mapas galicia sustentable datos abiertos de Galicia

Fuentes y licencias

Todas las capas proceden de fuentes abiertas con una licencia comprobada. Cada capa nombra al operador original, la licencia y la atribución que pide.

Publicamos dos colecciones. La base de datos derivada va bajo ODbL 1.0. Las capas de la Xunta con dos declaraciones de licencia contradictorias van aparte, bajo CC BY-SA 4.0, la más restrictiva de las dos, hasta que la Xunta confirme otra cosa.

Informe completo de verificación de las fuentes · docs/licences.md

Aeropuertos, aeródromos y helipuertos

Movilidad Base ODbL

Operador
OurAirports (comunidade); pasaxeiros de Eurostat
Fuente original
https://davidmegginson.github.io/ourairports-data/airports.csv
Licencia
https://ourairports.com/data/
«All data is released to the Public Domain»

Localizacións e características: OurAirports, dominio público. Pasaxeiros mensuais: Eurostat, conxunto avia_paoa, reutilización autorizada recoñecendo a fonte (https://ec.europa.eu/eurostat/help/copyright-notice, «authorised provided the source is acknowledged»). Datos de OurAirports editados pola comunidade, sen garantía de exactitude.

Licencia verificada el 2026-10-24
Atribución
OurAirports (dominio público); pasaxeiros: Eurostat (avia_paoa)
Frecuencia declarada
P1D
Privacidad y notas
Sen datos persoais: instalacións aeronáuticas (inclúe heliportos de hospitais e bases contra incendios, que son instalacións públicas) e totais mensuais de pasaxeiros por aeroporto. Exclúense os rexistros marcados como pechados.

Calidad del aire de las últimas 24 horas, hora a hora

Tiempo y aire Colección CC BY-SA 4.0

Operador
Rede de Calidade do Aire de Galicia (MeteoGalicia, Consellería de Medio Ambiente)
Fuente original
https://servizos.meteogalicia.gal/mgrss/caire/jsonEvolucionIcaEstacion.action
Licencia
https://abertos.xunta.gal/condicions-de-uso
«utilizada libremente… co único compromiso de mencionar expresamente a MeteoGalicia»

Mesma fonte e licenzas ca calidade-aire (abertos.xunta.gal conxunto 0055, CC BY-SA 4.0, e aviso legal de MeteoGalicia): colección CC BY-SA 4.0 (ADR 0005). Servizo documentado na IT/052 de MeteoGalicia (jsonEvolucionIcaEstacion): índice de calidade do aire (ICA) e valor de cada contaminante nas últimas ~34 horas por estación (comprobado o 1/11/2026, 46 estacións con índice). Unha petición por estación, con pausa. Datos en tempo real sen validar (marca T).

Licencia verificada el 2026-10-18
Atribución
Fonte: Rede de Calidade do Aire de Galicia (MeteoGalicia, Xunta de Galicia). Datos en tempo real sen validar.
Frecuencia declarada
PT1H
Privacidad y notas
Medidas de estacións de calidade do aire; ningún dato persoal.

Aldeas vacías (entidades sin habitantes desde 2000)

Territorio Colección CC BY-SA 4.0

Operador
Instituto Nacional de Estadística (INE)
Fuente original
https://www.ine.es/nomen_files/nacional/es/Nacional_2025.zip
Licencia
CC-BY-SA-4.0
«La licencia de uso general a aplicar a la información estadística de este sitio web, salvo que se indique lo contrario, es la Creative Commons Reconocimiento 4.0 (CC BY 4.0)»

Poboación de cada entidade singular no Nomenclátor do INE (Padrón continuo por unidade poboacional a 1 de xaneiro; desde 2024, a partir do Censo anual), CC BY 4.0, un ZIP nacional por ano desde 2000 con texto de ancho fixo. Posicións das entidades: puntos do IET (entidades-poboacion, CC BY-SA 4.0) polo mesmo código de 11 cifras ou, se non o hai, polo mesmo nome no mesmo concello; por iso a capa vai na colección CC BY-SA 4.0. Cálculo propio da Fundación Galicia Sustentable: os anos en que cada entidade estivo a 0, o ano en que quedou baleira por última vez, se volveu ter xente e a continuidade das entidades de Oza-Cesuras e Cerdedo-Cotobade (polo nome nos concellos de antes da fusión). Só as entidades do último Nomenclátor: as que desapareceron del non contan nas series. Cita esixida: «Elaboración propia con datos extraídos del sitio web del INE: www.ine.es».

Licencia verificada el 2026-11-03
Atribución
Elaboración propia con datos extraídos del sitio web del INE: www.ine.es (Nomenclátor: población del Padrón Continuo por unidad poblacional, 2000–2025). Posicións: © Instituto de Estudos do Territorio. Xunta de Galicia (PBA). Cálculos: Fundación Galicia Sustentable.
Frecuencia declarada
P365D
Privacidad y notas
Poboación agregada por entidade de poboación, como a publica o INE; ningún dato persoal. Unha entidade con 1 ou 2 habitantes identifica de feito unha casa: a páxina non mostra cifras por debaixo de 5 nin nomes de persoas, só se a entidade ten xente ou non.

Alojamientos turísticos registrados

Territorio Colección CC BY-SA 4.0

Operador
Turismo de Galicia (Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas, REAT)
Fuente original
https://descargascdn.xunta.gal/interno/smarxa/reat_directorio-alojamientos_esp.csv
Licencia
CC-BY-SA-4.0
«<dct:license rdf:resource="https://creativecommons.org/licenses/by-sa/4.0/deed.gl">»

Licenza declarada no RDF do conxunto 0022 de abertos.xunta.gal (Rexistro de empresas e actividades turísticas, dct:license CC BY-SA 4.0). Compatibilidade con ODbL en dúbida: colección CC BY-SA 4.0 (ADR 0005). O CSV descárgase da ligazón directa (<a href>) da páxina do Área de Estudos e Investigación de Turismo de Galicia; a ruta é fixa e non cambia co mes (comprobado o 24/10/2026), por iso vai escrita no código.

Licencia verificada el 2026-10-24
Atribución
Fonte: Turismo de Galicia, Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas (REAT), directorio de aloxamentos. CC BY-SA 4.0.
Frecuencia declarada
P30D
Privacidad y notas
Só establecementos inscritos como empresa turística (hoteis, pensións, apartamentos, turismo rural, albergues, cámpings e vivendas turísticas). As vivendas de uso turístico (VUT) son domicilios particulares e non se publican nunca como puntos: a capa vut-concello só dá o seu número por concello. Retíranse teléfono, correo electrónico e enderezo. O nome é a denominación comercial inscrita no rexistro público.

Atención en Wikipedia por ayuntamiento, día a día

Territorio Base ODbL

Operador
Wikimedia Foundation (Wikimedia Analytics API)
Fuente original
https://wikimedia.org/api/rest_v1/metrics/pageviews/per-article
Licencia
CC0-1.0
«Data provided by the API is available under the CC0 1.0 license»

Vistas diarias do artigo de cada concello na Wikipedia en galego e en castelán, axente `user` (Wikimedia retira os bots coñecidos e o tráfico automatizado que detecta), todos os accesos (web e app). Correspondencia concello ↔ artigo lida unha vez de Wikidata (P772, código INE) e gardada en artigos.json; só o título canónico, sen sumar redireccións. A política de acceso pide User-Agent identificable e esperar cada resposta antes da seguinte: unha petición tras outra (~630 ao día). Poboación: INE, censo de 2021 (poboacion-seculo, CC BY 4.0). O índice de picos e as vistas por 1.000 habitantes son cálculo propio. Non di onde está quen le nin quen é: é cantas veces se abriu a páxina.

Licencia verificada el 2026-11-01
Atribución
Fonte: Wikimedia Foundation, vistas de páxina (Wikimedia Analytics API, CC0), artigos da Wikipedia en galego e en castelán; correspondencia por Wikidata (CC0). Poboación: INE, censo de 2021. Índice de picos: cálculo propio da Fundación Galicia Sustentable.
Frecuencia declarada
P1D
Privacidad y notas
Contas diarias agregadas por Wikimedia para cada artigo; ningún dato de lectores (nin lugar, nin dispositivo, nin conta).

Avisos meteorológicos de AEMET

Tiempo y aire Base ODbL

Operador
Agencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET)
Fuente original
https://www.aemet.es/documentos_d/eltiempo/prediccion/avisos/rss/CAP_AFAC71_ATOM.xml
Licencia
https://www.aemet.es/es/nota_legal
«Autorizado el uso de la información y su reproducción citando a AEMET»

Nota legal da AEMET: reutilización citando a AEMET e a data de actualización; prohibido desnaturalizar a información. Os textos dos avisos publícanse tal como os dá a AEMET.

Licencia verificada el 2026-10-24
Atribución
© AEMET. Información elaborada pola Axencia Estatal de Meteoroloxía
Frecuencia declarada
PT10M
Privacidad y notas
Sen datos persoais: avisos oficiais por zona Meteoalerta (polígonos do propio CAP). Só avisos amarelos, laranxas e vermellos en vigor ou futuros; quítanse os verdes, os cancelados e os caducados. Ata 40 avisos CAP por execución. / Sin datos personales: avisos oficiales por zona Meteoalerta; solo amarillos, naranjas y rojos vigentes o futuros.

Avisos de MeteoGalicia por concello

Tiempo y aire Colección CC BY-SA 4.0

Operador
MeteoGalicia (Consellería de Medio Ambiente, Xunta de Galicia)
Fuente original
https://servizos.meteogalicia.gal/mgrss/predicion/adversos/jsonConcellosNivelMax.action
Licencia
CC-BY-SA-4.0
«utilizada libremente… co único compromiso de mencionar expresamente a MeteoGalicia»

Dobre licenza: aviso legal de MeteoGalicia (atribución) e posible CC BY-SA en abertos.xunta.gal. Aplícase a máis restritiva (ADR 0005) ata confirmación por escrito.

Licencia verificada el 2026-10-24
Atribución
Datos: MeteoGalicia (Xunta de Galicia)
Frecuencia declarada
PT10M
Privacidad y notas
Sen datos persoais: nivel máximo de aviso de hoxe en cada un dos 313 concellos. O código de concello de MeteoGalicia é o código INE de 5 cifras (comprobado cos 313 do IGE). O detalle (fenómenos e horas) pídese só cando algún concello ten aviso; ata dúas peticións por execución. Non inclúe os avisos costeiros da AEMET. / Sin datos personales: nivel máximo de aviso de hoy por concello; no incluye los avisos costeros de AEMET.

Bibliotecas

Servicios Colección CC BY-SA 4.0

Operador
Xunta de Galicia — Consellería de Cultura (Rede de Bibliotecas de Galicia)
Fuente original
https://abertos.xunta.gal/catalogo/cultura-ocio-deporte/-/dataset/0230/rede-bibliotecas-galicia
Licencia
CC-BY-SA-4.0
«Creative Commons BY SA 4.0»

Licenza indicada na ficha do conxunto 0230 en abertos.xunta.gal (CC BY-SA 4.0). Compatibilidade coa ODbL en dúbida: colección CC BY-SA (ADR 0005). Descarga https://directorio-rbgalicia.xunta.gal/download?file=/csv/DirectorioBibliotecasPublicasGalicia.csv (486 bibliotecas, UTF-8, xerado en cada petición, sen Last-Modified: hora de publicación non indicada). 303 públicas, 182 especializadas e a Biblioteca de Galicia; 91 de acceso restrinxido. Quedan fóra 15 sen as dúas coordenadas (bibliotecas móbiles e filas só coa latitude). Sen horarios.

Licencia verificada el 2026-11-01
Atribución
Xunta de Galicia. Consellería de Cultura, directorio da Rede de Bibliotecas de Galicia (abertos.xunta.gal, conxunto 0230)
Frecuencia declarada
P1D
Privacidad y notas
Non se publican o teléfono nin o correo. As titulares son todas institucións (concellos, universidades, colexios profesionais, fundacións, dioceses).

Bicicleta pública de Arteixo (biciArteixo)

Movilidad Base ODbL

Operador
Concello de Arteixo (servizo operado por nextbike)
Fuente original
https://gbfs.nextbike.net/maps/gbfs/v2/nextbike_aa/gbfs.json
Licencia
CC0-1.0
«license_id CC0-1.0»

Licenza declarada no propio feed GBFS (system_information.license_id).

Licencia verificada el 2026-10-24
Atribución
Datos: biciArteixo / nextbike (CC0)
Frecuencia declarada
PT1M
Privacidad y notas
Só agregados por estación (bicis dispoñibles e ancoraxes libres). Non se le free_bike_status nin se publica ningún identificador de bici, para non permitir seguir percorridos.

Paradas de autobús de la Xunta

Movilidad Colección CC BY-SA 4.0

Operador
Xunta de Galicia (publicado no Punto de Acceso Nacional do MITRAMS)
Fuente original
https://nap.transportes.gob.es/api/Fichero/download/1584
Licencia
https://nap.transportes.gob.es/licencia-datos
«para fines comerciales y no comerciales»

Licenza de datos abertos do MITRAMS. Os datos derivados poden publicarse con outra licenza, pero os datos brutos deben manter a mesma; a web debe amosar «Powered by MITRAMS» e manter a información actualizada. Por iso vai na colección CC BY-SA 4.0, fóra da base ODbL, ata aclaralo.

Licencia verificada el 2026-10-18
Atribución
Fonte: Xunta de Galicia, vía Punto de Acceso Nacional (MITRAMS). Powered by MITRAMS
Frecuencia declarada
P1D
Privacidad y notas
Sen datos persoais: paradas da rede pública de autobuses. Só se publican as paradas con polo menos unha viaxe no GTFS; unha liña é un nome longo de ruta, sen distinguir sentido nin concesión. Recórtase ao bbox de Galicia con 0,1° de marxe. Os percorridos das liñas (shapes.txt) quedan para máis adiante.

Calidad del aire

Tiempo y aire Colección CC BY-SA 4.0

Operador
MeteoGalicia / Consellería de Medio Ambiente (Xunta de Galicia)
Fuente original
https://servizos.meteogalicia.gal/mgrss/caire/jsonICAActual.action
Licencia
CC-BY-SA-4.0

Dobre licenza: abertos.xunta.gal, conxunto 0055 (CC BY-SA 4.0), e aviso legal de MeteoGalicia (atribución, https://www.meteogalicia.gal/web/aviso-legal). Aplícase a máis restritiva (ADR 0005) ata confirmación por escrito.

Licencia verificada el 2026-10-18
Atribución
Datos: Rede de Calidade do Aire de Galicia, MeteoGalicia (Xunta de Galicia). Datos provisionais, non validados.
Frecuencia declarada
PT1H · PT1H
Privacidad y notas
Sen datos persoais: índice de calidade do aire (ICA) por estación de medida. Datos provisionais en tempo real, sen validar polo operador (flag «T»); poden cambiar despois. Estacións sen dato publícanse con ica nulo e categoría «Sen datos».

