoral dos faros) e sendas/Camiño_do_Litoral/MapServer/0 (52 etapas, ~1.370 km). Liñas xeneralizadas no servidor con maxAllowableOffset = 0,0001° (≈ 10 m). A lonxitude é a que dá a fonte (LONXITUDE ou KM) e ás veces non coincide co trazado. Non se publican a pendente media (AVG_SLOPE, sen unidade indicada) nin as fichas PDF e fotos (só nomes de ficheiro, sen enderezo verificado).
Licenza verificada o 2026-11-01 - Atribución
- © Instituto de Estudos do Territorio. Xunta de Galicia
- Frecuencia declarada
- static · static
- Privacidade e notas
- Trazados de rutas a pé; ningún dato persoal.
Terremotos recentes (30 días)
Territorio Base ODbL
- Operador
- EMSC-CSEM (con solucións do Instituto Geográfico Nacional)
- Fonte orixinal
- https://www.seismicportal.eu/fdsnws/event/1/query?minlatitude=41.5&maxlatitude=44.5&minlongitude=-10.5&maxlongitude=-6.5&format=json&limit=500
- Licenza
- CC-BY-4.0
«provided under the Creative Commons Attribution 4.0 International (CC BY 4.0) license»
Os termos prohiben a copia masiva da base de datos sen permiso escrito: a capa só garda a xanela móbil dos últimos 30 días e non constrúe un arquivo histórico. Antes de gardar un histórico hai que consultar a EMSC.
Licenza verificada o 2026-10-24 - Atribución
- EMSC-CSEM / Instituto Geográfico Nacional (solucións IGN)
- Frecuencia declarada
- PT10M · PT10M
- Privacidade e notas
- Sen datos persoais: epicentros de terremotos. As magnitudes e localizacións revísanse co tempo (campo actualizado); unha profundidade de 0 km adoita ser unha profundidade fixada polo cálculo, non medida (profundidade_fixada). Inclúe o mar e a raia próximos a Galicia. / Sin datos personales: epicentros de terremotos. Las magnitudes y localizaciones se revisan con el tiempo; una profundidad de 0 km suele ser fijada por el cálculo, no medida.
Temperaturas máximas diarias do último ano (estacións de MeteoGalicia)
Tempo e aire Colección CC BY-SA 4.0
- Operador
- MeteoGalicia (Xunta de Galicia)
- Fonte orixinal
- https://servizos.meteogalicia.gal/mgrss/observacion/datosDiariosEstacionsMeteo.action
- Licenza
- https://www.meteogalicia.gal/web/aviso-legal
«poida ser utilizada libremente por eles, co único compromiso de mencionar expresamente a MeteoGalicia e á Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático»
Mesma fonte e licenza ca as outras capas de MeteoGalicia (colección CC BY-SA 4.0, ADR 0005). Temperatura máxima diaria a 1,5 m (TA_MAX_1.5m) de todas as estacións, último ano natural completo, só valores validados (código 1). Posición e altitude de estacions-meteo; para estacións que xa non están nela, as coordenadas UTM 29N da propia resposta e a altura do MDT de 1000 m do IGN (CC BY 4.0), que tamén dá a altura de cada cela da grella de debuxo (recortada co contorno de Galicia do IGN). A superficie da páxina é cálculo propio: interpolación polo inverso da distancia cun gradiente térmico estándar de 6,5 °C por km.
Licenza verificada o 2026-11-04 - Atribución
- Fonte: MeteoGalicia e Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático (Xunta de Galicia), datos diarios das estacións. Alturas: © Instituto Geográfico Nacional (MDT 1000 m, CC BY 4.0). Superficie interpolada: Fundación Galicia Sustentable.
- Frecuencia declarada
- P365D
- Privacidade e notas
- Medidas de estacións meteorolóxicas; ningún dato persoal.
Balizas V16 activas agora
Mobilidade Base ODbL
- Operador
- Dirección General de Tráfico (DGT 3.0), Punto de Acceso Nacional de Tráfico
- Fonte orixinal
- https://nap.dgt.es/datex2/v3/dgt/SituationPublication/datex2_v37.xml
- Licenza
- https://nap.dgt.es/es/dataset/incidencias-dgt-datex2-v3-7
«Licencia Creative Commons Attribution»
Mesmo conxunto ca trafico-incidencias: CC BY na ficha do NAP e «Términos de Uso» que remiten ao aviso legal da DGT (https://www.dgt.es/contenido/aviso-legal/). Queda pendente pedir confirmación por escrito a nap@dgt.es.
