Canta xente soporta cada concello, trimestre a trimestre, contra os seus residentes: turismo, segundas vivendas, estudos, traballo e saúde. 2025 é provisional e só ten dous trimestres; 2024 vai como referencia.
--:--
Azul: soporta menos xente ca a que vive nel (saen máis dos que chegan). Laranxa e vermello: máis. O 100 % son os seus residentes.
Cargando…
| Concello | Taxa % | Carga | Residentes |
|---|
Estimación do IGE («Carga de poboación estacional dos concellos de Galicia», táboas 9043 e 9046): media trimestral de persoas equivalentes a tempo completo que soporta cada concello, sumando aos residentes os que chegan e restando os que saen por turismo, segundas vivendas, estudos, traballo e saúde (un terzo de peso á noite e dous terzos ao día). É un cálculo con modelos sobre enquisas e rexistros, non un reconto. 2025 é provisional e só ten os trimestres I e II: o IGE publica cada ano completo dous anos despois, así que o verán de 2025 non está; 2024 é o último ano definitivo e vai ao lado como referencia. Os trimestres saltan sen interpolar. A diferenza con Galicia é cálculo propio. Este produto emprega a API de datos do IGE, pero non está certificado nin aprobado polo IGE.