mapas galicia sustentable datos abertos de Galicia
← Todos os pulsos

Como se construíu Galicia

Cada cela de 250 metros acéndese no ano de construción que consta no Catastro para os edificios que hai nela hoxe, na cor do seu uso principal.

----

Cargando…

Táboa
Década VivendaAgrarioIndustria e almacénServizosOutros
Como se fai e fontes

Edificios INSPIRE da Dirección General del Catastro. Un «edificio» é todo o construído sobre unha parcela catastral, e o seu ano é o da construción máis antiga da parcela, non o da última reforma. O Catastro só ten o que existe hoxe: os edificios derrubados non están, e un barrio renovado aparece como novo. Moitos anos antigos son estimacións redondas (por iso sobresaen 1940, 1950 ou 1960), e varios concellos enchen os edificios vellos sen data cun mesmo ano: eses anos de recheo, os anos posteriores á publicación e os edificios sen ano debúxanse en gris desde o comezo. O uso é o de maior superficie da parcela. Elaboración propia, con contas de edificios por cela de 250 metros: non é cartografía catastral.

Edificios por ano de construción e uso