Caudales y niveles de los ríos

Agua y mar Colección CC BY-SA 4.0

Operador
Augas de Galicia e MeteoGalicia (Xunta de Galicia)
Fuente original
https://servizos.meteogalicia.gal/mgafos/json/estadoActual.action
Licencia
https://www.meteogalicia.gal/web/aviso-legal
«utilizada libremente… co único compromiso de mencionar expresamente a MeteoGalicia»

Licenza específica non verificada para o servizo de aforos (mgafos). Presumiblemente aplícase o aviso legal de MeteoGalicia (atribución); como no resto de MeteoGalicia, pode haber unha segunda declaración CC BY-SA 4.0 en abertos.xunta.gal. Aplícase a máis restritiva (ADR 0005) ata confirmación por escrito. A documentación do servizo (JSON_Aforos_Estado_Actual) di que os servizos JSON de aforos son públicos e gratuítos.

Licencia verificada el 2026-10-18
Atribución
Datos: Augas de Galicia e MeteoGalicia (Xunta de Galicia). Datos non validados.
Frecuencia declarada
PT10M
Privacidad y notas
Sen datos persoais: lecturas de estacións de aforo públicas. Datos en tempo real non validados. Descártase o valor -9999 (sen dato), as estacións sen caudal nin nivel e as estacións cunha lectura máis de 3 h anterior á máis recente da resposta.

Centros educativos

Servicios Colección CC BY-SA 4.0

Operador
Xunta de Galicia — Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP
Fuente original
https://abertos.xunta.gal/catalogo/ensino-formacion/-/dataset/0257/centros-educativos-galicia
Licencia
CC-BY-SA-4.0
«Creative Commons BY SA 4.0»

Licenza indicada na ficha do conxunto 0257 en abertos.xunta.gal (CC BY-SA 4.0, ligazón a creativecommons.org/licenses/by-sa/4.0). Compatibilidade coa ODbL en dúbida: colección CC BY-SA (ADR 0005). Catro CSV, un por provincia (001, 003, 005, 007); cada URL redirixe (302) a unha exportación do buscador de edu.xunta.gal. A exportación non trae Last-Modified nin data propia: hora de publicación baleira. Frecuencia declarada «diario» na ficha; frecuencia medida: non verificado. Orde das coordenadas inconsistente: o adaptador proba (lat, lon) e (lon, lat) contra a caixa de Galicia e descarta as filas que non caen en Galicia (11 de 1.624 o 24/10/2026: 0/0 e -13,49/0). A etapa derívase só do tipo de centro cando o tipo a fixa (EEI infantil; CEIP e CRA infantil_primaria; CEP primaria; CPI primaria_secundaria; IES secundaria; CIFP formacion_profesional; CEE e CEEPR educacion_especial; EPAPU adultos; música, danza, artes, arte dramática, idiomas e deportes outros). CPR, CPREX, «Cen. Pub.», EFAG, EFOG, CFEA, ESCO, IGAFA e INSTITUTO quedan sen etapa (null): poden impartir varias ou non se comprobou. A fonte non dá niveis educativos por centro.

Licencia verificada el 2026-10-24
Atribución
Xunta de Galicia. Consellería de Educación, centros educativos de Galicia (abertos.xunta.gal, conxunto 0257)
Frecuencia declarada
P1D
Privacidad y notas
Sen datos persoais: centros educativos (públicos e privados) e os seus enderezos. Retírase o teléfono do centro (non se precisa no mapa) e os campos Provincia e DEPENDENTE.

Escuelas infantiles y centros de infancia

Servicios Colección CC BY-SA 4.0

Operador
Xunta de Galicia — Consellería de Política Social (RUEPSS)
Fuente original
https://abertos.xunta.gal/catalogo/saude-servicios-sociais/-/dataset/0298/centros-para-infancia
Licencia
CC-BY-SA-4.0
«Creative Commons BY SA 4.0»

Licenza indicada na ficha do conxunto 0298 en abertos.xunta.gal (CC BY-SA 4.0). Compatibilidade coa ODbL en dúbida: colección CC BY-SA (ADR 0005). Ficheiro único https://ficheiros-web.xunta.gal/abertos/servizos_sociais/centros_infancia.kml (575 centros: 507 escolas infantís, 59 PAI, 8 ludotecas e 1 espazo infantil; ~1,7 MB) con Last-Modified e ETag; a hora de publicación é o Last-Modified (05/10/2026 na descarga do 01/11/2026). Mesmo formato ca centros-maiores. A fonte non dá prazas nin idades.

Licencia verificada el 2026-11-01
Atribución
Xunta de Galicia. Consellería de Política Social, centros de infancia (RUEPSS; abertos.xunta.gal, conxunto 0298)
Frecuencia declarada
P30D
Privacidad y notas
Retíranse os correos (Mail, Correo; moitos son contas persoais de Gmail), o teléfono, o horario e as instalacións. A entidade titular publícase só cando é unha organización (mesma regra ca centros-maiores); cando é unha persoa física ou non se recoñece (84 centros en novembro de 2026, sobre todo escolas infantís privadas pequenas), queda baleira. O nome do centro é o rexistrado no RUEPSS.

Centros para personas mayores

Servicios Colección CC BY-SA 4.0

Operador
Xunta de Galicia — Consellería de Política Social (RUEPSS)
Fuente original
https://abertos.xunta.gal/catalogo/saude-servicios-sociais/-/dataset/0299/centros-para-persoas-maiores
Licencia
CC-BY-SA-4.0
«Creative Commons BY SA 4.0»

Licenza indicada na ficha do conxunto 0299 en abertos.xunta.gal (CC BY-SA 4.0). Compatibilidade coa ODbL en dúbida: colección CC BY-SA (ADR 0005). Ficheiro único https://ficheiros-web.xunta.gal/abertos/servizos_sociais/centros_maiores.kml (703 centros, ~2,3 MB) con Last-Modified e ETag; a hora de publicación é o Last-Modified (05/10/2026 na última descarga). Frecuencia declarada «mensual» na ficha. A fonte non dá prazas nin capacidade. Que a ligazón RUEPSS (chaves codificadas como %7B %7D) abra a ficha do centro: non verificado.

Licencia verificada el 2026-10-24
Atribución
Xunta de Galicia. Consellería de Política Social, centros para persoas maiores (RUEPSS; abertos.xunta.gal, conxunto 0299)
Frecuencia declarada
P30D
Privacidad y notas
Retíranse o correo electrónico (Mail, Correo), o teléfono, o horario e as instalacións. A entidade titular publícase só cando é unha organización (forma xurídica como SL, SA, SC ou cooperativa, ou palabras como fundación, asociación, concello, congregación); cando é unha persoa física (unhas 40 vivendas comunitarias e centros de día pequenos en outubro de 2026) ou o nome leva un NIF, queda baleira. O nome do centro é o rexistrado no RUEPSS.

Centros de salud y PAC

Servicios Colección CC BY-SA 4.0

Operador
Consellería de Sanidade — Servizo Galego de Saúde (SERGAS)
Fuente original
https://extranet.sergas.es/sixsanweb/SIXSAN_WEB/proxyKml.ashx?SIXSAN_WEB_KML/MapServer/KmlServer?Composite=false&BBOX=-9.35,41.8,-6.7,43.8
Licencia
CC-BY-SA-4.0
«Creative Commons BY SA 4.0»

Conxunto 0253 «Mapa dos servizos sanitarios de Galicia» en abertos.xunta.gal (CC BY-SA 4.0, actualización declarada diaria). O KMZ sae dun KmlServer de ArcGIS sen documentar tras un proxy ASP.NET do SERGAS, ligado desde a ficha; o servizo e a súa estabilidade: non verificado. Límites de uso: non verificado.

Licencia verificada el 2026-10-24
Atribución
Xunta de Galicia. Consellería de Sanidade — Servizo Galego de Saúde (SERGAS)
Frecuencia declarada
P1D
Privacidad y notas
Sen datos persoais: centros públicos de atención primaria. Non se publican os teléfonos. A fonte non dá código dos centros: o id fórmase con tipo + nome + concello e cambia se o SERGAS renomea o centro. 92 dos 100 PAC funcionan no mesmo centro de saúde e coinciden no mapa con el. O KMZ non trae hora de publicación (published_at baleiro). O código INE sae do nome do concello comparado coa táboa de concellos-parroquias; «Carballeda» (Avia ou Valdeorras) queda sen código.

Cobertura de banda ancha por ayuntamiento

Territorio Base ODbL

Operador
Ministerio para a Transformación Dixital e da Función Pública
Fuente original
https://digital.gob.es/telecomunicaciones-infraestructuras-digitales/areas-interes/banda-ancha/informacion-cobertura
Licencia
https://digital.gob.es/nota-legal
«Debe citarse la fuente de los documentos»

Nota legal do Ministerio (Lei 37/2007: reutilización citando a fonte). Ficheiro XLSX anual «Cobertura Banda Ancha España» (folla «Municipio_%hogar»: cobertura en % de fogares a 30 de xuño), enlazado desde a páxina de información de cobertura.

Licencia verificada el 2026-10-24
Atribución
Fonte: Ministerio para a Transformación Dixital e da Función Pública, cobertura de banda larga
Frecuencia declarada
P365D
Privacidad y notas
Porcentaxes de fogares con cobertura por concello, agregadas polo Ministerio a partir das declaracións dos operadores; ningún dato persoal.

Comercio y servicios (OpenStreetMap)

Territorio Base ODbL

Operador
Colaboradores de OpenStreetMap (extracto de Geofabrik)
Fuente original
https://download.geofabrik.de/europe/spain/galicia-latest.osm.pbf
Licencia
ODbL-1.0
«as long as you credit OpenStreetMap and its contributors»

Open Database License 1.0. O extracto diario de Geofabrik redistribúe os datos de OpenStreetMap sen cambiar a licenza. Os polígonos de concellos-parroquias (CC BY-SA 4.0) só se usan para descartar puntos fóra de Galicia; ningún dato deles pasa a esta capa.

Licencia verificada el 2026-10-24
Atribución
© Colaboradores de OpenStreetMap
Frecuencia declarada
P1D · P1D
Privacidad y notas
Só establecementos abertos ao público (comercios, hostalaría e servizos) e só estes campos: nome, categoría, etiqueta OSM, marca, horario e web. Descártanse teléfonos, correos, enderezos e o resto de etiquetas, aínda que estean en OSM. O nome pode coincidir co dun titular (farmacias, pequenos comercios): é o rótulo do negocio tal como figura en OSM. Hora de publicación = marca de tempo de replicación da cabeceira do PBF (estado dos datos OSM), ou Last-Modified do ficheiro se falta.

Ayuntamientos y parroquias

Territorio Colección CC BY-SA 4.0

Operador
Instituto de Estudos do Territorio (Xunta de Galicia)
Fuente original
https://ideg.xunta.gal/servizos/rest/services/LimitesAdministrativos/LimitesAdministrativos/MapServer
Licencia
CC-BY-SA-4.0
«licenza de uso compatible con CC- BY 4.0 INT.»

Dobre licenza (ADR 0005): o IET declara «compatible con CC BY 4.0» e o mesmo conxunto figura en abertos.xunta.gal baixo CC BY-SA 4.0; aplícase a máis restritiva ata confirmación escrita do IET/Amtega. Xeometría xeneralizada no servidor con maxAllowableOffset = 0,0005° (≈ 50 m) e coordenadas a 5 decimais: válida para visualización, non para usos catastrais nin legais. Concellos: subcapa 12; parroquias: subcapa 18 (3.785). A data de publicación é o mes de edición que o IET indica no nome da capa («Parroquias (Febreiro 2026)»), día 1.

Licencia verificada el 2026-10-18
Atribución
© Instituto de Estudos do Territorio. Xunta de Galicia
Frecuencia declarada
static · static
Privacidad y notas
Límites administrativos e toponimia oficial; ningún dato persoal.

Cómo se construyó Galicia (edificios por año de construcción)

Territorio Colección CC BY-SA 4.0

Operador
Dirección General del Catastro (Ministerio de Hacienda)
Fuente original
https://www.catastro.hacienda.gob.es/INSPIRE/buildings/ES.SDGC.BU.atom.xml
Licencia
https://www.catastro.hacienda.gob.es/webinspire/documentos/Licencia.pdf
«Se autoriza el uso público, incluido el comercial, de la información catastral que haya sido sometida a cualquier proceso previo de transformación»

Licenza propia do Catastro para os conxuntos INSPIRE (v1.0, xullo de 2016), non CC. Só autoriza difundir información transformada; non a orixinal. A transformación non pode alterar o contido nin desnaturalizar o seu sentido, e o resultado non se pode presentar como «cartografía catastral» nin «información catastral». Os feeds piden mencionar a Dirección General del Catastro como autora e titular. Esta capa só publica contas por cela de 250 m, ano e uso; ningún edificio, xeometría nin referencia catastral. Vai na colección separada, fóra da base ODbL, ata consultar se a obra transformada pode ir en ODbL. Verificación en datos/fontes/catastro-edificios.

Licencia verificada el 2026-11-01
Atribución
Fonte: Dirección General del Catastro (Ministerio de Hacienda), Edificios INSPIRE. Elaboración propia da Fundación Galicia Sustentable: contas por cela de 250 m; non é cartografía catastral.
Frecuencia declarada
P180D
Privacidad y notas
Contas de edificios por cela de 250 m, ano e uso. Non se le nin se garda a referencia catastral, o enderezo nin as ligazóns á Sede; o Catastro non publica titulares nesta fonte.

Crecidas de los ríos, episodio a episodio

Agua y mar Colección CC BY-SA 4.0

Operador
Augas de Galicia e MeteoGalicia (Xunta de Galicia)
Fuente original
https://servizos.meteogalicia.gal/mgafos/json/datos10min.action
Licencia
https://www.meteogalicia.gal/web/aviso-legal
«poida ser utilizada libremente por eles, co único compromiso de mencionar expresamente a MeteoGalicia e á Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático»

Colección CC BY-SA 4.0 (ADR 0005), como caudais-rios, estado-masas-auga e as capas de MeteoGalicia. Caudais: datos de 10 minutos de datos10min.action (chave METEOGALICIA_AFOROS_KEY, só os últimos 30 días), gardados por episodio na rama data con aforos-episodio.yml; datos non validados. Rede fluvial: masas de auga de río de estado-masas-auga (Augas de Galicia, demarcación Galicia-Costa). Choiva: datos diarios das estacións de MeteoGalicia. Cálculo propio: medias horarias, razón ao caudal antes do temporal (mediana das primeiras 24 h) e asignación de cada tramo á estación do mesmo río máis próxima (ata 40 km). As estacións de Padrón (Ulla e Sar) móvense coa marea: márcanse e non acenden ríos.

Licencia verificada el 2026-11-04
Atribución
Datos: Augas de Galicia e MeteoGalicia (Xunta de Galicia), caudais de 10 minutos non validados e choiva diaria das estacións. Rede fluvial: masas de auga de Augas de Galicia. Cálculos: Fundación Galicia Sustentable.
Frecuencia declarada
static
Privacidad y notas
Medidas de estacións e xeometría de ríos; ningún dato persoal.