Licenza verificada o 2026-10-25 - Atribución
- Fonte: DGT, Punto de Acceso Nacional de Tráfico
- Frecuencia declarada
- PT1M · PT2M
- Privacidade e notas
- Unha baliza V16 sinala un vehículo particular detido na estrada. Só en directo: nunca se publica nin se garda o identificador V16_ nin ningún hash derivado. O id de cada punto é a súa orde nesta descarga (1..n, por estrada e quilómetro), polo que non permite seguir un dispositivo entre descargas. A hora de inicio redondéase a 5 minutos, as coordenadas a 4 decimais (uns 10 m) e o punto quilométrico a 100 m. Sen histórico: só o ficheiro actual.
Incidencias de tráfico
Mobilidade Base ODbL
- Operador
- Dirección General de Tráfico (DGT), Punto de Acceso Nacional de Tráfico
- Fonte orixinal
- https://nap.dgt.es/datex2/v3/dgt/SituationPublication/datex2_v37.xml
- Licenza
- https://nap.dgt.es/es/dataset/incidencias-dgt-datex2-v3-7
«Licencia Creative Commons Attribution»
A ficha do conxunto no NAP declara «Creative Commons Attribution» sen versión, pero os «Términos de Uso» da mesma ficha remiten ao aviso legal da DGT (https://www.dgt.es/contenido/aviso-legal/). Publícase na colección ODbL por decisión da FGS; queda pendente pedir confirmación por escrito a nap@dgt.es.
Licenza verificada o 2026-10-25 - Atribución
- Fonte: DGT, Punto de Acceso Nacional de Tráfico
- Frecuencia declarada
- PT1M · PT2M
- Privacidade e notas
- Incidencias publicadas pola DGT (obras, accidentes, obstáculos, restricións). Non se publican referencias internas. Exclúense os rexistros de balizas V16 conectadas (referencia V16_), que van na capa trafico-balizas-v16 con regras propias. Os avisos de vehículo avariado doutras fontes (112, DGT 3.0) non levan identificador de vehículo.
Cabinas de radar fixo e tramos de velocidade media
Mobilidade Base ODbL
- Operador
- Dirección General de Tráfico (DGT), Punto de Acceso Nacional de Tráfico
- Fonte orixinal
- https://nap.dgt.es/datex2/dgt/PredefinedLocationsPublication/radares/content.xml
- Licenza
- https://nap.dgt.es/es/dataset/radares-fijos-dgt
«Licencia Creative Commons Attribution»
A ficha do conxunto no NAP declara «Creative Commons Attribution» sen versión, pero os «Términos de Uso» remiten ao aviso legal da DGT (https://www.dgt.es/contenido/aviso-legal/). Publícase na colección ODbL por decisión da FGS; queda pendente pedir confirmación por escrito a nap@dgt.es. Unha cabina non quere dicir radar activo. Sen radares municipais nin móbiles. Os tramos debúxanse como liña recta entre os extremos, non co trazado da estrada.
Licenza verificada o 2026-10-25 - Atribución
- Fonte: DGT, Punto de Acceso Nacional de Tráfico
- Frecuencia declarada
- PT1H · static
- Privacidade e notas
- Localizacións de infraestrutura viaria; ningún dato persoal.
Trens en circulación
Mobilidade Base ODbL
- Operador
- Renfe Operadora
- Fonte orixinal
- https://gtfsrt.renfe.com/vehicle_positions_LD.json
- Licenza
- CC-BY-4.0
«para fines comerciales y no comerciales»
GTFS-RT de posicións: AV/LD/MD (vehicle_positions_LD.json) e Cercanías (vehicle_positions.json, que inclúe a rede de Ferrol).
Licenza verificada o 2026-10-18 - Atribución
- Origen de los datos: Renfe Operadora
- Frecuencia declarada
- PT15M
- Privacidade e notas
- Só posicións de trens de servizo público; ningún dato persoal. As posicións chegan coa demora propia da fonte: Renfe publícaas con ata 15 minutos de atraso. Non engadimos atraso propio; o aviso de 15 min describe o atraso da fonte.
