mapas galicia sustentable datos abertos de Galicia
← Todos os pulsos

Lóstregos, doce meses

Cada raio que detectou a rede de MeteoGalicia sobre Galicia no último ano, á súa hora. Os días sen tormenta pásanse de largo.

--:--

Cada raio escintila ao caer, arrefría nunha hora e queda como marca tenue o resto do ano. A rede tamén detecta raios no mar e nos bordos de Asturias, León e Portugal.

Cargando…

Táboa
Día Raios Hora con máis
Como se fai e fontes

Rede de detección de raios de MeteoGalicia, descargada en xanelas de sete días (o servizo garda o histórico desde 2010). Doce meses enteiros anteriores ao mes en curso; renóvase cada mes. Horas en hora oficial de Galicia. Recorte rectangular arredor de Galicia, con mar e parte das comunidades veciñas. A documentación non di se a rede conta tamén descargas entre nubes; case a metade dos raios son de polaridade positiva, máis do habitual nos raios que chegan ao chan. Unha detección é un raio rexistrado pola rede, non un impacto comprobado no terreo.

Raios cada día (escala de raíz cadrada)