Desfibriladores (DESA)

Servicios Colección CC BY-SA 4.0

Operador
Xunta de Galicia — Consellería de Sanidade (061)
Fuente original
https://abertos.xunta.gal/catalogo/saude-servicios-sociais/-/dataset/0604/desfibriladores-semiautomaticos-externos-situados
Licencia
CC-BY-SA-4.0
«Creative Commons BY SA 4.0»

Licenza indicada na ficha do conxunto 0604 en abertos.xunta.gal (CC BY-SA 4.0). Compatibilidade coa ODbL en dúbida: colección CC BY-SA (ADR 0005). Ficheiro único https://ficheiros-web.xunta.gal/abertos/desfibriladores/equipos-DESA-061.csv (2.366 equipos, ~300 KB, Latin-1) con Last-Modified e ETag; a hora de publicación é o Last-Modified (10/07/2026 na descarga do 01/11/2026, aínda que a ficha di «mensual»). Son os equipos rexistrados no 061: non di se están accesibles a calquera hora nin se funcionan. Coordenadas a 4 decimais (~10 m).

Licencia verificada el 2026-11-01
Atribución
Xunta de Galicia. 061, rexistro de desfibriladores (abertos.xunta.gal, conxunto 0604)
Frecuencia declarada
P30D
Privacidad y notas
Non se publica o campo solicitante (quen rexistrou o equipo): ás veces é unha persoa física. Quítanse os equipos en domicilios particulares (tipo «En Domicilio particular» ou texto con domicilio, vivenda, piso ou particular; 8 en novembro de 2026). O texto da localización publícase sen teléfonos e queda baleiro cando o solicitante é unha persoa e o texto repite o seu nome (18 casos, sobre todo farmacias e clínicas co nome do titular).

Distancia en línea recta a los servicios desde cada lugar

Servicios Colección CC BY-SA 4.0

Operador
Fundación Galicia Sustentable (cálculo propio con datos da Xunta de Galicia)
Fuente original
https://mapas.galiciasustentable.org
Licencia
CC-BY-SA-4.0
«Creative Commons BY SA 4.0»

Capa derivada: cálculo propio da Fundación Galicia Sustentable sen descarga externa, a partir das capas publicadas entidades-poboacion (IET, CC BY-SA 4.0 por dobre licenza), centros-saude, hospitais e farmacias (SERGAS, conxunto 0253, CC BY-SA 4.0), centros-educativos (conxunto 0257, CC BY-SA 4.0) e centros-maiores (conxunto 0299, CC BY-SA 4.0). Ao ser obra derivada de datos CC BY-SA, publícase baixo CC BY-SA 4.0 (ADR 0005). Distancia en LIÑA RECTA (círculo máximo, fórmula do haversine, en km cun decimal) desde o punto de cada entidade ao servizo máis próximo de cada tipo: NON é distancia por estrada nin tempo de viaxe; por estrada a distancia é maior, ás veces moito (rías, montañas). Servizos: centro de saúde e PAC (SERGAS; 92 dos 100 PAC están nun centro de saúde), hospital (todos os do SERGAS, públicos e privados: a fonte non indica a titularidade), farmacia, escola (centros públicos de etapa infantil e primaria, primaria ou integrados CPI), instituto (centros públicos de secundaria, IES, e CPI) e centro de día para maiores (tipo «Centro de día» do RUEPSS, de calquera iniciativa; non inclúe os de alzhéimer). Os centros educativos sen etapa deducible (CPR, «Cen. Pub.»…) non contan. Calcúlase contra o centro máis próximo, aínda que estea noutro concello ou noutra área sanitaria ou escolar: non indica a que centro corresponde cada lugar. Hora de publicación: para cada capa de entrada, a súa hora de publicación ou, se a fonte non a dá, a da última descarga boa; tómase a máis recente. Se falta unha capa de entrada ou está caducada, a capa non se recalcula e consérvase a última versión boa.

Licencia verificada el 2026-10-24
Atribución
Cálculo propio da Fundación Galicia Sustentable con datos de: © Instituto de Estudos do Territorio. Xunta de Galicia (PBA); Xunta de Galicia. Consellería de Sanidade — Servizo Galego de Saúde (SERGAS); Consellería de Educación (abertos.xunta.gal, conxunto 0257); Consellería de Política Social (RUEPSS; abertos.xunta.gal, conxunto 0299).
Frecuencia declarada
P7D
Privacidad y notas
Sen datos persoais: lugares da toponimia oficial coa súa poboación agregada (padrón 2024) e distancias a centros públicos. Lugares e núcleos do planeamento sen poboación na fonte publícanse con poboación nula.

Entidades de población

Territorio Colección CC BY-SA 4.0

Operador
Instituto de Estudos do Territorio (Xunta de Galicia)
Fuente original
https://ideg.xunta.gal/servizos/rest/services/PBA/EntidadesPoboacion_PBA/MapServer/0/query
Licencia
CC-BY-SA-4.0

Dobre licenza (ADR 0005): o IET declara «compatible con CC BY 4.0» e abertos.xunta.gal publica os seus conxuntos baixo CC BY-SA 4.0; aplícase a máis restritiva ata confirmación escrita do IET/Amtega. 36.190 puntos; COD_IGRP non é único (os lugares LU e os núcleos PU levan un código de parroquia rematado en 0099 / 0098). As etiquetas de TIPO_ENTID dedúcense dos datos (o servizo non publica a lista de códigos) e non están verificadas. A data de publicación é o mes de edición que o servizo indica no texto («Decembro 2025»), día 1.

Licencia verificada el 2026-10-18
Atribución
© Instituto de Estudos do Territorio. Xunta de Galicia (PBA)
Frecuencia declarada
static · static
Privacidad y notas
Toponimia oficial e poboación agregada por entidade (padrón 2024); ningún dato persoal. Para lugares (LU) e núcleos do planeamento (PU) a fonte dá 0 habitantes porque non son entidades do INE: publícase sen dato (null). Aviso: a poboación da fonte está incompleta. A suma das entidades é de só 1.260.895 habitantes (menos da metade de Galicia) e os núcleos urbanos principais (Lugo, Ourense, Pontevedra, boa parte de Vigo) non teñen entidade con poboación. Non sumar por concello. Causa non verificada.

Centros de enseñanza por ayuntamiento desde 2005

Servicios Colección CC BY-SA 4.0

Operador
Instituto Galego de Estatística (IGE)
Fuente original
https://www.ige.gal/igebdt/igeapi/csv/datos/1653
Licencia
https://www.ige.gal/web/avisolegal.jsp
«Está prohibido desnaturalizar o sentido da información. Debe citarse a fonte»

Aviso legal do IGE (reutilización citando «Fonte: IGE: https://www.ige.gal» e sen desnaturalizar), como as outras táboas do IGE do proxecto. Táboa 1653, centros de réxime xeral por concello, só a fila Total (os tipos de ensinanza cambian de contido sen nota). 2005 ata o último ano publicado; non hai serie por concello antes de 2005 nin datas de apertura ou peche de cada escola. Un CRA conta como un centro. Públicos e privados xuntos; fóra conservatorios, idiomas e artes. Harmonizado aos 313 concellos de hoxe sumando os fusionados. Valor do mapa: centros de diferenza co primeiro ano (cálculo propio). Verificación en datos/fontes/centros-educativos-historico.

Licencia verificada el 2026-11-01
Atribución
Fonte: IGE: https://www.ige.gal, Ensinanza non universitaria (táboa 1653). Diferenza con 2005: cálculo propio da Fundación Galicia Sustentable. Este produto emprega a API de datos do Instituto Galego de Estatística (IGE), pero non está certificado ou aprobado polo IGE.
Frecuencia declarada
P365D
Privacidad y notas
Número de centros por concello e ano; ningún dato persoal.

Espacios naturales protegidos de Galicia

Territorio Colección CC BY-SA 4.0

Operador
Xunta de Galicia (Instituto de Estudos do Territorio / IDEG)
Fuente original
https://ideg.xunta.gal/servizos/rest/services/LugaresProtexidos/EN_EspazosProtexidos/MapServer
Licencia
CC-BY-SA-4.0

Dobre licenza (ADR 0005): IET «compatible con CC BY 4.0» / abertos.xunta.gal CC BY-SA 4.0; aplícase a máis restritiva ata confirmación escrita. Figuras da Rede Galega de Espazos Protexidos fóra de Rede Natura (subcapas 1–6 de EN_EspazosProtexidos): parque nacional, parques naturais, humidais protexidos, ZEPVN, monumentos naturais e paisaxes protexidas. Moitas sobrepóñense a espazos Natura 2000 (capa rede-natura). Xeometría xeneralizada no servidor con maxAllowableOffset = 0,0001° (≈ 10 m) e coordenadas a 5 decimais. Nomes tal como os publica o IET.

Licencia verificada el 2026-10-18
Atribución
© Instituto de Estudos do Territorio. Xunta de Galicia
Frecuencia declarada
static · static
Privacidad y notas
Límites de espazos protexidos; ningún dato persoal.

Estaciones meteorológicas

Tiempo y aire Colección CC BY-SA 4.0

Operador
MeteoGalicia (Consellería de Medio Ambiente, Xunta de Galicia)
Fuente original
https://servizos.meteogalicia.gal/mgrss/observacion/ultimos10minEstacionsMeteo.action
Licencia
CC-BY-SA-4.0
«utilizada libremente… co único compromiso de mencionar expresamente a MeteoGalicia»

Dobre licenza: aviso legal de MeteoGalicia (atribución) e abertos.xunta.gal, conxunto 0114 (CC BY-SA 4.0). Aplícase a máis restritiva (ADR 0005) ata confirmación por escrito.

Licencia verificada el 2026-10-18
Atribución
Datos: MeteoGalicia (Xunta de Galicia)
Frecuencia declarada
PT10M · PT10M
Privacidad y notas
Sen datos persoais: lecturas de estacións meteorolóxicas públicas. Só valores con código de validación 1; os demais códigos (non documentados) consérvanse marcados en <campo>_cod e os baleiros (-9999, código 9) descártanse. Descártanse as estacións cunha lectura máis de 60 min anterior á máis recente da resposta.

Estaciones de tren

Movilidad Base ODbL

Operador
Renfe Operadora
Fuente original
https://ssl.renfe.com/gtransit/Fichero_AV_LD/google_transit.zip
Licencia
CC-BY-4.0
«para fines comerciales y no comerciales»

GTFS estático de AV/LD/MD (google_transit.zip) e de Cercanías e ancho métrico (fomento_transit.zip, conxunto «horarios-cercanias» de data.renfe.com, CC BY 4.0 comprobado o 24/10/2026; trae a liña Ferrol–Ortigueira). A provincia de cada estación sae do listado «estaciones-listado-completo» (estaciones.csv, CC BY 4.0), opcional.

Licencia verificada el 2026-10-18
Atribución
Origen de los datos: Renfe Operadora
Frecuencia declarada
P1D
Privacidad y notas
Estacións e horarios do servizo público; ningún dato persoal. Só se publican as estacións con polo menos unha viaxe no GTFS, dentro do bbox de Galicia con 0,05° de marxe e sen as estacións que o listado de Renfe sitúa noutra provincia. servizos_dia conta as viaxes distintas que paran na estación o primeiro mércores desde a data de descarga (dia_referencia); un festivo nese mércores baixa a cifra. Valença (Portugal) consta en Renfe como Pontevedra e queda dentro.

Estado de las masas de agua

Agua y mar Colección CC BY-SA 4.0

Operador
Xunta de Galicia — Augas de Galicia (Plan hidrolóxico Galicia-Costa 2021–2027), servizo no IDEG
Fuente original
https://ideg.xunta.gal/servizos/rest/services/IDE_DHGC/PHGC2021_2027_Estado/MapServer
Licencia
CC-BY-SA-4.0

Aviso legal de Augas de Galicia (reutilización con cita e sen desnaturalizar) e do IET para o IDEG («compatible con CC- BY 4.0 INT»); sen confirmación escrita, aplícase a máis restritiva (ADR 0005): colección CC BY-SA. Estado das masas de auga superficiais do plan 2021–2027 na demarcación Galicia-Costa: 412 ríos, 24 lagos e encoros, 22 de transición, 29 costeiras e 7 portos. O Miño-Sil (CHMS) non está. Sen as 18 masas subterráneas (cubrirían todo o territorio). Os ríos chegan en centos de anacos de dous puntos por masa: encadéanse e simplifícanse (Douglas–Peucker, 0,0003°, ≈ 30 m); polígonos xeneralizados no servidor (0,0002–0,0003°). Valores do plan traducidos ao galego; é a avaliación do plan, non medicións recentes.

Licencia verificada el 2026-11-01
Atribución
Augas de Galicia. Plan hidrolóxico Galicia-Costa 2021–2027. Xunta de Galicia
Frecuencia declarada
static · static
Privacidad y notas
Estado ambiental de ríos, lagos e augas costeiras; ningún dato persoal.

Farmacias

Servicios Colección CC BY-SA 4.0

Operador
Consellería de Sanidade — Servizo Galego de Saúde (SERGAS)
Fuente original
https://extranet.sergas.es/sixsanweb/SIXSAN_WEB/proxyKml.ashx?SIXSAN_WEB_KML/MapServer/KmlServer?Composite=false&BBOX=-9.35,41.8,-6.7,43.8
Licencia
CC-BY-SA-4.0
«Creative Commons BY SA 4.0»

Conxunto 0253 «Mapa dos servizos sanitarios de Galicia» en abertos.xunta.gal (CC BY-SA 4.0, actualización declarada diaria). O KMZ sae dun KmlServer de ArcGIS sen documentar tras un proxy ASP.NET do SERGAS, ligado desde a ficha; o servizo e a súa estabilidade: non verificado. Límites de uso: non verificado. Sen horarios nin gardas.

Licencia verificada el 2026-10-24
Atribución
Xunta de Galicia. Consellería de Sanidade — Servizo Galego de Saúde (SERGAS)
Frecuencia declarada
P1D
Privacidad y notas
A fonte identifica cada farmacia polos nomes das persoas titulares (TITULAR1–3) e dá un teléfono: non se publica ningún dos dous. Cada farmacia leva o seu código oficial (SIGLAS, por exemplo C-224-F) como id e como nome. Sen horarios nin servizo de garda. O KMZ non trae hora de publicación (published_at baleiro).

Focos de calor detectados por satélite

Fuego y monte Base ODbL

Operador
NASA LANCE FIRMS (NASA/GSFC/ESDIS)
Fuente original
https://firms.modaps.eosdis.nasa.gov/api/area/
Licencia
CC0-1.0
«data provided from a NASA-led mission are licensed as Creative Commons Zero»

CC0 para misións da NASA; cita moi recomendada. NOAA-20 e NOAA-21 son misións NOAA: licenza específica non verificada.

