mapas galicia sustentable datos abertos de Galicia
← Todos os pulsos

O peixe das lonxas, 2025

A primeira venda de peixe e marisco fresco en cada lonxa galega, día a día durante 2025. Cada círculo é o importe vendido ese día, por grupos de especies.

--

A superficie do círculo é o importe do día; as porcións, os grupos de especies. Un punto apagado é unha lonxa sen vendas ese día. Os días pasan a saltos, sen mesturar un co seguinte.

Cargando…

Táboa
Lonxa M€ t Días Especie principal
Como se fai e fontes

Notas de primeira venda da Consellería do Mar (pescadegalicia.gal), ficheiro de pesca fresca de 2025: unha fila por día, lonxa e especie, con quilos e euros. Só pesca fresca: a acuicultura (o mexillón de batea, por exemplo) e o peixe conxelado van noutras estatísticas e non están aquí. A lonxa é onde se vende, non onde se pescou: Vigo, A Coruña, Burela ou Celeiro venden capturas de caladoiros afastados. As lonxas non traen coordenadas: cada unha está no porto que lle corresponde no Nomenclátor Geográfico Básico do IGN ou, se o IGN non o nomea, no núcleo que lle dá nome; Baldaio e a Cooperativa Ría de Arosa non teñen un punto verificable e só están na táboa. Non se mostran prezos de especies por lonxa: nunha lonxa pequena unha venda pode ser dun só barco. Euros correntes de 2025.

Importe vendido cada día en Galicia