Cantas veces se abriu o artigo de cada concello na Wikipedia en galego e en castelán, sumadas día a día ao longo do último ano.
--
Vistas acumuladas por cada 1.000 habitantes desde o primeiro día: escuro, poucas; laranxa e claro, moitas.
Cargando…
| Concello | Vistas ese día | Acumuladas | Por 1.000 hab. |
|---|
Vistas de páxina da Wikimedia Foundation (CC0): as veces que alguén abriu o artigo do concello na Wikipedia en galego ou en castelán, sen os bots que Wikimedia detecta. Non di quen le nin desde onde: unha vista pode ser de calquera parte do mundo e unha persoa pode contar varias veces. Sobe con festas, sucesos, eleccións, lumes, partidos ou unha noticia que enlaza a páxina; tamén cando cambia a portada da Wikipedia ou un buscador. Algúns picos dun só día con centos de vistas nun concello pequeno son, seguramente, programas automáticos que Wikimedia non distinguiu dunha persoa. Conta só o título principal de cada artigo (as redireccións non), lido de Wikidata polo código INE. O mapa suma as vistas día a día desde o primeiro día da serie; as vistas por 1.000 habitantes usan o censo de 2021 (INE) e son cálculo propio. O último día é o de onte.