mapas galicia sustentable datos abertos de Galicia
← Todos os pulsos

Galicia respirando

O mosaico de Sentinel-2 mes a mes, fundido dun ao seguinte: o verde sobe na primavera e baixa no verán, aparecen a seitura e os queimados, e volve o verde.

Cargando…

Como se fai e fontes

Mosaico mensual propio de Sentinel-2 L2A (Copernicus, en AWS): para cada píxel, a mediana das observacións sen nubes, sombras nin neve do mes, a 20 m, recortado co contorno de Galicia do IGN. Aquí, unha imaxe de toda Galicia por mes (uns 150 m por píxel); no mapa pódese ver o último mes ata 20 m. Os meses con moitas nubes deixan ocos transparentes. Unha mancha parda pode ser seitura, labra, seca de verán ou lume: compárao co mapa de queimados.