Licencia verificada el 2026-10-18
Atribución
NASA LANCE FIRMS (NASA/GSFC/ESDIS)
Frecuencia declarada
PT3H
Privacidad y notas
Sen datos persoais. Unha detección de calor non é un incendio forestal confirmado: pode ser unha industria, unha queima agrícola ou outra fonte de calor. / Sin datos personales. Una detección de calor no es un incendio forestal confirmado: puede ser una industria, una quema agrícola u otra fuente de calor.

Focos de calor de la temporada de 2025 (satélite, pasada a pasada)

Fuego y monte Colección CC BY-SA 4.0

Operador
NASA LANCE FIRMS (NASA/GSFC/ESDIS)
Fuente original
https://firms.modaps.eosdis.nasa.gov/data/country/
Licencia
CC-BY-SA-4.0
«Creative Commons BY SA 4.0»

Detección de FIRMS: CC0 (misións NASA). Capa derivada: o concello de cada detección sae dos polígonos de concellos-parroquias (IET, CC BY-SA 4.0), así que vai na colección CC BY-SA 4.0 (ADR 0005), como perfil-concellos. Arquivos anuais por país de 2025 (VIIRS S-NPP, 375 m, e MODIS, 1 km), sen chave; NOAA-20 e NOAA-21 non teñen arquivo por país e quedan fóra. Só a tempada de 2025 (do 1 de xuño ao 31 de outubro), só tipo 0 (lume de vexetación presunto) e só dentro dun concello galego. Unha detección é un píxel quente nunha pasada do satélite, non un lume nin unha superficie. Horas en UTC. Verificación en datos/fontes/nasa-firms/README.md.

Licencia verificada el 2026-11-01
Atribución
NASA FIRMS (LANCE, NASA/GSFC/ESDIS), VIIRS S-NPP e MODIS, xuño–outubro de 2025; concello: IET, Xunta de Galicia. Cálculo propio da Fundación Galicia Sustentable.
Frecuencia declarada
static
Privacidad y notas
Detección de calor por satélite; ningún dato persoal.

Galicia deformada (cartogramas de los ayuntamientos)

Territorio Colección CC BY-SA 4.0

Operador
Fundación Galicia Sustentable (cálculo propio con datos do IGE, o INE e o IET)
Fuente original
https://www.ige.gal/igebdt/igeapi/csv/datos/9958/T%5B1:a%5D,1:1
Licencia
CC-BY-SA-4.0
«Creative Commons BY SA 4.0»

Capa derivada (ADR 0005, colección CC BY-SA 4.0 polos límites do IET). Lé as capas publicadas concellos-parroquias (IET, CC BY-SA 4.0), nacementos-mortes (IGE/INE) e poboacion-seculo (INE, CC BY 4.0), e pide tres táboas do IGE (aviso legal do IGE, Lei 37/2007, citando «Fonte: IGE» e sen desnaturalizar): 1558 (padrón, último ano), 723 (porcentaxes de 20–64 e de 65 e máis anos) e 9958 (PIB municipal en miles de euros, último ano). Valores orixinais: poboación, PIB, nacementos e defuncións (último ano definitivo) e poboación dos censos de 1950 e 2021. Cálculo propio: menores de 20 e maiores de 65 anos (padrón × porcentaxe do IGE, redondeado), a xeometría simplificada (Douglas–Peucker a 120 m, mantendo as fronteiras compartidas; illotes de menos de 0,05 km² fóra) e os cartogramas (método de difusión de Gastner e Newman, 2004, en grella de 256 × 256; as áreas quedan a menos do 1,5 % do seu valor). Os concellos segregados despois de 1950 (Cariño, Burela, A Illa de Arousa) non teñen poboación propia nese censo: está no concello do que saíron.

Licencia verificada el 2026-11-03
Atribución
Cartogramas e cálculos: Fundación Galicia Sustentable. Fonte: IGE: https://www.ige.gal (padrón, indicadores de poboación, PIB municipal, movemento natural da poboación). Este produto emprega a API de datos do Instituto Galego de Estatística (IGE), pero non está certificado ou aprobado polo IGE. Censos de 1950 e 2021: elaboración propia con datos extraídos del sitio web del INE: www.ine.es. Límites: © Instituto de Estudos do Territorio. Xunta de Galicia.
Frecuencia declarada
P30D
Privacidad y notas
Contas agregadas por concello; ningún dato persoal.

Galicia en líneas (perfiles para carteles)

Territorio Colección CC BY-SA 4.0

Operador
Fundación Galicia Sustentable (cálculo propio con datos do IGN, o IGE, o INE, MeteoGalicia e Copernicus EFFIS)
Fuente original
https://servicios.idee.es/wcs-inspire/mdt?SERVICE=WCS&VERSION=2.0.1&REQUEST=GetCoverage&COVERAGEID=Elevacion4258_200&SUBSET=Lat(41.78,43.82)&SUBSET=Long(-9.45,-6.65)&FORMAT=ArcGrid
Licencia
CC-BY-SA-4.0
«Creative Commons BY SA 4.0»

Capa derivada publicada baixo CC BY-SA 4.0 porque usa capas desa colección (galicia-deformada, entidades-poboacion, raios-ano). Relevo: Modelo Dixital do Terreno de 200 m do IGN (PNOA-LiDAR) polo WCS INSPIRE, licenza «CC BY 4.0 scne.es» declarada nas AccessConstraints do servizo (comprobado o 03/11/2026), recortado co contorno de Galicia do IGN (CC BY 4.0). Lumes: Copernicus EFFIS (historial-queimados, CC BY 4.0). Cálculo propio: os valores de cada concello repártense entre os seus lugares segundo a poboación do Nomenclátor (só os lugares con cifra; sen ningún, no centroide), suavízanse cunha gaussiana de 2,2 km (3 km nos raios, 2 km nos lumes) e móstranse en raíz cadrada; o relevo, lineal, media 5 × 5 celas, e fóra de Galicia cae a cero en 7 km. Repartir o PIB e a poboación de 1950 segundo a poboación de hoxe dos lugares é unha aproximación para un cartel, non un dato.

Licencia verificada el 2026-11-03
Atribución
Carteis e cálculos: Fundación Galicia Sustentable. Relevo e contorno: © Instituto Geográfico Nacional (MDT200, PNOA-LiDAR; CC BY 4.0 scne.es). Poboación, idades e PIB: Fonte: IGE: https://www.ige.gal; censos: elaboración propia con datos extraídos del sitio web del INE: www.ine.es. Lugares: © Instituto de Estudos do Territorio. Xunta de Galicia. Raios: MeteoGalicia (Xunta de Galicia). Lumes: © Unión Europea, Copernicus EFFIS (JRC).
Frecuencia declarada
P30D
Privacidad y notas
Perfís suavizados de agregados; ningún dato persoal.

Galicia en líneas, animada (perfiles en el tiempo)

Territorio Colección CC BY-SA 4.0

Operador
Fundación Galicia Sustentable (cálculo propio con datos do INE, o IET, MeteoGalicia e Copernicus EFFIS)
Fuente original
https://mapas.galiciasustentable.org/linas/
Licencia
CC-BY-SA-4.0
«Creative Commons BY SA 4.0»

Capa derivada sen descarga externa, baixo CC BY-SA 4.0 porque usa capas desa colección (galicia-deformada, entidades-poboacion, raios-ano). Tres secuencias de perfís como os de galicia-linas, a media resolución (80 × 280): poboación en cada censo de 1900 a 2021 (poboacion-seculo, INE, CC BY 4.0) repartida entre os lugares de cada concello segundo a súa poboación de hoxe (aproximación: mostra o cambio dos concellos, non o de dentro de cada un); raios mes a mes dentro de Galicia (raios-ano, MeteoGalicia); superficie queimada ano a ano (historial-queimados, Copernicus EFFIS, CC BY 4.0). Unha escala por secuencia, raíz cadrada. Contorno de Galicia: IGN, CC BY 4.0.

Licencia verificada el 2026-11-03
Atribución
Cálculos: Fundación Galicia Sustentable. Censos: elaboración propia con datos extraídos del sitio web del INE: www.ine.es. Lugares: © Instituto de Estudos do Territorio. Xunta de Galicia. Raios: MeteoGalicia (Xunta de Galicia). Lumes: © Unión Europea, Copernicus EFFIS (JRC). Contorno: © Instituto Geográfico Nacional (CC BY 4.0).
Frecuencia declarada
P30D
Privacidad y notas
Perfís suavizados de agregados; ningún dato persoal.

Ayuntamientos en las noticias, día a día (GDELT)

Territorio Colección CC BY-SA 4.0

Operador
The GDELT Project
Fuente original
https://api.gdeltproject.org/api/v2/doc/doc
Licencia
https://www.gdeltproject.org/about.html#termsofuse
«any use or redistribution of the data must include a citation to the GDELT Project and a link to this website»

Termos de GDELT (https://www.gdeltproject.org/about.html): uso «unlimited and unrestricted» con cita e ligazón a gdeltproject.org. Só atribución, pero sen texto de licenza estándar: colección CC BY-SA por prudencia. API DOC 2.0, modos timelinevolraw (artigos por día e total vixiado polo GDELT, `norm`) e timelinetone (ton medio), cunha consulta revisada á man por concello (consultas.json) e `sourcecountry:spain`. A documentación fala de 3 meses de xanela; con timespan=12m devolveu 335 días o 1/11/2026, así que a capa garda o seu propio histórico. GDELT pide unha petición cada 5 s e bloquea a IP un tempo se non (comprobado: 429 durante máis de 20 min): 10 s entre peticións (o dobre do pedido), 9 concellos por execución horaria (uns 216 ao día, case os 217 con consulta) e parar ao primeiro erro. Non se publica ningún titular, URL nin medio. Ton só con 5 artigos ou máis no día.

Licencia verificada el 2026-11-01
Atribución
Fonte: The GDELT Project (https://www.gdeltproject.org/), API DOC 2.0: artigos de medios con sede en España que nomean cada concello e o seu ton medio. Consultas e suma de 7 días: cálculo propio da Fundación Galicia Sustentable.
Frecuencia declarada
P1D
Privacidad y notas
Contas de artigos de medios por concello e día e ton medio; ningún titular, URL, medio nin nome de persoa.

Gasolineras y precios de los carburantes

Movilidad Base ODbL

Operador
Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico (MITERD)
Fuente original
https://sedeaplicaciones.minetur.gob.es/ServiciosRESTCarburantes/PreciosCarburantes/EstacionesTerrestres/FiltroCCAA/12
Licencia
https://www.miteco.gob.es/es/atencion-al-ciudadano/aviso-legal.html
«sin necesidad de autorización expresa»

Aviso legal do MITECO (Lei 37/2007 de reutilización da información do sector público): reutilización permitida citando a fonte.

Licencia verificada el 2026-10-24
Atribución
Fonte: Ministerio para a Transición Ecolóxica (MITERD), xeoportal de gasolineiras
Frecuencia declarada
PT30M
Privacidad y notas
Sen datos persoais: estacións de servizo e os prezos que comunican ao Ministerio. A resposta non trae hora de publicación propia: o campo «Fecha» é a hora da consulta (os prezos en vigor nese momento), polo que a hora de publicación queda baleira e prezo_actualizado indica esa hora de consulta.

Áreas quemadas por año (desde 2016)

Fuego y monte Base ODbL

Operador
Copernicus EFFIS (Comisión Europea, JRC)
Fuente original
https://maps.effis.emergency.copernicus.eu/effis?service=WFS&request=GetFeature&version=2.0.0&typeNames=ms:modis.ba.poly.YYYY&outputFormat=geojson&bbox=41.8,-9.35,43.8,-6.7,urn:ogc:def:crs:EPSG::4326
Licencia
CC-BY-4.0

CC BY 4.0, © Unión Europea. Logos excluídos. O servizo WFS está etiquetado como «Test Service». As cifras de contexto da Xunta veñen dos ficheiros anuais de Medio Rural (aviso legal: reutilización con cita).

Licencia verificada el 2026-10-18
Atribución
© Unión Europea, Copernicus EFFIS (JRC)
Frecuencia declarada
P365D
Privacidad y notas
Sen datos persoais. Perímetros de áreas queimadas cartografadas por satélite (MODIS); non identifican persoas nin propiedades. / Sin datos personales. Perímetros de áreas quemadas cartografiadas por satélite (MODIS); no identifican personas ni propiedades.

Hospitales y centros de especialidades

Servicios Colección CC BY-SA 4.0

Operador
Consellería de Sanidade — Servizo Galego de Saúde (SERGAS)
Fuente original
https://extranet.sergas.es/sixsanweb/SIXSAN_WEB/proxyKml.ashx?SIXSAN_WEB_KML/MapServer/KmlServer?Composite=false&BBOX=-9.35,41.8,-6.7,43.8
Licencia
CC-BY-SA-4.0
«Creative Commons BY SA 4.0»

Conxunto 0253 «Mapa dos servizos sanitarios de Galicia» en abertos.xunta.gal (CC BY-SA 4.0, actualización declarada diaria). O KMZ sae dun KmlServer de ArcGIS sen documentar tras un proxy ASP.NET do SERGAS, ligado desde a ficha; o servizo e a súa estabilidade: non verificado. Límites de uso: non verificado.

Licencia verificada el 2026-10-24
Atribución
Xunta de Galicia. Consellería de Sanidade — Servizo Galego de Saúde (SERGAS)
Frecuencia declarada
P1D
Privacidad y notas
Sen datos persoais: hospitais públicos e privados e os seus centros de especialidades. Non se publican os teléfonos. Titularidade pública ou privada: non verificado, a fonte non a indica (só o nome do complexo). Dous cartafoles da fonte solápanse: o dos edificios (83) e o dos complexos (31, todos no mesmo punto ca un edificio o 24/10/2026); un complexo só se engade se non hai no mesmo concello un edificio co mesmo nome ou a menos de 150 m. O id fórmase con nome + concello. O KMZ non trae hora de publicación (published_at baleiro).

Inventario de zonas húmedas

Agua y mar Colección CC BY-SA 4.0

Operador
Xunta de Galicia (Instituto de Estudos do Territorio / IDEG; Consellería de Medio Ambiente)
Fuente original
https://ideg.xunta.gal/servizos/rest/services/LugaresProtexidos/ENC_InventarioZonasHumidas/MapServer/0
Licencia
CC-BY-SA-4.0

Dobre licenza (ADR 0005): IET «compatible con CC BY 4.0» / abertos.xunta.gal CC BY-SA 4.0; aplícase a máis restritiva ata confirmación escrita. Inventario de Zonas Húmidas de Galicia: 1.170 elementos (dúas páxinas), con data de publicación no DOG de 2023 ou 2024; 111 humidais teñen varios elementos (lagoas L1, L2…). Inclúe humidais sen protección legal: estar no inventario non é unha figura de protección (os 5 humidais protexidos están na capa espazos-naturais-galicia). A tipoloxía (TIP_IZHG) vai como código porque o servizo non publica a lenda. Polígonos xeneralizados no servidor (0,0002°, ≈ 20 m); os elementos moi pequenos quedan como polígonos de poucos vértices.

Licencia verificada el 2026-11-01
Atribución
© Instituto de Estudos do Territorio. Xunta de Galicia
Frecuencia declarada
static · static
Privacidad y notas
Límites de humidais; ningún dato persoal.

