mapas galicia sustentable datos abertos de Galicia
← Todos os pulsos

A tempada de lume de 2025

O que viron os satélites sobre Galicia de xuño a outubro de 2025, pasada a pasada. Cada foco escintila ao velo o satélite e arrefría nos días seguintes; ao final queda a cicatriz de todo o verán.

--:--

Cada punto é un píxel quente nunha pasada (375 m VIIRS, 1 km MODIS): non é un lume nin unha superficie. Entre pasadas non se ve nada novo; a animación vai a saltos.

Cargando…

Táboa
Concello Focos Primeiro Día con máis
Como se fai e fontes

Detección de calor de NASA FIRMS (arquivos anuais por país) dos satélites VIIRS S-NPP (píxel de 375 m) e MODIS Aqua e Terra (1 km), só os clasificados como lume de vexetación e só os que caen dentro dun concello galego. NOAA-20 e NOAA-21 tamén pasan sobre Galicia pero non teñen arquivo descargable sen chave e quedan fóra, así que hai máis pasadas das que se ven. Os satélites pasan poucas veces ao día (en Galicia, arredor das 03–06, 11–13, 14–17 e 22–24 h): a animación vai a saltos. Unha detección non é un lume nin unha hectárea, e o fume ou as nubes poden tapar un lume activo. A superficie queimada oficial e a estimada por satélite (EFFIS) son outras cifras, con outras fontes; ver a capa de áreas queimadas no mapa. Horas en hora oficial de Galicia.

Focos detectados cada día, de xuño a outubro