Vento previsto (WRF de MeteoGalicia)
Tempo e aire Colección CC BY-SA 4.0
- Operador
- MeteoGalicia (Xunta de Galicia)
- Fonte orixinal
- https://thredds.meteogalicia.gal/thredds/catalog/wrf_2d_04km/fmrc/files/catalog.xml
- Licenza
- https://www.meteogalicia.gal/web/aviso-legal
«poida ser utilizada libremente por eles, co único compromiso de mencionar expresamente a MeteoGalicia e á Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático»
Mesma fonte e licenza ca estacions-meteo, meteo-dia e meteo-24h (colección CC BY-SA 4.0, ADR 0005). Modelo WRF de MeteoGalicia a 4 km (dominio d03, 117 × 126 puntos en Lambert conforme), dúas execucións ao día (00 e 12 UTC) con 96 horas; vento a 10 m (u cara ao leste, v cara ao norte) por OPeNDAP ASCII. Cálculo propio: cada 3 horas ata 72, remostraxe a unha malla regular de 0,03° (140 × 90) sobre Galicia e o seu mar (media ponderada polo inverso da distancia dos 4 puntos do modelo máis próximos) e cuantización a 0,25 m/s.
Licenza verificada o 2026-11-04 - Atribución
- Fonte: MeteoGalicia e Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático (Xunta de Galicia), predición do modelo WRF. Remostraxe: Fundación Galicia Sustentable.
- Frecuencia declarada
- PT12H
- Privacidade e notas
- Predición meteorolóxica nunha malla; ningún dato persoal.
Vivendas de uso turístico por concello
Territorio Colección CC BY-SA 4.0
- Operador
- Turismo de Galicia (Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas, REAT)
- Fonte orixinal
- https://descargascdn.xunta.gal/interno/smarxa/reat_directorio-alojamientos_esp.csv
- Licenza
- CC-BY-SA-4.0
«<dct:license rdf:resource="https://creativecommons.org/licenses/by-sa/4.0/deed.gl">»
REAT: licenza declarada no RDF do conxunto 0022 de abertos.xunta.gal (dct:license CC BY-SA 4.0). Compatibilidade con ODbL en dúbida: colección CC BY-SA 4.0 (ADR 0005). Poboación: IGE, táboa 1558, mesma API e mesmas condicións ca indicadores-concellos (aviso legal do IGE, https://www.ige.gal/web/avisolegal.jsp, reutilización citando «Fonte: IGE»; non modificar os datos: a poboación publícase co valor orixinal). O CSV do REAT descárgase da ligazón directa (<a href>) da páxina do Área de Estudos e Investigación de Turismo de Galicia; a ruta é fixa (comprobado o 24/10/2026).
Licenza verificada o 2026-10-24 - Atribución
- Fonte: Turismo de Galicia, Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas (REAT), CC BY-SA 4.0. Poboación: IGE: https://www.ige.gal. Contas por concello, taxas e comparacións con Galicia: cálculo propio da Fundación Galicia Sustentable. Este produto emprega a API de datos do Instituto Galego de Estatística (IGE), pero non está certificado ou aprobado polo IGE.
- Frecuencia declarada
- P30D
- Privacidade e notas
- As vivendas de uso turístico son domicilios particulares: só se publica o seu número e as súas prazas por concello, nunca a súa situación, nome, enderezo nin contacto. O ficheiro orixinal non trae coordenadas para case ningunha.
Vivendas de uso turístico por concello, mes a mes
Territorio Colección CC BY-SA 4.0
- Operador
- Turismo de Galicia (Xunta de Galicia)
- Fonte orixinal
- https://descargascdn.xunta.gal/interno/smarxa/REAT_Serie_Mensual.csv
- Licenza
- CC-BY-SA-4.0
«Creative Commons BY SA 4.0»
Conxunto 0022 de abertos.xunta.gal (REAT), que leva á páxina do AEI onde está a serie mensual; o mesmo razoamento ca vut-concello. Stock mensual de vivendas de uso turístico por concello desde 2017M06 (as dúas copias antigas do directorio no Internet Archive dan o mesmo número da serie). Conta inscricións, non vivendas alugadas. Valor do mapa: VUT por 1.000 habitantes do censo de 2021 (poboacion-seculo, INE), un denominador fixo (cálculo propio). Verificación en datos/fontes/vut-historico.