Tráfico en las carreteras autonómicas (IMD 2025)

Movilidad Colección CC BY-SA 4.0

Operador
Xunta de Galicia — Axencia Galega de Infraestruturas (AXI), servizo no IDEG
Fuente original
https://ideg.xunta.gal/servizos/rest/services/AXI/MapaTrafico/MapServer/7
Licencia
CC-BY-SA-4.0

Servizo da AXI aloxado no IDEG (copyright «Instituto de Estudos do Territorio, AXI, Xunta de Galiza»). Aviso legal do IET: «licenza de uso compatible con CC- BY 4.0 INT»; o aviso xeral da Xunta (https://www.xunta.gal/aviso-legal-do-portal-da-xunta) pide citar a fonte e prohibe desnaturalizar a información. Sen confirmación escrita, aplícase a máis restritiva (ADR 0005): colección CC BY-SA. 1.138 treitos da Rede Autonómica de Estradas (RAEG), unha páxina. Liñas xeneralizadas no servidor con maxAllowableOffset = 0,0002° (≈ 20 m). Coidado: a IMD de 2025 é a estimación da AXI para cada treito, non sempre un aforo de 2025. Cada treito leva o ano do último aforo (380 de 2025; 42 sen aforo; algúns de 2009) e o tipo (PER, COM, NEUM, CONCESIÓN: códigos da AXI sen lenda publicada no servizo). As capas 4 e 6 dan 2023 e 2024 (serie para un pulso futuro). Sen estradas estatais nin provinciais. Non se inclúen as 1.695 estacións de aforo.

Licencia verificada el 2026-11-01
Atribución
Axencia Galega de Infraestruturas e Instituto de Estudos do Territorio. Xunta de Galicia
Frecuencia declarada
P365D · static
Privacidad y notas
Medias anuais de tráfico por treito de estrada; ningún dato persoal.

Indicadores de los ayuntamientos comparados con Galicia

Territorio Colección CC BY-SA 4.0

Operador
Instituto Galego de Estatística (IGE)
Fuente original
https://www.ige.gal/igebdt/igeapi/csv/datos/723/T%5B1:a%5D,1:0:3:9:10,2:2
Licencia
https://www.ige.gal/web/avisolegal.jsp
«Está prohibido desnaturalizar o sentido da información»

Aviso legal do IGE (Lei 37/2007: reutilización citando «Fonte: IGE»). Compatibilidade con ODbL en dúbida: colección CC BY-SA 4.0 (ADR 0005). Condicións da API: non modificar os datos presentados; por iso cada indicador publica o valor orixinal do IGE xunto ao valor de Galicia e á comparación, que é cálculo propio. Aviso obrigatorio: «Este produto emprega a API de datos do Instituto Galego de Estatística (IGE), pero non está certificado ou aprobado polo IGE.» Pendente: consulta escrita ao IGE sobre os índices derivados. O indicador de vivendas baleiras usa datos do INE (Censo de Población y Viviendas 2021, táboa 59531, API Tempus), licenza CC BY 4.0 segundo o aviso legal do INE (https://www.ine.es/dyngs/AYU/index.htm?cid=125, verificado 2026-10-24): «La licencia de uso general a aplicar a la información estadística de este sitio web, salvo que se indique lo contrario, es la Creative Commons Reconocimiento 4.0 (CC BY 4.0)». Condicións: citar «Elaboración propia con datos extraídos del sitio web del INE: www.ine.es» cando hai tratamento, indicar a data da última actualización (táboa 59531: 22/11/2024) e non suxerir que o INE participa ou apoia a reutilización.

Licencia verificada el 2026-10-24
Atribución
Fonte: IGE: https://www.ige.gal. Comparacións con Galicia e indicadores derivados: cálculo propio da Fundación Galicia Sustentable. Este produto emprega a API de datos do Instituto Galego de Estatística (IGE), pero non está certificado ou aprobado polo IGE. Vivendas baleiras: elaboración propia con datos extraídos do sitio web do INE: www.ine.es (Censo de Población y Viviendas 2021, última actualización da táboa 22/11/2024; CC BY 4.0).
Frecuencia declarada
P30D
Privacidad y notas
Só datos estatísticos agregados por concello; ningún dato persoal. O IGE non difunde valores con poucos sucesos (segredo estatístico): eses casos publícanse sen dato.

Zonas inundables en la costa (100 y 500 años)

Agua y mar Colección CC BY-SA 4.0

Operador
Xunta de Galicia — Augas de Galicia (Directiva 2007/60/CE), servizo no IDEG
Fuente original
https://ideg.xunta.gal/servizos/rest/services/IDE_DHGC/D2007_60_MapasInundablesCosteiros/MapServer
Licencia
CC-BY-SA-4.0

Aviso legal de Augas de Galicia (reutilización con cita e sen desnaturalizar) e do IET para o IDEG («compatible con CC- BY 4.0 INT»); sen confirmación escrita, aplícase a máis restritiva (ADR 0005): colección CC BY-SA. O estudo é do SNCZI (Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente, 2014) para a demarcación Galicia-Costa; MITECO publica o mesmo tema en ráster con CC BY 4.0 (fonte zonas-inundables), pero aquí úsase o vector do servizo de Augas. Subcapas 3 (T100, 28 polígonos) e 4 (T500, 28), unha por ARPSI costeira (áreas de risco potencial significativo), ciclo 2015–2021: só cobre eses tramos de costa, non toda a costa. Xeneralización no servidor con maxAllowableOffset = 0,0001° (≈ 10 m). Sen o risco para a poboación (subcapas 5–12).

Licencia verificada el 2026-11-01
Atribución
Augas de Galicia (Xunta de Galicia); mapas de perigosidade do SNCZI, Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente
Frecuencia declarada
static · static
Privacidad y notas
Láminas de inundación por zonas; ningún dato persoal.

Peligrosidad por inundación fluvial (T = 10 años)

Agua y mar Base ODbL

Operador
Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico (SNCZI)
Fuente original
https://wmts-snczi.idee.es/wmts/riesgos-naturales/inundaciones
Licencia
CC-BY-4.0
«<ows:AccessConstraints>CC BY 4.0</ows:AccessConstraints>»

Licenza declarada no GetCapabilities do WMTS do SNCZI (AccessConstraints CC BY 4.0, Fees «No se aplican condiciones»). Capa NZ.Flood.FluvialT10, teselas PNG GoogleMapsCompatible. Mapas Galicia Sustentable garda as teselas do recadro de Galicia (z6–z13) nun PMTiles propio para non cargar nada doutro orixe no navegador; desde z14 o mapa amplía as teselas de z13. As teselas baleiras chegan como PNG transparente (200) e descártanse.

Licencia verificada el 2026-10-24
Atribución
© Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico (SNCZI)
Frecuencia declarada
static · static
Privacidad y notas
Imaxe raster de perigo de inundación; ningún dato persoal.

Peligrosidad por inundación fluvial (T = 100 años)

Agua y mar Base ODbL

Operador
Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico (SNCZI)
Fuente original
https://wmts-snczi.idee.es/wmts/riesgos-naturales/inundaciones
Licencia
CC-BY-4.0
«<ows:AccessConstraints>CC BY 4.0</ows:AccessConstraints>»

Licenza declarada no GetCapabilities do WMTS do SNCZI (AccessConstraints CC BY 4.0, Fees «No se aplican condiciones»). Capa NZ.Flood.FluvialT100, teselas PNG GoogleMapsCompatible. Mapas Galicia Sustentable garda as teselas do recadro de Galicia (z6–z13) nun PMTiles propio para non cargar nada doutro orixe no navegador; desde z14 o mapa amplía as teselas de z13. As teselas baleiras chegan como PNG transparente (200) e descártanse.

Licencia verificada el 2026-10-24
Atribución
© Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico (SNCZI)
Frecuencia declarada
static · static
Privacidad y notas
Imaxe raster de perigo de inundación; ningún dato persoal.

Peligrosidad por inundación fluvial (T = 500 años)

Agua y mar Base ODbL

Operador
Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico (SNCZI)
Fuente original
https://wmts-snczi.idee.es/wmts/riesgos-naturales/inundaciones
Licencia
CC-BY-4.0
«<ows:AccessConstraints>CC BY 4.0</ows:AccessConstraints>»

Licenza declarada no GetCapabilities do WMTS do SNCZI (AccessConstraints CC BY 4.0, Fees «No se aplican condiciones»). Capa NZ.Flood.FluvialT500, teselas PNG GoogleMapsCompatible. Mapas Galicia Sustentable garda as teselas do recadro de Galicia (z6–z13) nun PMTiles propio para non cargar nada doutro orixe no navegador; desde z14 o mapa amplía as teselas de z13. As teselas baleiras chegan como PNG transparente (200) e descártanse.

Licencia verificada el 2026-10-24
Atribución
© Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico (SNCZI)
Frecuencia declarada
static · static
Privacidad y notas
Imaxe raster de perigo de inundación; ningún dato persoal.

Primera venta en las lonjas, día a día (2025)

Agua y mar Colección CC BY-SA 4.0

Operador
Consellería do Mar (Xunta de Galicia)
Fuente original
https://www.pescadegalicia.gal/descargas/pescafresca/pescafresca2025.csv
Licencia
CC-BY-SA-4.0
«Creative Commons BY SA 4.0»

abertos.xunta.gal declara CC BY-SA 4.0 (fonte «Consellería do Mar») e o aviso legal de pescadegalicia.gal permite reutilizar citando a fonte: aplícase a máis restritiva e vai na colección CC BY-SA (ADR 0005). Ficheiro anual de pesca fresca de 2025, unha fila por día, lonxa e especie. A posición de cada lonxa sae do Nomenclátor Geográfico Básico do IGN (CC BY 4.0, compatible): o porto cando o NGBE o nomea, se non o núcleo que dá nome á lonxa (lonxas.json, con identificador NGBE e nota de cada caso). Baldaio e a Coop. Ría de Arosa non teñen punto verificable e van sen xeometría. Só pesca fresca: sen acuicultura nin conxelado. Verificación en datos/fontes/lonxas-primeira-venda/README.md.

Licencia verificada el 2026-11-01
Atribución
Consellería do Mar, Xunta de Galicia: notas de primeira venda (pescadegalicia.gal), 2025. Posicións: Nomenclátor Geográfico Básico de España, © Instituto Geográfico Nacional. Cálculo propio da Fundación Galicia Sustentable.
Frecuencia declarada
static
Privacidad y notas
Vendas agregadas por día, lonxa e especie, sen buque nin comprador. A capa só publica euros por grupo de especies e kg totais por lonxa e día, e as tres especies de máis importe no ano; non publica prezos de especies soltas por lonxa, porque nunha lonxa pequena unha fila pode ser un só barco.

El tiempo de las últimas 24 horas, hora a hora

Tiempo y aire Colección CC BY-SA 4.0

Operador
MeteoGalicia (Consellería de Medio Ambiente, Xunta de Galicia)
Fuente original
https://servizos.meteogalicia.gal/mgrss/observacion/ultimosHorariosEstacions.action
Licencia
https://www.meteogalicia.gal/web/aviso-legal
«utilizada libremente… co único compromiso de mencionar expresamente a MeteoGalicia»

Mesma fonte e licenzas ca estacions-meteo e meteo-dia (colección CC BY-SA 4.0, ADR 0005). Unha chamada por hora a ultimosHorariosEstacions con numHoras=24 trae as últimas 24 lecturas horarias das 155 estacións (comprobado o 1/11/2026, ~5 MB). Xanela: as 24 horas que rematan na lectura máis recente de calquera estación. Só lecturas validadas (código 1); o resto, nulo. Horas en UTC no ficheiro; a páxina amósaas en hora de Galicia.

Licencia verificada el 2026-10-18
Atribución
Fonte: MeteoGalicia (Xunta de Galicia), observación horaria.
Frecuencia declarada
PT1H
Privacidad y notas
Observacións de estacións meteorolóxicas; ningún dato persoal.

El tiempo de un día hora a hora (21 de mayo de 2025)

Tiempo y aire Colección CC BY-SA 4.0

Operador
MeteoGalicia (Consellería de Medio Ambiente, Xunta de Galicia)
Fuente original
https://servizos.meteogalicia.gal/mgrss/observacion/datosHorariosEstacions.action
Licencia
https://www.meteogalicia.gal/web/aviso-legal
«utilizada libremente… co único compromiso de mencionar expresamente a MeteoGalicia»

Mesma fonte e mesmas dúas declaracións ca estacions-meteo (aviso legal de atribución e CC BY-SA 4.0 en abertos.xunta.gal, conxunto 0114): vai na colección CC BY-SA 4.0 (ADR 0005). Datos horarios históricos (JSON_EstacionHorariosHistoricos) do mércores 21 de maio de 2025, día de referencia dos mapas animados: un dos catro mércores da media de mobilidade de MITMA, o máis común deles (suave e case seco; ver datos/fontes/meteogalicia-horario). Horas locais (Europe/Madrid): o servizo dá UTC e pídense as xanelas 22:00–09:00 e 10:00–21:00 UTC. Só lecturas validadas (código 1); o resto, nulo. Vento a 10 m ou, se a estación non o ten, a 2 m.

Licencia verificada el 2026-10-18
Atribución
Fonte: MeteoGalicia (Xunta de Galicia), observación horaria do 21 de maio de 2025.
Frecuencia declarada
static
Privacidad y notas
Observacións de estacións meteorolóxicas; ningún dato persoal.

Entradas y salidas de las siete ciudades (viajes por hora)

Movilidad Base ODbL

Operador
Ministerio de Transportes y Movilidad Sostenible (MITMA)
Fuente original
https://movilidad-opendata.mitma.es/estudios_basicos/por-municipios/viajes/ficheros-diarios/
Licencia
https://movilidad-opendata.mitma.es/LICENCIA%20de%20datos%20abiertos%20del%20MITMA%2020201203.pdf
«las obras derivadas añadiendo valor pueden ofrecerse bajo licencias diferentes»

Licenza de datos abertos do MITMA (3/12/2020): uso comercial e non comercial e obras derivadas con outra licenza. Esixe a mención «Basado en datos abiertos MITMA» con ligazón á orixe, conservar a data de actualización e non suxerir que o ministerio apoia a peza. Cálculo propio da Fundación Galicia Sustentable: media de catro mércores (7, 14, 21 e 28 de maio de 2025) e catro domingos (11, 18 e 25 de maio e 1 de xuño de 2025; o 4 de maio, volta da ponte, queda fóra) dos estudos básicos por municipios. Entradas = viaxes con orixe fóra do anel e destino dentro; saídas, ao revés; internas, as dúas dentro. Anel 0: o concello. Anel 1: o concello e a súa área urbana (aneis.json, a partir das GAU de MITMA coa de Vigo–Pontevedra partida). Conta viaxes, non persoas; só residentes en España. Residentes: base de poboación da propia zonificación MITMA, non o Padrón. Período do bloque metodolóxico xaneiro 2022–xuño 2025; desde xullo de 2025 MITMA só publica semanas soltas e cambiou o método, así que a capa é dun período de referencia fixo. Verificación completa en datos/fontes/mitma-mobilidade/README.md.

