mapas galicia sustentable datos abertos de Galicia
← Todos os pulsos

Un século de poboación

Os censos de 1900 a 2021, concello a concello e sobre os límites de hoxe: onde se foi a xente e onde se xuntou. Cada cor compara co mesmo concello en 1900.

--:--

Marrón: ten menos xente ca en 1900. Branco: a mesma. Morado: máis. A escala é de 25 % a 400 %.

Cargando…

Táboa
Concello 1900 Censo % de 1900
Como se fai e fontes

INE, «Alteraciones de los municipios en los Censos de Población desde 1842»: poboación de dereito nos censos de 1900 a 1991 e residente de 2001 a 2021. Cálculo propio para levala aos 313 concellos de hoxe: os municipios desaparecidos (Conxo e Enfesta en Santiago, Oza na Coruña, Serantes en Ferrol, Bouzas e Lavadores en Vigo, Geve e Ponte Sampaio en Pontevedra, Carril e Vilaxoán en Vilagarcía, entre outros), as fusións de Oza-Cesuras e Cerdedo-Cotobade e o cambio de Neira de Xusá a Baralla súmanse ao concello de hoxe. Os concellos segregados despois de 1900 (Rábade, Negueira de Muñiz, Ribeira de Piquín, Mondariz-Balneario, Pontecesures, Cariño, Burela e A Illa de Arousa) compáranse xunto co concello do que saíron, porque en 1900 a súa xente estaba nel. Os cambios parciais de termo non se poden corrixir. Nos primeiros censos a poboación de dereito conta como veciños moitos emigrantes ausentes. Os censos saltan sen interpolar.

Poboación de Galicia en cada censo (branco: o concello escollido, en % de 1900)