Licenza verificada o 2026-11-01 - Atribución
- Fonte: Turismo de Galicia, Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas (REAT), serie mensual, CC BY-SA 4.0. Poboación: INE, censo de 2021. Cálculo propio da Fundación Galicia Sustentable.
- Frecuencia declarada
- P30D
- Privacidade e notas
- Contas mensuais por concello; ningún enderezo nin titular (unha VUT é un domicilio, por iso só se publica agregado).
Zonas de baño oficiais
Auga e mar Colección CC BY-SA 4.0
- Operador
- Xunta de Galicia — Augas de Galicia (Plan hidrolóxico Galicia-Costa 2021–2027), servizo no IDEG
- Fonte orixinal
- https://ideg.xunta.gal/servizos/rest/services/IDE_DHGC/PHGC2021_2027_ZProtex_NEuropeo/MapServer/4
- Licenza
- CC-BY-SA-4.0
Aviso legal de Augas de Galicia (reutilización libre, comercial ou non, citando a fonte e sen desnaturalizar) e do IET para o IDEG («compatible con CC- BY 4.0 INT»). Sen confirmación escrita, aplícase a máis restritiva (ADR 0005): colección CC BY-SA. Zonas de baño do censo oficial (Náiade) na demarcación Galicia-Costa: 458 no servizo, 16 delas con data de baixa (non se publican). O Miño-Sil (CHMS) non está. A subcapa responde a `query` sen xeometría; as formas lense coa operación estándar `find` e compróbase que dá tantas como o reconto de `query`. Polígonos xeneralizados no servidor (0,0002°, ≈ 20 m). Só xeometría: a calidade da auga de cada tempada está nunha páxina HTML do SERGAS, sen feed. Nomes do censo en castelán, como os dá a fonte.
Licenza verificada o 2026-11-01 - Atribución
- Augas de Galicia. Plan hidrolóxico Galicia-Costa 2021–2027. Xunta de Galicia
- Frecuencia declarada
- static · static
- Privacidade e notas
- Límites das zonas de baño; ningún dato persoal.
Zonas de produción de moluscos e polígonos de bateas
Auga e mar Colección CC BY-SA 4.0
- Operador
- Xunta de Galicia — Augas de Galicia (Plan hidrolóxico Galicia-Costa 2021–2027), servizo no IDEG
- Fonte orixinal
- https://ideg.xunta.gal/servizos/rest/services/IDE_DHGC/PHGC2021_2027_ZProtex_NEuropeo/MapServer
- Licenza
- CC-BY-SA-4.0
Aviso legal de Augas de Galicia (reutilización con cita e sen desnaturalizar) e do IET para o IDEG («compatible con CC- BY 4.0 INT»); sen confirmación escrita, aplícase a máis restritiva (ADR 0005): colección CC BY-SA. Subcapas 2 (84 zonas de produción) e 1 (71 polígonos de bateas) do rexistro de zonas protexidas do plan. Responden a `query` sen xeometría; as formas lense con `find` e compróbase o reconto. Xeneralización no servidor: zonas 0,0003° (≈ 30 m), bateas 0,0001° (≈ 10 m). Coidado: a clase A/B/C e o estado (estable, provisional, estacional) son os do plan 2021–2027, non a clasificación vixente nin o estado diario aberto/pechado, que publican a Consellería do Mar e o Intecmar (fonte intecmar-zonas, pendente de licenza). 15 polígonos de bateas non teñen clase e algúns levan só «GAL» como código.
Licenza verificada o 2026-11-01 - Atribución
- Augas de Galicia. Plan hidrolóxico Galicia-Costa 2021–2027. Xunta de Galicia
- Frecuencia declarada
- static · static
- Privacidade e notas
- Límites de zonas marisqueiras e de polígonos de bateas; ningún dato persoal.
OpenStreetMap
Mapa base: © colaboradores de OpenStreetMap (ODbL), xerado con Protomaps. Tipografía dos rótulos: Noto Sans (SIL OFL).