Licencia verificada el 2026-11-01
Atribución
Basado en datos abiertos MITMA (estudios de movilidad con big data, mayo de 2025). Cálculo propio da Fundación Galicia Sustentable.
Frecuencia declarada
static
Privacidad y notas
Agregados de MITMA, anonimizados na orixe e con chan mínimo nos fluxos pequenos; aquí sumados por cidade e hora. Ningún dato persoal. O punto é o centroide da zona MITMA do concello, non a súa capital.

Galicia en movimiento (viajes entre ayuntamientos por hora)

Movilidad Base ODbL

Operador
Ministerio de Transportes y Movilidad Sostenible (MITMA)
Fuente original
https://movilidad-opendata.mitma.es/estudios_basicos/por-municipios/viajes/ficheros-diarios/
Licencia
https://movilidad-opendata.mitma.es/LICENCIA%20de%20datos%20abiertos%20del%20MITMA%2020201203.pdf
«las obras derivadas añadiendo valor pueden ofrecerse bajo licencias diferentes»

Licenza de datos abertos do MITMA (3/12/2020): uso comercial e non comercial e obras derivadas con outra licenza. Esixe a mención «Basado en datos abiertos MITMA» con ligazón á orixe, conservar a data de actualización e non suxerir que o ministerio apoia a peza. Cálculo propio da Fundación Galicia Sustentable: media de catro mércores (7, 14, 21 e 28 de maio de 2025) e catro domingos (11, 18 e 25 de maio e 1 de xuño de 2025) dos estudos básicos por municipios. Unha liña por par orixe–destino de zonas MITMA de Galicia, do centroide de MITMA dunha ao da outra, con polo menos 50 viaxes no mércores ou no domingo medios (uns 4.200 pares, o 97 % das viaxes entre zonas). Quedan fóra as viaxes dentro dunha zona e as que entran ou saen de Galicia (1 %). Os concellos rurais van en zonas agrupadas de MITMA (_AM): a liña sae do centroide do grupo. Conta viaxes, non persoas; só residentes en España. Período do bloque metodolóxico xaneiro 2022–xuño 2025. Verificación completa en datos/fontes/mitma-mobilidade/README.md.

Licencia verificada el 2026-11-01
Atribución
Basado en datos abiertos MITMA (estudios de movilidad con big data, mayo de 2025). Cálculo propio da Fundación Galicia Sustentable.
Frecuencia declarada
static
Privacidad y notas
Agregados de MITMA, anonimizados na orixe e con chan mínimo nos fluxos pequenos; aquí medias por par de zonas e hora; quedan fóra os pares con menos de 50 viaxes ao día. Ningún dato persoal. Os extremos das liñas son centroides de zonas MITMA, non capitais.

Nacimientos y defunciones por ayuntamiento desde 1975

Territorio Colección CC BY-SA 4.0

Operador
Instituto Galego de Estatística (IGE), a partir do INE
Fuente original
https://www.ige.gal/igebdt/igeapi/csv/datos/57
Licencia
https://www.ige.gal/web/avisolegal.jsp
«Está prohibido desnaturalizar o sentido da información. Debe citarse a fonte»

Aviso legal do IGE (reutilización citando «Fonte: IGE: https://www.ige.gal» e sen desnaturalizar), como as outras táboas do IGE do proxecto; dato primario do INE (CC BY 4.0). Táboas 57 (nacementos, concello de residencia da nai) e 30 (defuncións, concello de residencia), 1975 ata o último ano publicado (o último é provisional). Harmonizado aos 313 concellos de hoxe: Oza dos Ríos e Cesuras suman en Oza-Cesuras e Cerdedo e Cotobade en Cerdedo-Cotobade antes da fusión; Cariño (1988), Burela (1995) e A Illa de Arousa (1997) sen dato antes de existir. Laxe 1981–1982 dubidoso na fonte. Valor do mapa: nacementos por cada 100 defuncións (cálculo propio). Verificación en datos/fontes/ige-nacementos-mortes.

Licencia verificada el 2026-11-01
Atribución
Fonte: IGE: https://www.ige.gal, a partir do Movemento natural da poboación (IGE, INE). Nacementos por 100 defuncións: cálculo propio da Fundación Galicia Sustentable. Este produto emprega a API de datos do Instituto Galego de Estatística (IGE), pero non está certificado ou aprobado polo IGE.
Frecuencia declarada
P365D
Privacidad y notas
Contas anuais por concello de residencia; ningún dato persoal.

Vegetación desde el satélite (NDVI), mes a mes

Territorio Base ODbL

Operador
Comisión Europea e ESA (Copernicus Sentinel-2)
Fuente original
https://earth-search.aws.element84.com/v1/collections/sentinel-2-l2a
Licencia
https://ewds.climate.copernicus.eu/licences/ec-sentinel
«users shall have a free, full and open access to Copernicus Sentinel Data»

Aviso legal dos datos Copernicus Sentinel (rev. 1). Se se modifican, a nota é «Contains modified Copernicus Sentinel data [Year]», que a interface dá en galego co ano do mes que se mostra. A colección do catálogo de Earth Search (Element84) enlaza o mesmo aviso legal da ESA. Escenas Sentinel-2 L2A en COG públicos de AWS Open Data (sentinel-cogs), sen conta. Mapas Galicia Sustentable fai a composición mensual (mediana sen nubes) e serve as teselas desde o seu propio servidor. A imaxe recórtase co contorno de Galicia do IGN (WFS INSPIRE de unidades administrativas, «CC BY 4.0 ign.es», en pipeline/satelite/galicia-ign.geojson), non cos polígonos do IET, para que a capa siga na colección ODbL.

Licencia verificada el 2026-11-01
Atribución
Contén datos Copernicus Sentinel modificados 2026 · Contorno de Galicia © IGN (CC BY 4.0)
Frecuencia declarada
P5D · P30D
Privacidad y notas
Imaxe de satélite a 20 m por píxel; non se distinguen persoas nin vehículos.

Ortofoto (PNOA)

Territorio Base ODbL

Operador
Instituto Geográfico Nacional (IGN) e Centro Nacional de Información Geográfica (CNIG)
Fuente original
https://www.ign.es/wmts/pnoa-ma?request=GetCapabilities&service=WMTS
Licencia
CC-BY-4.0
«<ows:AccessConstraints>CC BY 4.0 scne.es</ows:AccessConstraints>; licenza do IGN: «conlleva la aceptación por el usuario de una licencia CC-BY 4.0»»

Licenza declarada no GetCapabilities do WMTS pnoa-ma (AccessConstraints «CC BY 4.0 scne.es», Fees «No se aplican condiciones») e na licenza de uso do IGN, ligada desde o aviso legal (https://www.ign.es/web/ign/portal/info-aviso-legal). Como as teselas se recodifican a WebP, a cita segue o punto 4 da licenza («Obra derivada de …»). Capa OI.OrthoimageCoverage, teselas JPEG GoogleMapsCompatible. Mapas Galicia Sustentable garda só as teselas que tocan Galicia (z6–z16) en PMTiles propios, subidos directamente ao servidor polo fluxo .github/workflows/ortofoto.yml; non pasan pola rama de datos. Desde z17 o mapa non amplía máis.

Licencia verificada el 2026-11-01
Atribución
Obra derivada de PNOA máxima actualidade CC BY 4.0 scne.es · PNOA cedido por © Instituto Geográfico Nacional
Frecuencia declarada
static · static
Privacidad y notas
Ortofoto aérea de 15–25 cm por píxel: no nivel máximo que publicamos (z16, uns 1,7 m por píxel en Galicia) non se distinguen persoas nin matrículas.

Bienes de interés cultural (BIC)

Territorio Colección CC BY-SA 4.0

Operador
Xunta de Galicia — Plan Básico Autonómico (PBA)
Fuente original
https://ideg.xunta.gal/servizos/rest/services/PBA/Afeccions_PatrimonioCultural/MapServer/2
Licencia
CC-BY-SA-4.0

Dobre declaración da Xunta: CC BY-SA 4.0 en abertos.xunta.gal e «compatible con CC BY 4.0» no IET/IDEG. Aplícase a máis restritiva (ADR 0005). É a capa urbanística de afeccións do PBA (BIC. Elementos, xuño 2026), non o rexistro legal de bens da Consellería de Cultura.

Licencia verificada el 2026-10-18
Atribución
Xunta de Galicia. Plan Básico Autonómico (PBA), afeccións do patrimonio cultural
Frecuencia declarada
static · static
Privacidad y notas
Sen datos persoais. Regra de sensibilidade: os xacementos arqueolóxicos non se sitúan con precisión, para non facilitar o expolio. Se INTERESE é «ARQ», se CATEGORIA contén «arqueolóxico/a» ou se XENERICO é «Arte rupestre» ou «Castro», as coordenadas redondéanse a 2 decimais (~1 km) e a entidade leva localizacion_xeneralizada: true. O resto de BIC conserva 5 decimais.

Perfil de los ayuntamientos (distancia mediana a los servicios)

Servicios Colección CC BY-SA 4.0

Operador
Fundación Galicia Sustentable (cálculo propio con datos da Xunta de Galicia)
Fuente original
https://mapas.galiciasustentable.org
Licencia
CC-BY-SA-4.0
«Creative Commons BY SA 4.0»

Capa derivada: cálculo propio da Fundación Galicia Sustentable sen descarga externa, a partir das capas publicadas concellos-parroquias (IET, CC BY-SA 4.0) e distancia-servizos (cálculo propio, CC BY-SA 4.0). Ao ser obra derivada de datos CC BY-SA, publícase baixo CC BY-SA 4.0 (ADR 0005). Non mestura datos da base ODbL. Para cada concello: un punto representativo (centroide do polígono maior ou, se cae fóra, o punto interior máis próximo; serve para debuxar o concello como un punto, non é a capital), a superficie calculada sobre os límites do IET e a MEDIANA da distancia en liña recta desde os seus lugares ao servizo máis próximo de cada tipo. Mediana sen ponderar por poboación: a poboación de entidades-poboacion está incompleta. O valor de Galicia é a mediana de todos os lugares. NON é distancia por estrada nin tempo de viaxe. Rábade e Beade non teñen lugares en entidades-poboacion (comprobado o 25/10/2026): as súas medianas publícanse nulas, sen dato. Hora de publicación: a máis recente das capas de entrada.

Licencia verificada el 2026-10-25
Atribución
Cálculo propio da Fundación Galicia Sustentable con datos de: © Instituto de Estudos do Territorio. Xunta de Galicia (PBA); Xunta de Galicia. Consellería de Sanidade — Servizo Galego de Saúde (SERGAS); Consellería de Educación (abertos.xunta.gal, conxunto 0257).
Frecuencia declarada
P7D
Privacidad y notas
Sen datos persoais: agregados por concello (medianas de distancias entre lugares da toponimia oficial e centros públicos) e un punto xeométrico por concello.

Áreas quemadas (temporada actual)

Fuego y monte Base ODbL

Operador
Copernicus EFFIS (Comisión Europea, JRC)
Fuente original
https://maps.effis.emergency.copernicus.eu/effis?service=WFS&request=GetFeature&version=2.0.0&typeNames=ms:modis.ba.poly.season&outputFormat=geojson&bbox=41.8,-9.35,43.8,-6.7,urn:ogc:def:crs:EPSG::4326
Licencia
CC-BY-4.0

CC BY 4.0, © Unión Europea. Logos excluídos. O servizo WFS está etiquetado como «Test Service». As cifras de contexto da Xunta veñen do aviso legal de Medio Rural (reutilización con cita).

Licencia verificada el 2026-10-18
Atribución
© Unión Europea, Copernicus EFFIS (JRC)
Frecuencia declarada
P1D
Privacidad y notas
Sen datos persoais. Perímetros de áreas queimadas cartografadas por satélite (MODIS); non identifican persoas nin propiedades. / Sin datos personales. Perímetros de áreas quemadas cartografiadas por satélite (MODIS); no identifican personas ni propiedades.

Población estacional de los ayuntamientos (carga de población por trimestre)

Territorio Colección CC BY-SA 4.0

Operador
Instituto Galego de Estatística (IGE)
Fuente original
https://www.ige.gal/igebdt/igeapi/csv/datos/9043/0:202413:202414:202415:202416:202513:202514
Licencia
https://www.ige.gal/web/avisolegal.jsp
«Está prohibido desnaturalizar o sentido da información»

Como indicadores-concellos: aviso legal do IGE (reutilización citando «Fonte: IGE»), colección CC BY-SA 4.0 (ADR 0005), condicións da API (non modificar os datos; o valor orixinal vai xunto á comparación propia). Táboas 9043 (carga, residentes, entrada, saída e taxa) e 9046 (compoñentes: turismo, segundas vivendas, estudos, traballo e saúde) da actividade «Carga de poboación estacional dos concellos de Galicia». Ano de referencia da serie: 2025, provisional (decidido o 1/11/2026); hoxe só hai os trimestres I e II, e o IGE publica o ano a en a+2. Vai tamén 2024, último ano definitivo, identificado. É unha estimación con modelos, non un reconto (metodoloxía en datos/fontes/ige-poboacion-estacional).

Licencia verificada el 2026-11-01
Atribución
Fonte: IGE, Carga de poboación estacional dos concellos de Galicia (táboas 9043 e 9046; 2025 provisional). Comparación con Galicia: cálculo propio da Fundación Galicia Sustentable. Este produto emprega a API de datos do Instituto Galego de Estatística (IGE), pero non está certificado ou aprobado polo IGE.
Frecuencia declarada
P30D
Privacidad y notas
Estimacións estatísticas agregadas por concello; ningún dato persoal.

Un siglo de población en los ayuntamientos (censos 1900–2021)

Territorio Base ODbL

Operador
Instituto Nacional de Estadística (INE)
Fuente original
https://www.ine.es/intercensal/
Licencia
CC-BY-4.0
«La licencia de uso general a aplicar a la información estadística de este sitio web, salvo que se indique lo contrario, es la Creative Commons Reconocimiento 4.0 (CC BY 4.0)»

INE, «Alteraciones de los municipios en los Censos de Población desde 1842»: poboación de dereito de cada municipio nos censos de 1900 a 1991 e residente de 2001 a 2021. Sen descarga masiva: unha consulta por código (~470, con pausa). Cálculo propio da Fundación Galicia Sustentable para levar a serie aos 313 concellos de hoxe a partir das notas do INE: os municipios absorbidos, fusionados (Oza-Cesuras 2013, Cerdedo-Cotobade 2016) ou renomeados con código novo (Neira de Xusá → Baralla) súmanse ao concello actual; os concellos segregados despois de 1900 (Rábade, Negueira de Muñiz, Ribeira de Piquín, Mondariz-Balneario, Pontecesures, Cariño, Burela, A Illa de Arousa) forman unha unidade comparable co concello do que saíron, porque antes da segregación a súa xente está no censo do matriz. Os cambios parciais de termo entre concellos que seguen existindo non se poden corrixir. A poboación de dereito dos primeiros censos conta como residentes moitos emigrantes ausentes. Verificación en datos/fontes/ine-censos-historicos. Cita esixida: «Elaboración propia con datos extraídos del sitio web del INE: www.ine.es».

