mapas galicia sustentable datos abertos de Galicia
← Todos os pulsos

O día e a noite sobre Galicia

A sombra da noite e os crepúsculos cruzando Galicia nun día que escollas. Cada concello acéndese cando sae o sol alí.

--:--

Preme nun concello para ver as súas horas. A animación vai máis amodo mentres amence ou se pon o sol nalgún concello.

Cargando…

Táboa
Concello Amence Ponse Luz
Como se fai e fontes

Calculado no navegador coas ecuacións do calculador solar da NOAA (algoritmos de Meeus), sen datos externos; contrastado coa táboa da NOAA para Santiago, con menos dun minuto de diferenza. O amencer e o solpor son o momento en que o bordo de arriba do sol toca o horizonte, coa refracción media (centro do sol a −0,833°); os crepúsculos civil, náutico e astronómico rematan co sol a −6°, −12° e −18°. Horizonte ideal: as montañas e os vales adiantan o solpor e atrasan o amencer, e iso non se ve aquí. Cada concello mídese no seu punto representativo (capa perfil-concellos). Horas en hora oficial de Galicia; os días de cambio de hora teñen 23 ou 25 horas.