Licencia verificada el 2026-10-24
Atribución
Elaboración propia con datos extraídos del sitio web del INE: www.ine.es (Alteraciones de los municipios en los Censos de Población desde 1842). Harmonización aos concellos actuais: cálculo propio da Fundación Galicia Sustentable.
Frecuencia declarada
static
Privacidad y notas
Cifras de poboación agregadas por municipio e censo; ningún dato persoal.

Playas

Agua y mar Colección CC BY-SA 4.0

Operador
Xunta de Galicia (Instituto de Estudos do Territorio / IDEG)
Fuente original
https://ideg.xunta.gal/servizos/rest/services/CubertaTerrestre/Clasificacion_PRAIAS/MapServer/0
Licencia
CC-BY-SA-4.0

Dobre licenza (ADR 0005): IET «compatible con CC BY 4.0» / abertos.xunta.gal CC BY-SA 4.0; aplícase a máis restritiva ata confirmación escrita. 987 praias costeiras (A Coruña, Lugo e Pontevedra) nunha soa páxina (maxRecordCount 1000). Sen bandeira azul: o campo B_AZUL do servizo non di de que ano é, e a lista de 2026 de abertos.xunta.gal (PraiasBandeiraAzul_2026.csv, 126 filas, 8 baleiras) non casa ben por posición co servizo (29 de 118 casaban con outra praia; as praias fluviais non están nesta capa). A clasificación natural/urbana é a da fonte; 42 urbanas levan «URBANA *» sen explicación. Praias partidas en tramos aparecen unha vez por tramo.

Licencia verificada el 2026-11-01
Atribución
© Instituto de Estudos do Territorio. Xunta de Galicia
Frecuencia declarada
static · static
Privacidad y notas
Situación e nome das praias; ningún dato persoal.

Pulso del bus (todos los autobuses de la Xunta de un día)

Movilidad Colección CC BY-SA 4.0

Operador
Xunta de Galicia (publicado no Punto de Acceso Nacional do MITRAMS)
Fuente original
https://nap.transportes.gob.es/api/Fichero/download/1584
Licencia
https://nap.transportes.gob.es/licencia-datos
«para fines comerciales y no comerciales»

O mesmo GTFS e a mesma licenza ca buses-xunta (licenza de datos abertos do MITRAMS; a web debe amosar «Powered by MITRAMS»): colección CC BY-SA 4.0, fóra da base ODbL e nun ficheiro separado do tren (Renfe, base ODbL). Cálculo propio da Fundación Galicia Sustentable: cada viaxe que circula o día laborable de referencia (primeiro mércores desde a descarga) e o domingo seguinte, como a liña recta entre as súas paradas coa hora programada en cada unha. Non é a posición real dos autobuses nin o percorrido exacto.

Licencia verificada el 2026-10-25
Atribución
Fonte: Xunta de Galicia, vía Punto de Acceso Nacional (MITRAMS). Powered by MITRAMS. Traxectorias: cálculo propio da Fundación Galicia Sustentable.
Frecuencia declarada
P1D
Privacidad y notas
Horarios da rede pública de autobuses; ningún dato persoal. Liñas rectas entre paradas e horas programadas, non reais. Recórtase ao bbox de Galicia con 0,1° de marxe.

Pulso del tren (todos los trenes de un día)

Movilidad Base ODbL

Operador
Renfe Operadora
Fuente original
https://ssl.renfe.com/gtransit/Fichero_AV_LD/google_transit.zip
Licencia
CC-BY-4.0
«para fines comerciales y no comerciales»

O mesmo GTFS estático ca estacions-tren: AV/LD/MD (google_transit.zip) e Cercanías e ancho métrico (fomento_transit.zip, conxunto «horarios-cercanias» de data.renfe.com, CC BY 4.0). Cálculo propio da Fundación Galicia Sustentable: cada viaxe que circula o día laborable de referencia (primeiro mércores desde a descarga) e o domingo seguinte, como a liña recta entre as súas paradas coa hora en cada unha. Non é a posición real dos trens nin o trazado da vía. Só a parte da viaxe dentro de Galicia (bbox con 0,05° de marxe).

Licencia verificada el 2026-10-25
Atribución
Origen de los datos: Renfe Operadora. Traxectorias: cálculo propio da Fundación Galicia Sustentable.
Frecuencia declarada
P1D
Privacidad y notas
Horarios do servizo público; ningún dato persoal. As liñas son rectas entre paradas e as horas son as programadas, non as reais.

Puntos limpios

Servicios Colección CC BY-SA 4.0

Operador
Xunta de Galicia — Consellería de Medio Ambiente
Fuente original
https://abertos.xunta.gal/catalogo/administracion-publica/-/dataset/0303/puntos-limpos
Licencia
CC-BY-SA-4.0
«Creative Commons BY SA 4.0»

Licenza indicada na ficha do conxunto 0303 en abertos.xunta.gal (CC BY-SA 4.0). Compatibilidade coa ODbL en dúbida: colección CC BY-SA (ADR 0005). Ficheiro único https://ficheiros-web.xunta.gal/abertos/puntos_limpos/Puntos_limpos.csv (151 puntos, Windows-1252, «lat,lon» nunha columna) con Last-Modified (19/03/2025): os horarios poden estar desfasados. Todos figuran como construídos; non di se están abertos. Algúns concellos da fonte son anteriores ás fusións (Cerdedo, Oza dos Ríos) e lévanse ao concello actual.

Licencia verificada el 2026-11-01
Atribución
Xunta de Galicia. Consellería de Medio Ambiente, puntos limpos (abertos.xunta.gal, conxunto 0303)
Frecuencia declarada
static · static
Privacidad y notas
Non se publican os teléfonos (algúns son móbiles), a empresa xestora nin o custo da obra. Si o horario de apertura, que é información pública do servizo.

Puntos de recarga de vehículos eléctricos

Movilidad Base ODbL

Operador
MITERD, publicado no Punto de Acceso Nacional de Tráfico (DGT)
Fuente original
https://nap.dgt.es/datex2/v3/miterd/EnergyInfrastructureTablePublication/electrolineras.xml
Licencia
https://nap.dgt.es/es/dataset/puntos-de-recarga-electrica-para-vehiculos
«Licencia: Creative Commons Attribution»

A ficha do conxunto no NAP declara «Creative Commons Attribution» sen indicar a versión.

Licencia verificada el 2026-10-24
Atribución
Fonte: MITERD vía Punto de Acceso Nacional de Tráfico (DGT)
Frecuencia declarada
P1D
Privacidad y notas
Sen datos persoais: localizacións de recarga, operador e características técnicas. A fonte non publica ocupación nin prezos. Algúns operadores son pequenas empresas (concesionarios, hoteis); publícase só o nome comercial que figura no rexistro público.

Rayos (últimas 24 horas)

Tiempo y aire Colección CC BY-SA 4.0

Operador
MeteoGalicia (Consellería de Medio Ambiente, Xunta de Galicia)
Fuente original
https://servizos.meteogalicia.gal/mgrss/observacion/jsonRaios.action
Licencia
CC-BY-SA-4.0
«utilizada libremente… co único compromiso de mencionar expresamente a MeteoGalicia»

Dobre licenza: aviso legal de MeteoGalicia (atribución) e posible CC BY-SA en abertos.xunta.gal. Aplícase a máis restritiva (ADR 0005) ata confirmación por escrito.

Licencia verificada el 2026-10-24
Atribución
Datos: MeteoGalicia (Xunta de Galicia)
Frecuencia declarada
PT10M
Privacidad y notas
Sen datos persoais: descargas eléctricas detectadas pola rede de MeteoGalicia. Só os raios das últimas 24 horas dentro de Galicia (marxe de 0,1°). Unha soa petición por execución. / Sin datos personales: descargas detectadas por la red de MeteoGalicia en las últimas 24 horas dentro de Galicia.

Rayos de los últimos doce meses

Tiempo y aire Colección CC BY-SA 4.0

Operador
MeteoGalicia (Consellería de Medio Ambiente, Xunta de Galicia)
Fuente original
https://servizos.meteogalicia.gal/mgrss/observacion/jsonRaios.action
Licencia
CC-BY-SA-4.0
«utilizada libremente… co único compromiso de mencionar expresamente a MeteoGalicia»

O mesmo servizo e a mesma licenza ca a capa raios (dobre declaración, aplícase a máis restritiva, ADR 0005). Histórico aberto sen chave desde 2010 en xanelas de ata 7 días (datos/fontes/raios-historico). Doce meses enteiros anteriores ao mes en curso, en hora oficial de Galicia, dentro da caixa de Galicia con 0,1° de marxe (inclúe mar e bordos de Asturias, León, Zamora e Portugal). A documentación non di se a rede conta descargas entre nubes.

Licencia verificada el 2026-10-24
Atribución
Datos: MeteoGalicia (Xunta de Galicia)
Frecuencia declarada
P30D
Privacidad y notas
Descargas eléctricas detectadas pola rede de MeteoGalicia; ningún dato persoal.

Red Natura 2000

Territorio Base ODbL

Operador
Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico (Banco de Datos de la Naturaleza)
Fuente original
https://geoserver.iepnb.es/geoserver/RN2000/ows
Licencia
https://www.miteco.gob.es/es/atencion-al-ciudadano/aviso-legal.html
«puede ser utilizada… siempre que se cite la fuente»

Aviso legal do MITECO: reutilización citando a fonte. WFS do IEPNB, última edición con ano no nome da capa (hoxe RN2000:rn2000_2024; a descarga oficial n2000_2025 aínda non está no WFS). Filtro no servidor ids_ccaa_filtro LIKE '%11%' (76 espazos, comprobado o 18/10/2026) e revisión no adaptador. Inclúe espazos mariños compartidos coa AGE (11,90) e con Asturias (11,12), algúns lonxe da costa (Banco de Galicia). Sen listas de especies nin hábitats; coordenadas redondeadas a 5 decimais (≈ 21 MB en GeoJSON, convén PMTiles). O respaldo oficial do geoserver do IEPNB para reutilización non está verificado.

Licencia verificada el 2026-10-18
Atribución
Fuente: MITECO, Banco de Datos de la Naturaleza
Frecuencia declarada
P365D · static
Privacidad y notas
Límites de espazos protexidos; ningún dato persoal.

Galicia desde el satélite, mes a mes

Territorio Base ODbL

Operador
Comisión Europea e ESA (Copernicus Sentinel-2)
Fuente original
https://earth-search.aws.element84.com/v1/collections/sentinel-2-l2a
Licencia
https://ewds.climate.copernicus.eu/licences/ec-sentinel
«users shall have a free, full and open access to Copernicus Sentinel Data»

Aviso legal dos datos Copernicus Sentinel (rev. 1). Se se modifican, a nota é «Contains modified Copernicus Sentinel data [Year]», que a interface dá en galego co ano do mes que se mostra. A colección do catálogo de Earth Search (Element84) enlaza o mesmo aviso legal da ESA. Escenas Sentinel-2 L2A en COG públicos de AWS Open Data (sentinel-cogs), sen conta. Mapas Galicia Sustentable fai a composición mensual (mediana sen nubes) e serve as teselas desde o seu propio servidor. A imaxe recórtase co contorno de Galicia do IGN (WFS INSPIRE de unidades administrativas, «CC BY 4.0 ign.es», en pipeline/satelite/galicia-ign.geojson), non cos polígonos do IET, para que a capa siga na colección ODbL.

Licencia verificada el 2026-11-01
Atribución
Contén datos Copernicus Sentinel modificados 2026 · Contorno de Galicia © IGN (CC BY 4.0)
Frecuencia declarada
P5D · P30D
Privacidad y notas
Imaxe de satélite a 20 m por píxel; non se distinguen persoas nin vehículos.

Un siglo en movimiento (población por censo y lugares habitados)

Territorio Colección CC BY-SA 4.0

Operador
Fundación Galicia Sustentable (cálculo propio con datos do INE e o IET)
Fuente original
https://www.ine.es/intercensal/
Licencia
CC-BY-SA-4.0
«Creative Commons BY SA 4.0»

Capa derivada sen descarga externa: poboación de cada censo de 1900 a 2021 (poboacion-seculo, INE, CC BY 4.0, harmonizada aos 313 concellos), un punto por concello (centroide do seu polígono maior, galicia-deformada) e ata 24 lugares onde vive a xente hoxe (entidades-poboacion, IET, CC BY-SA 4.0; os de máis poboación), que serven de ancoraxe para os puntos da páxina. Os lugares son os de hoxe: en 1900 a xente dun concello repartíase doutra maneira dentro del.

Licencia verificada el 2026-11-04
Atribución
Elaboración propia con datos extraídos del sitio web del INE: www.ine.es (censos 1900–2021). Lugares: © Instituto de Estudos do Territorio. Xunta de Galicia (PBA). Cálculos: Fundación Galicia Sustentable.
Frecuencia declarada
static
Privacidad y notas
Poboación agregada por concello e censo; ningún dato persoal.

Sendas e itinerarios del paisaje

Territorio Colección CC BY-SA 4.0

Operador
Xunta de Galicia (Instituto de Estudos do Territorio / IDEG)
Fuente original
https://ideg.xunta.gal/servizos/rest/services/sendas
Licencia
CC-BY-SA-4.0

Dobre licenza (ADR 0005): IET «compatible con CC BY 4.0» / abertos.xunta.gal CC BY-SA 4.0; aplícase a máis restritiva ata confirmación escrita. Dous servizos ArcGIS REST: sendas/sendas/MapServer/0 (266 itinerarios de interese paisaxístico: 25 panorámicos, 38 patrimoniais, 38 patrimoniais BIC, 109 naturais e 56 da Senda Litoral dos faros) e sendas/Camiño_do_Litoral/MapServer/0 (52 etapas, ~1.370 km). Liñas xeneralizadas no servidor con maxAllowableOffset = 0,0001° (≈ 10 m). A lonxitude é a que dá a fonte (LONXITUDE ou KM) e ás veces non coincide co trazado. Non se publican a pendente media (AVG_SLOPE, sen unidade indicada) nin as fichas PDF e fotos (só nomes de ficheiro, sen enderezo verificado).

Licencia verificada el 2026-11-01
Atribución
© Instituto de Estudos do Territorio. Xunta de Galicia
Frecuencia declarada
static · static
Privacidad y notas
Trazados de rutas a pé; ningún dato persoal.

Terremotos recientes (30 días)

Territorio Base ODbL

Operador
EMSC-CSEM (con solucións do Instituto Geográfico Nacional)
Fuente original
https://www.seismicportal.eu/fdsnws/event/1/query?minlatitude=41.5&maxlatitude=44.5&minlongitude=-10.5&maxlongitude=-6.5&format=json&limit=500
Licencia
CC-BY-4.0
«provided under the Creative Commons Attribution 4.0 International (CC BY 4.0) license»

Os termos prohiben a copia masiva da base de datos sen permiso escrito: a capa só garda a xanela móbil dos últimos 30 días e non constrúe un arquivo histórico. Antes de gardar un histórico hai que consultar a EMSC.

Licencia verificada el 2026-10-24
Atribución
EMSC-CSEM / Instituto Geográfico Nacional (solucións IGN)
Frecuencia declarada
PT10M · PT10M
Privacidad y notas
Sen datos persoais: epicentros de terremotos. As magnitudes e localizacións revísanse co tempo (campo actualizado); unha profundidade de 0 km adoita ser unha profundidade fixada polo cálculo, non medida (profundidade_fixada). Inclúe o mar e a raia próximos a Galicia. / Sin datos personales: epicentros de terremotos. Las magnitudes y localizaciones se revisan con el tiempo; una profundidad de 0 km suele ser fijada por el cálculo, no medida.

Temperaturas máximas diarias del último año (estaciones de MeteoGalicia)

Tiempo y aire Colección CC BY-SA 4.0

Operador
MeteoGalicia (Xunta de Galicia)
Fuente original
https://servizos.meteogalicia.gal/mgrss/observacion/datosDiariosEstacionsMeteo.action
Licencia
https://www.meteogalicia.gal/web/aviso-legal
«poida ser utilizada libremente por eles, co único compromiso de mencionar expresamente a MeteoGalicia e á Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático»

Mesma fonte e licenza ca as outras capas de MeteoGalicia (colección CC BY-SA 4.0, ADR 0005). Temperatura máxima diaria a 1,5 m (TA_MAX_1.5m) de todas as estacións, último ano natural completo, só valores validados (código 1). Posición e altitude de estacions-meteo; para estacións que xa non están nela, as coordenadas UTM 29N da propia resposta e a altura do MDT de 1000 m do IGN (CC BY 4.0), que tamén dá a altura de cada cela da grella de debuxo (recortada co contorno de Galicia do IGN). A superficie da páxina é cálculo propio: interpolación polo inverso da distancia cun gradiente térmico estándar de 6,5 °C por km.

Licencia verificada el 2026-11-04
Atribución
Fonte: MeteoGalicia e Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático (Xunta de Galicia), datos diarios das estacións. Alturas: © Instituto Geográfico Nacional (MDT 1000 m, CC BY 4.0). Superficie interpolada: Fundación Galicia Sustentable.
Frecuencia declarada
P365D
Privacidad y notas
Medidas de estacións meteorolóxicas; ningún dato persoal.

Balizas V16 activas ahora

Movilidad Base ODbL

Operador
Dirección General de Tráfico (DGT 3.0), Punto de Acceso Nacional de Tráfico
Fuente original
https://nap.dgt.es/datex2/v3/dgt/SituationPublication/datex2_v37.xml
Licencia
https://nap.dgt.es/es/dataset/incidencias-dgt-datex2-v3-7
«Licencia Creative Commons Attribution»

Mesmo conxunto ca trafico-incidencias: CC BY na ficha do NAP e «Términos de Uso» que remiten ao aviso legal da DGT (https://www.dgt.es/contenido/aviso-legal/). Queda pendente pedir confirmación por escrito a nap@dgt.es.

Licencia verificada el 2026-10-25
Atribución
Fonte: DGT, Punto de Acceso Nacional de Tráfico
Frecuencia declarada
PT1M · PT2M
Privacidad y notas
Unha baliza V16 sinala un vehículo particular detido na estrada. Só en directo: nunca se publica nin se garda o identificador V16_ nin ningún hash derivado. O id de cada punto é a súa orde nesta descarga (1..n, por estrada e quilómetro), polo que non permite seguir un dispositivo entre descargas. A hora de inicio redondéase a 5 minutos, as coordenadas a 4 decimais (uns 10 m) e o punto quilométrico a 100 m. Sen histórico: só o ficheiro actual.

Incidencias de tráfico

Movilidad Base ODbL

Operador
Dirección General de Tráfico (DGT), Punto de Acceso Nacional de Tráfico
Fuente original
https://nap.dgt.es/datex2/v3/dgt/SituationPublication/datex2_v37.xml
Licencia
https://nap.dgt.es/es/dataset/incidencias-dgt-datex2-v3-7
«Licencia Creative Commons Attribution»

A ficha do conxunto no NAP declara «Creative Commons Attribution» sen versión, pero os «Términos de Uso» da mesma ficha remiten ao aviso legal da DGT (https://www.dgt.es/contenido/aviso-legal/). Publícase na colección ODbL por decisión da FGS; queda pendente pedir confirmación por escrito a nap@dgt.es.

Licencia verificada el 2026-10-25
Atribución
Fonte: DGT, Punto de Acceso Nacional de Tráfico
Frecuencia declarada
PT1M · PT2M
Privacidad y notas
Incidencias publicadas pola DGT (obras, accidentes, obstáculos, restricións). Non se publican referencias internas. Exclúense os rexistros de balizas V16 conectadas (referencia V16_), que van na capa trafico-balizas-v16 con regras propias. Os avisos de vehículo avariado doutras fontes (112, DGT 3.0) non levan identificador de vehículo.

Cabinas de radar fijo y tramos de velocidad media

Movilidad Base ODbL

Operador
Dirección General de Tráfico (DGT), Punto de Acceso Nacional de Tráfico
Fuente original
https://nap.dgt.es/datex2/dgt/PredefinedLocationsPublication/radares/content.xml
Licencia
https://nap.dgt.es/es/dataset/radares-fijos-dgt
«Licencia Creative Commons Attribution»

A ficha do conxunto no NAP declara «Creative Commons Attribution» sen versión, pero os «Términos de Uso» remiten ao aviso legal da DGT (https://www.dgt.es/contenido/aviso-legal/). Publícase na colección ODbL por decisión da FGS; queda pendente pedir confirmación por escrito a nap@dgt.es. Unha cabina non quere dicir radar activo. Sen radares municipais nin móbiles. Os tramos debúxanse como liña recta entre os extremos, non co trazado da estrada.

Licencia verificada el 2026-10-25
Atribución
Fonte: DGT, Punto de Acceso Nacional de Tráfico
Frecuencia declarada
PT1H · static
Privacidad y notas
Localizacións de infraestrutura viaria; ningún dato persoal.

Trenes en circulación

Movilidad Base ODbL

Operador
Renfe Operadora
Fuente original
https://gtfsrt.renfe.com/vehicle_positions_LD.json
Licencia
CC-BY-4.0
«para fines comerciales y no comerciales»

GTFS-RT de posicións: AV/LD/MD (vehicle_positions_LD.json) e Cercanías (vehicle_positions.json, que inclúe a rede de Ferrol).

Licencia verificada el 2026-10-18
Atribución
Origen de los datos: Renfe Operadora
Frecuencia declarada
PT15M
Privacidad y notas
Só posicións de trens de servizo público; ningún dato persoal. As posicións chegan coa demora propia da fonte: Renfe publícaas con ata 15 minutos de atraso. Non engadimos atraso propio; o aviso de 15 min describe o atraso da fonte.

Viento previsto (WRF de MeteoGalicia)

Tiempo y aire Colección CC BY-SA 4.0

Operador
MeteoGalicia (Xunta de Galicia)
Fuente original
https://thredds.meteogalicia.gal/thredds/catalog/wrf_2d_04km/fmrc/files/catalog.xml
Licencia
https://www.meteogalicia.gal/web/aviso-legal
«poida ser utilizada libremente por eles, co único compromiso de mencionar expresamente a MeteoGalicia e á Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático»

Mesma fonte e licenza ca estacions-meteo, meteo-dia e meteo-24h (colección CC BY-SA 4.0, ADR 0005). Modelo WRF de MeteoGalicia a 4 km (dominio d03, 117 × 126 puntos en Lambert conforme), dúas execucións ao día (00 e 12 UTC) con 96 horas; vento a 10 m (u cara ao leste, v cara ao norte) por OPeNDAP ASCII. Cálculo propio: cada 3 horas ata 72, remostraxe a unha malla regular de 0,03° (140 × 90) sobre Galicia e o seu mar (media ponderada polo inverso da distancia dos 4 puntos do modelo máis próximos) e cuantización a 0,25 m/s.

Licencia verificada el 2026-11-04
Atribución
Fonte: MeteoGalicia e Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático (Xunta de Galicia), predición do modelo WRF. Remostraxe: Fundación Galicia Sustentable.
Frecuencia declarada
PT12H
Privacidad y notas
Predición meteorolóxica nunha malla; ningún dato persoal.

Viviendas de uso turístico por ayuntamiento

Territorio Colección CC BY-SA 4.0

Operador
Turismo de Galicia (Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas, REAT)
Fuente original
https://descargascdn.xunta.gal/interno/smarxa/reat_directorio-alojamientos_esp.csv
Licencia
CC-BY-SA-4.0
«<dct:license rdf:resource="https://creativecommons.org/licenses/by-sa/4.0/deed.gl">»

REAT: licenza declarada no RDF do conxunto 0022 de abertos.xunta.gal (dct:license CC BY-SA 4.0). Compatibilidade con ODbL en dúbida: colección CC BY-SA 4.0 (ADR 0005). Poboación: IGE, táboa 1558, mesma API e mesmas condicións ca indicadores-concellos (aviso legal do IGE, https://www.ige.gal/web/avisolegal.jsp, reutilización citando «Fonte: IGE»; non modificar os datos: a poboación publícase co valor orixinal). O CSV do REAT descárgase da ligazón directa (<a href>) da páxina do Área de Estudos e Investigación de Turismo de Galicia; a ruta é fixa (comprobado o 24/10/2026).

Licencia verificada el 2026-10-24
Atribución
Fonte: Turismo de Galicia, Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas (REAT), CC BY-SA 4.0. Poboación: IGE: https://www.ige.gal. Contas por concello, taxas e comparacións con Galicia: cálculo propio da Fundación Galicia Sustentable. Este produto emprega a API de datos do Instituto Galego de Estatística (IGE), pero non está certificado ou aprobado polo IGE.
Frecuencia declarada
P30D
Privacidad y notas
As vivendas de uso turístico son domicilios particulares: só se publica o seu número e as súas prazas por concello, nunca a súa situación, nome, enderezo nin contacto. O ficheiro orixinal non trae coordenadas para case ningunha.

Viviendas de uso turístico por ayuntamiento, mes a mes

Territorio Colección CC BY-SA 4.0

Operador
Turismo de Galicia (Xunta de Galicia)
Fuente original
https://descargascdn.xunta.gal/interno/smarxa/REAT_Serie_Mensual.csv
Licencia
CC-BY-SA-4.0
«Creative Commons BY SA 4.0»

Conxunto 0022 de abertos.xunta.gal (REAT), que leva á páxina do AEI onde está a serie mensual; o mesmo razoamento ca vut-concello. Stock mensual de vivendas de uso turístico por concello desde 2017M06 (as dúas copias antigas do directorio no Internet Archive dan o mesmo número da serie). Conta inscricións, non vivendas alugadas. Valor do mapa: VUT por 1.000 habitantes do censo de 2021 (poboacion-seculo, INE), un denominador fixo (cálculo propio). Verificación en datos/fontes/vut-historico.

Licencia verificada el 2026-11-01
Atribución
Fonte: Turismo de Galicia, Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas (REAT), serie mensual, CC BY-SA 4.0. Poboación: INE, censo de 2021. Cálculo propio da Fundación Galicia Sustentable.
Frecuencia declarada
P30D
Privacidad y notas
Contas mensuais por concello; ningún enderezo nin titular (unha VUT é un domicilio, por iso só se publica agregado).

Zonas de baño oficiales

Agua y mar Colección CC BY-SA 4.0

Operador
Xunta de Galicia — Augas de Galicia (Plan hidrolóxico Galicia-Costa 2021–2027), servizo no IDEG
Fuente original
https://ideg.xunta.gal/servizos/rest/services/IDE_DHGC/PHGC2021_2027_ZProtex_NEuropeo/MapServer/4
Licencia
CC-BY-SA-4.0

Aviso legal de Augas de Galicia (reutilización libre, comercial ou non, citando a fonte e sen desnaturalizar) e do IET para o IDEG («compatible con CC- BY 4.0 INT»). Sen confirmación escrita, aplícase a máis restritiva (ADR 0005): colección CC BY-SA. Zonas de baño do censo oficial (Náiade) na demarcación Galicia-Costa: 458 no servizo, 16 delas con data de baixa (non se publican). O Miño-Sil (CHMS) non está. A subcapa responde a `query` sen xeometría; as formas lense coa operación estándar `find` e compróbase que dá tantas como o reconto de `query`. Polígonos xeneralizados no servidor (0,0002°, ≈ 20 m). Só xeometría: a calidade da auga de cada tempada está nunha páxina HTML do SERGAS, sen feed. Nomes do censo en castelán, como os dá a fonte.

Licencia verificada el 2026-11-01
Atribución
Augas de Galicia. Plan hidrolóxico Galicia-Costa 2021–2027. Xunta de Galicia
Frecuencia declarada
static · static
Privacidad y notas
Límites das zonas de baño; ningún dato persoal.

Zonas de producción de moluscos y polígonos de bateas

Agua y mar Colección CC BY-SA 4.0

Operador
Xunta de Galicia — Augas de Galicia (Plan hidrolóxico Galicia-Costa 2021–2027), servizo no IDEG
Fuente original
https://ideg.xunta.gal/servizos/rest/services/IDE_DHGC/PHGC2021_2027_ZProtex_NEuropeo/MapServer
Licencia
CC-BY-SA-4.0

Aviso legal de Augas de Galicia (reutilización con cita e sen desnaturalizar) e do IET para o IDEG («compatible con CC- BY 4.0 INT»); sen confirmación escrita, aplícase a máis restritiva (ADR 0005): colección CC BY-SA. Subcapas 2 (84 zonas de produción) e 1 (71 polígonos de bateas) do rexistro de zonas protexidas do plan. Responden a `query` sen xeometría; as formas lense con `find` e compróbase o reconto. Xeneralización no servidor: zonas 0,0003° (≈ 30 m), bateas 0,0001° (≈ 10 m). Coidado: a clase A/B/C e o estado (estable, provisional, estacional) son os do plan 2021–2027, non a clasificación vixente nin o estado diario aberto/pechado, que publican a Consellería do Mar e o Intecmar (fonte intecmar-zonas, pendente de licenza). 15 polígonos de bateas non teñen clase e algúns levan só «GAL» como código.

Licencia verificada el 2026-11-01
Atribución
Augas de Galicia. Plan hidrolóxico Galicia-Costa 2021–2027. Xunta de Galicia
Frecuencia declarada
static · static
Privacidad y notas
Límites de zonas marisqueiras e de polígonos de bateas; ningún dato persoal.

OpenStreetMap

Mapa base: © colaboradores de OpenStreetMap (ODbL), generado con Protomaps. Tipografía de los rótulos: Noto Sans (SIL OFL).